Diciembre 18, 2004

Como elexir unha cámara dixital

Estamos nestas datas de Santo Consumo e calquera pode pensar en mercar unha cámara dixital. Ata eu( espero que non lea isto Jmeijon) estou coa idea, por aquilo da inmediatez de descarregar no computador a foto recén feita. Despois de dar unha vista de ollos polo redor, o millor artigo que atopei é este de Christian F. Leal Reyes en Mouse Digital, unha revista colombiana sobre internet, sociedade e tecnoloxías. Con todo eu aínda non fun capaz de tomar unha decisión.

Escrito por Xisbe a las Diciembre 18, 2004 09:27 PM | TrackBack
Comentarios

bueno, bueno... eu non descartaría unah reflex dixital, tipo Nikon D7, por aquilo de seguir a darlle uso ós obxectivos da analóxica.
Despois de todo as novas tecnoloxías non deben ser tan malas.
Saúdos desde San Cibrao estreando conexión

Escrito por canteiro a las Diciembre 20, 2004 10:32 PM

...non te preocupes, escollas a que escollas, nunca estarás conforme ;P

Escrito por dorfun a las Diciembre 21, 2004 02:26 PM

Cando alguén me pide que lle recomende un viño sempre lle digo que hai que escomenzar por falar de cartos.
Eu decidinme por esa nikon D70 da que nos fala canteiro. Probei unha canon EOS D10 e gustoume moito pero o presuposto que teño, quédame curto para ela. O maior problema está nos obxetivos, os que mellor calidade che poden ofrecer son carísimos.
Tamén é certo que no mundo das compactas hai cousas moi interesantes.
Un saúdo a todos.

Escrito por dorvisou a las Diciembre 21, 2004 06:01 PM

Que capitalistas!, réflex dixital!!!
Unha FUJI 510 e chégalle moito, total para quen a vai usar... Mais, obrigado pelas vosas dicas.

Escrito por xisbe a las Diciembre 27, 2004 12:30 AM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?