Enero 20, 2005

Scott Blake

code_128.jpg
Ver gif
Fai uns días no Diario de Coimbra viña unha foto dunha rua na que se podían ver sacos de lixo espallados polo chan. O periodista preguntaba, con sorna, se aquilo sería unha obra de arte ou sería obra dos que andan na "moina"(de carallada). ¿Porqué a pregunta?. Informaba a continuación de dous casos ocurridos en Portugal, no primeiro unhas limpadoras tiraran ao lixo uns anacos de cerámica partida que estaban no chan dunha exposición, ¡era unha obra de arte! e a sala tiña que pagar(ou a limpadora) a perda. No segundo caso, creo que en Aveiro, os empregados do lixo deitaron para o camión unhas madeiras de obra, ¡tamén era arte!, e o concello estaba obligado a pagar uns miles de euros.
¿A que ven isto a conto? Pois simplemente ao difícil que é, hoxe en día, distinguir o que é do que non é arte, estamos cada vez máis perdidos e moitos "artistas" tamén o están ou queren-nos perder a nós. Como mostra traio unhas particulares formas de arte na net; Bar Code Art e mosaic sacados da páxina de Scott Blake. Hai moitas outras formas de "arte" feitas con outros patróns ou ideas pero fican para outra vez, por aquilo de non gastar a pólvora toda xunta.

Escrito por Xisbe a las Enero 20, 2005 08:17 PM | TrackBack
Comentarios
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?