Octubre 06, 2004

BALDAIO

792baldaio.jpg

Ano 1997 ou 78, manifestación en Carballo(non estou seguro,que alguén me corrixa) e posterior baixada ao areal. En causa estaba a extracción de area que iba contra os intereses dos mariscadores da zona. No adro da igrexa reúnense os manifestantes,e contra a opinión dos dirixentes da UPG, decídese baixar até o areal, onde estaba á espera unha morea de guardias civís. Prodúcese un enfrentamento e polo menos un guardia civil realiza disparos, que non atinxen a ninguén. Poido ser dramático. Esta foto de escaso valor técnico foi despois publicada nos medios nacionalistas e en pancartas. O negativo pasou anos nunha caixa perdida e escaneado fai pouco. Fun detido uns dias antes por pegar carteles da manifestación, pasei un dia e unha noite no calabozo do pazo de Raxoi e despois de pasar pelo xuiz, posto en liberdade.


Algunha información sobre Baldaio.

Escrito por Xisbe a las Octubre 6, 2004 05:49 PM | TrackBack
Comentarios

Pois non foi moito tempo na cárcere se nos fixamos no delito cometido.
Eu paseille unhas horas nun cuarteliño por pegarlle a tres guardas municipais de Santiago. Claro está que eran outros tempos.

Escrito por dorvisou a las Octubre 7, 2004 01:43 PM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?