Agosto 01, 2004

Macho, soh!!!

10r c.jpg
Aínda non fai tantos anos, segundo para quen, en cada vila ou en algunhas aldeas, o ferreiro era unha figura fundamental na vida rural. Tal coma nós, que levabamos o calzado ao zapateiro pra amaña-lo, de cada tanto había que ferrar o macho ou a mula. Poucos, dos poucos que por aquí pasan, se lembrarán de algo así.
Vila de Navia de Suarna por volta de 1980.

Escrito por Xisbe a las Agosto 1, 2004 09:43 PM | TrackBack
Comentarios

A verdade é teño envexa do teu arquivo fotográfico. Refírome a esos documentos da hestoria que amosas como ollares do tempo.

Escrito por dorvisou a las Agosto 2, 2004 03:12 AM

O que teño son anos, o arquivo fotográfico non é para tanto.

Escrito por Xisbe a las Agosto 2, 2004 03:30 PM

Pois eu diría que si é, e para máis tamén.O mellor ainda esta por vir, afirmo.
¿vémonos en Pardiñas?

Escrito por canteiro a las Agosto 2, 2004 11:52 PM

Non me pasa o tempo pero alá nos veremos SDQ.

Escrito por Xisbe a las Agosto 3, 2004 01:25 AM

Sempre dixen que me sinto un armadanza criado no ocaso do arado romano.Non teño fotos da minha crianza na aldea anque manteño moi viva a mamoria.
Sempre que falo co meu filho Uxio(1986) dos vellos oficios faime sentir estraño.

Escrito por dorvisou a las Agosto 3, 2004 09:13 PM

Eu son un 'desertor', despoi de tantos anos penso que perdín unha grande oportunidade de aprender moitas cousas con meu pai.

Escrito por Xisbe a las Agosto 4, 2004 12:36 AM

Mergullado na rede, deixome enredar ata topar con esta foto que tantos recordos me trae. O ferreiro, morto poucos anos hai (D.E.P.), púxolle banda sonora a miña infancia co repeniquear da fragua. A miña casa é a que está detras da mula, no pico da rampla.
Gracias pola foto, Xisbe, ainda que non coñeza a tua identidade.

Escrito por ovifes a las Marzo 13, 2007 01:20 PM

Naquelas datas facía fotografías para A Nosa Terra, neste caso fun por mor dunha reportaxe sobre represaliados da guerra civil falar con un vello que se cadra chegache a coñecer.
Pasei unha noite e no día seguinte era feira e á tarde fomos ao baile. Teño boas lembranzas desa curta estadía. Posteriormente fun traballar alá un mes, pasados uns anos, e xa non foi tan bon, tampouco diría mal.
Sempre é grato saber que isto valeu de algo, se precisas máis información escrebe ao meu enderezo electrónico. Saúdos.

Escrito por xisbe a las Marzo 13, 2007 10:30 PM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?