Octubre 15, 2006

Ecballium elaterium

ecballium.jpg

Estos días que estiven por ahí fun visitar a miña cidade e pola zona que chaman Monte Alto, perto do mar, atopei este "pepinillo del diablo" (non sei si ten nome galego*), de nome científico Ecballium elaterium. Aparece moito en baldíos e ten un fruto do tamaño de un dedo con forma de pepino cheo de pelos.

*Xermán nos comentarios dinos unha chea deles.

Escrito por Xisbe a las Octubre 15, 2006 11:46 AM
Comentarios

Ola Xisbe, o nome galego é cogombro ou colombro do demo, tamén existen outros como colondra, elatérico ou cogombro/colombro de san gregorio.
Alégrome da volta.
Un saúdo.

Escrito por Xermán a las Octubre 15, 2006 12:08 PM

Gracias Xermán, quédome con cogombro. Unha aperta.

Escrito por xisbe a las Octubre 15, 2006 03:14 PM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?