Julio 26, 2007

Epipactis palustris 3


Epipactis palustris 3
Cargado originalmente por xisbe
Finalmente despois de uns anos poiden fotografar a que para min é a máis fermosa das orquídeas que medran en Galicia, a Epipactis palustris. A mediados deste mes fixen unha escapadiña e xunto con Xiom fun até Corrubedo, ao lugar exacto onde Xermán de Natureza dixital nos tiña dito o ano pasado que podíamos atopar uns cantos exemplares. E abofé que si.
Ademáis dunha morea delas atopamos Spiranthes aestivalis, Ophrys apifera e Dactylorhiza elata.
Unha única pega a unha fermosa excursión, orballaba e estaba todo mollado, padecimos a "rapidísima vía rápida do Barbanza" e voltamos para almorzar na casa. Espero voltar o próximo ano facer fotos millores.
Escrito por Xisbe a las Julio 26, 2007 01:06 AM
Comentarios

Certamente fermosa, ei mercala en canto poida para engadila as que xa teño. Bo día

Escrito por An a las Julio 31, 2007 06:38 PM

Espero que non podas mercala porque indicaría que alguén está transgredindo as normas. Son especies bravas, están protexidas, non se poden cortar nin arrincar e moito menos comercializar. É un tesouro da nosa natureza para compartir e posuir entre todos, pero é na natureza, libre, onde debe estar. Saúdos An e gracias pola visita.

Escrito por xisbe a las Agosto 1, 2007 05:40 PM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?