Enero 06, 2006

Mapa da península

mapa1.jpg

Xa fai algún tempo atopei este mapa pero agora son incapaz de decir de que páxina saiu. Pensei que fose da librería británica pero non o localicei, cando atope a páxina poñoa.
Chama a atención que Galicia e Portugal formen unha entidad (tamé Asturias e León se somos quisquillosos). O oso -ou serácan?- e a doncela, non sei que será millor, pero que nos traten por bicho... Lémbrame a estampa de circo.

Escrito por Xisbe a las Enero 6, 2006 12:12 AM
Comentarios

Pois que é un mapa fermoso -se omitimos a carga simbólica e interesada das persoas que o fixeron- e por certo, lin nalgún comentario que ía a baixar a producción de posteos, non o faga, por favor, é agradecida especialmente na sección de fotos.

Escrito por Óscar a las Enero 6, 2006 03:03 PM

¿tal vez puidera ser aquí?:
http://www.ricsartshop.com/Merchant2/merchant.mvc?page=BPS/CTGY/charmap

¿ou aquí?:
http://www.library.yale.edu/MapColl/gfun_sp.gif

Escrito por canteiro a las Enero 6, 2006 10:07 PM

Óscar, gracias polos ánimos e pola visita, pero non é tempo de moitas fotos , haberá que conformarse coas dos outros. No tocante ao mapa ten unhas cantas lecturas, algunha non moi boa para nós.
Canteiro, gracias polos enlaces, sóame o primeiro pero penso que non a saquei de aí. Vai sendo hora de decirlle a Meijón que está un tanto atrasado na sua colaboración neste blog, ¿podías falar con el agora que volta a ter cámara?

Escrito por xisbe a las Enero 7, 2006 01:11 AM

Pois é un mapa bonito sí señor. Teño visto algún máis polo estilo, pero nunca a este... e polo tanto son incapaz de saber a súa procedencia :(

Pero mira a parte boa... polo menos somos a parte pensante do oso, cousa que non poden dicir en Lisboa XD

Escrito por chousas a las Enero 7, 2006 02:38 AM

Que tempos, aínda a bandeira portuguesa non era vermella e verde :-)

Escrito por Óscar a las Enero 7, 2006 11:13 PM

Paréceme que está á espera dos primeiros indicios da primavera (os narcisos comezan a asoma-lo fuciño a mediados de Xaneiro), de todos xeitos ó mellor algo vai saíndo.

Escrito por canteiro a las Enero 9, 2006 10:39 PM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?