Julio 19, 2006

Pillara pequena

pillarapequena.jpg

Charadrius dubius. Este ano volveu criar unha parella nunha barreira abandoada (agás pola xente do campo de golf que teñen alí unha bomba instalada para regalo, logo de que o primeiro ano de funcionamento case deixaran ao pobo sen auga xa que regaban coa da traída, con nocturnidade e alevosía).
O bicho non parece precisar máis ca un terreo a carón da auga con pedregalla e despexado e un pouco de tranquilidade.
É un deses que temos visto na tele que cando algunha ameaza se achega finxe estar mancado arrastrándose coma se tivera unha á rompida até alonxar o perigo da súa prole. Digno de admirar.

Escrito por xiom a las Julio 19, 2006 02:32 AM
Comentarios
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?