Diciembre 03, 2006

Máis fotos para identificar

Tiven que pasar unha polo PHTSP para separala do resto das plantas as outras son detalles, folla, flor e fruto:

plantavexiga.jpg
follavexiga.jpg
florvexiga.jpg
frutovexiga.jpg

Escrito por Xisbe a las Diciembre 3, 2006 01:29 AM
Comentarios

¡¡Agora si!!, estabas ti máis encamiñado, é un Physalis, pero non o alkekengi L. senón o ixocarpa Brot. chamado tamén tomatillo, logo das novas fotos e explicacións acudín á magnífica "Clave ilustrada de la Flora del País Vasco y tierras limítrofes" de Aizpuru & otros, onde aparece esta descripción dentro das Physalis:
-Corolas amarillas, de limbo subentero; baya de color entre verde y púrpura, cáliz en fruto verdoso o amarillento; base de las hojas entre cuneada y redondeada......P.ixocarpa Brot. ex Hornem.

Polo visto o fruto ou "tomatillo" da Physalis ixocarpa se emprega para as "enchiladas".

Aí van duas ligazóns:

http://www.floridata.com/ref/P/phys_ixo.cfm
http://www.richters.com/Web_store/web_store.cgi?product=X8685&cart_id=3192008.955


Un saúdo.

Escrito por Xermán a las Diciembre 3, 2006 05:38 AM

¡Haise que sacar o sombreiro!. Non esperaba unha resposta tan rápida e polo visto tan certeira. Agora só me fica saber quen deitou tanta semente nun baldío, porque o restaurante mexicano que aquí hai está un pouco lonxe no outro lado do río. moitas gracias Xermán.
Unha aperta.

Escrito por xisbe a las Diciembre 3, 2006 07:58 PM

Estimado Xisbe: Hai uns días dei co teu blog. Interesoume especialmente polas fotos que posúes da feira de Agolada. Eu pertenzo a Asociación Cultural "Amigos dos Pendellos de Agolada". Nesta asociación pretendemos a restauración do recinto antigo da feira e traballamos pola dinamización deste mercado. Entre os nosos proxectos está o de facermos un Museo dedicado ás Feiras. As túas fotos (seguro que tes máis que as que colgaches aquí) interésannos para figurar nese futuro Museo do que se empezarán as obras no ano que vén. Ponte en contacto comigo .Grazas e un saúdo cordial.
Manuel Busto Galego

Escrito por Manuel Busto Galego a las Diciembre 5, 2006 07:49 PM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?