Julio 08, 2006

Epipactis palustris

epipactispalustris2.jpg

Outra fermosa representante da familia Orquidaceae das que podemos disfrutar en Galicia.
Estes exemplares foron fotografados no límite mesmo do Parque natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán o xoves día 6
Grazas ás moi precisas indicacións de Xermán, foi chegar, aparcar, baixar do coche e poñerse a tirar fotos. Había tamén algunhas Spirantes aestivalis e Oprhys apifera, estas últimas xa pasadas.
Saída de Guitiriz ás 7:30, (ás veces fago madrugar a Eva máis aló do que ela considera de sentido común, como erguerse ás catro da mañán en pleno inverno para ver voar aos gansos bravos na alborada de Villafáfila. Sirvan estas liñas de público agradecemento), cara a Santiago e de aquí pola estrada de Noia en plena hora punta que me fai apreciar máis se cabe a tranquilidade coa que aínda se pode circular polas estradas do interior de Lugo e, sobor de todo, do paraíso chairego. Chegamos ao lugar en cuestión arredor das 9:30 e sen perda de tempo, agás unha pequena parada para estirar as pernas (as patas no caso da Lía), e grazas como anteriormente dicía ás exactas indicacións que levabamos, foi poñerse a tirar fotos nunha mañá completamente despexada, clara e de temperatura perfecta, somentes unha moi leve brisa obrigou nalgunha ocasión a agardar poucos minutos para disparar.
Ese par de horas, literalmente, voaron.
A volta, logo de tomar un café, facémola esta vez cara a Padrón pola que deron en chamar “via rápida”, nome que en si mesmo esconde unha mortal trampa, é coma unha invitación a correr por unha vía vulgar chea de curvas, cambios de rasante, anque sen cruces.
Padrón – Santiago – Guitiriz sen máis historia e chegada para a hora do xantar cun sorriso de orella a orella e máis ledos por ve-la Epipactis que se nos tocara a lotería.
¡¡ e a min qué ¡! Se España non pasa de cuartos

Escrito por xiom a las Julio 8, 2006 01:56 AM
Comentarios

E non me levaches!!! Fico cheo de envexa esperando poder ir en outra ocasión!!!
Gracias Xermán.

Escrito por xisbe a las Julio 8, 2006 02:03 AM

Vese que o desfrutáchedes... unha aperta ;)
...pero a próxima vez levade a Xisbe.

Escrito por Xermán a las Julio 8, 2006 12:56 PM

Certo que si, e xisbe se non hai outras novas vai ter que agardar ao vindeiro ano.

Escrito por xiom a las Julio 10, 2006 11:30 PM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?