Galicia coma un rio que se estiña,
terra de esmorecer, patria do vento!.
Junio 14, 2005
Soles

Estos meses, como todo o mundo sabe, son unha explosión de color e formas floreadas en prados,valados,cunetas e até tellados. ¿Que pasa entón, que non atopamos flores novas? ¿Estamos saturados con tanta variedade e non nos satisfacen as fotos? ¿Estaremos a morrer na abundancia? No meu caso é un pouco de saturación pola cantidade de cousas vistas na temporada, a insatisfación de non ver en resultados aquilo que vin ao fotografar, o cansancio de ir ao monte só, un monte extraño por outra parte, e o cansancio de ter traballo atrasado (identificación de plantas, clasificación de fotos, localizació de novos espacios). Son só disculpas e algo máis.
A Jmeijon non lle debe pasar o mesmo porque até se dedica a traballar as fotos no PHSHP.
Escrito por Xisbe a las Junio 14, 2005 12:15 AM