Agosto 27, 2007

Orquídeas galego-portuguesas 6: Serapias lingua


lingua120507.jpg
1.-Serapias lingua, 12/05/2007, perto de Moreda- O Caurel

Das orquídeas máis comúns e unha das primeiras que vin, sin saber que eran orquídeas, cando chegaba o tempo da herba seca. Meu pai dáballes a estas e a outras o nome de galos e galiñas pero non sei si correspondía a parviflora, lingua ou cordigera, inclínome polas duas primeiras porque na miña zona nunca vin cordigera. Presente nas catro provincias galegas desde o nivel do mar até máis de 1.000 metros, a plena luz, nos prados, campas, nas clareiras dalgún mato baixo e até nas brañas.
Distínguese das duas citadas anteriormente por unha especie de calo que ten na entrada do hipoquilo, a cordigera e a parviflora practicamente non teñen (moi pouca cousa).
En Portugal disque lle chaman erva-lingua e pódese atopar no Algarve, Beira Alta, Beira litoral, Baixo Alentejo, Douro Litoral, Extremadura, Ribatejo e rexión trasmontana, en zonas húmidas: brañas, prados e areais marítimos.
Florece de Abril a Xullo.

Escrito por Xisbe a las Agosto 27, 2007 10:21 PM
Comentarios

Ah! Então estas é que são as erva-língua!
Excelente colecção de orquídeas!
(Ando por aqui a aprender umas coisas).

Escrito por paulu a las Agosto 28, 2007 04:53 AM

Moito obrigado Paulu
Qualquer dia vai ser você a ensinar. Tenho umas preguntas para lhe fazer...

Escrito por xisbe a las Agosto 29, 2007 02:08 AM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?