Septiembre 29, 2004

Chan

l 015.jpg

É unha paisaxe, é unha pintura, non é o chan do outono.

Escrito por Xisbe a las 04:33 PM | Comentarios (4) | TrackBack

Escultura 2

pola c.jpg

Madeira,auga e tempo fan escultura moderna.
Esta é unha pola que pasou no río untempo e a auga foi-na labrando de vagariño.

Escrito por Xisbe a las 12:52 AM | Comentarios (2) | TrackBack

Septiembre 28, 2004

Scilla

scilla 2.jpg

Unha Scilla, probablemente a S. bifolia. Non é tan fácil distingui-las(para min) porque son moi parecidas, pero polo lugar onde saía, un prado húmido cheiño delas, debe ser. Aparece na primavera, con 20cm. de altura en prados e fragas.

Escrito por Xisbe a las 10:40 PM | Comentarios (0) | TrackBack

Novo correo

Sin título-2 copiar.jpg
jaime olmo mandoume unha conta de Gmail, o que queira saber o enderezo que me envie un email a stcoim(arroba)net.zzn.com

Escrito por Xisbe a las 12:23 AM | Comentarios (3) | TrackBack

Septiembre 27, 2004

Onde vai unha...


...van as outras todas. Que ninguén se alporice, estou a falar das gaivotas no faro da Figueira, nun día de calor, moito calor.

Escrito por Xisbe a las 08:57 PM | Comentarios (2) | TrackBack

Boas Noticias

Smerinthus ocellata


Smerinthus ocellata.jpg

plaxio


plaxio.jpg

Esta tarde demos unha volta pola carballeira de Sobrado dos Monxes coa intención de fotografar algún cogomelo, pero a terra está tan seca que o pouco que había está completamente rechumido ( apenas algunha Russula e algunha Amanita). Como o verán se prolonge moito máis, vai ser mal ano para os afeccioados á micoloxía.
Estas fotos non son dos últimos días, máis aproveitando a discusión sobre o suposto roubo (eu non o creo tampouco)das imaxes da revista, ¿qué vos parece esta eiruga (descoñezo o seu nome) que toma prestada a "vestimenta" da Smerinthus ocellata ou esfinxe ocelada?
Da primeira, que segundo a bibliografía aliméntase nas rosaceas, pero nós observamos caseque sempre nos salgueiros, xurde unha bonita bolboreta nocturna da familia das Sphingidae por mor desa maravilla da natureza que é a metamorfose.
Neste caso tamén me parce lícito o uso da misma imaxe...


Post de Jmeijon

Escrito por Xisbe a las 12:28 AM | Comentarios (2) | TrackBack

Septiembre 26, 2004

Discépolo

discepolo2.jpg


Que el mundo fue y será una porquería
ya lo sé...
(¡En el quinientos seis
y en el dos mil también!).
Que siempre ha habido chorros,
maquiavelos y estafaos,
contentos y amargaos,
valores y dublé...
Pero que el siglo veinte
es un despliegue
de maldá insolente,
ya no hay quien lo niegue.
Vivimos revolcaos
en un merengue
y en un mismo lodo
todos manoseaos...

¡Hoy resulta que es lo mismo
ser derecho que traidor!...
¡Ignorante, sabio o chorro,
generoso o estafador!
¡Todo es igual!
¡Nada es mejor!
¡Lo mismo un burro
que un gran profesor!
No hay aplazaos
ni escalafón,
los inmorales
nos han igualao.
Si uno vive en la impostura
y otro roba en su ambición,
¡da lo mismo que sea cura,
colchonero, rey de bastos,
caradura o polizón!...

¡Qué falta de respeto, qué atropello
a la razón!
¡Cualquiera es un señor!
¡Cualquiera es un ladrón!
Mezclao con Stavisky va Don Bosco
y "La Mignón",
Don Chicho y Napoleón,
Carnera y San Martín...
Igual que en la vidriera irrespetuosa
de los cambalaches
se ha mezclao la vida,
y herida por un sable sin remaches
ves llorar la Biblia
contra un calefón...

¡Siglo veinte, cambalache
problemático y febril!...
El que no llora no mama
y el que no afana es un gil!
¡Dale nomás!
¡Dale que va!
¡Que allá en el horno
nos vamo a encontrar!
¡No pienses más,
sentate a un lao,
que a nadie importa
si naciste honrao!
Es lo mismo el que labura
noche y día como un buey,
que el que vive de los otros,
que el que mata, que el que cura
o está fuera de la ley...



letra do tango 'Cambalache' escrita en 1934 por Enrique Santos Discepolo(1901-1951)


Esta é a letra de un maravilloso tango que nunca pasará de moda, si se muda siglo XX por siglo XXI continua vixente


Outras cancións: Chorra, El Choclo, Fangal, Malevaje, Que vachaché...


o que queira saber máis de Discepolo que pase por todotango


outra páxina sobre lunfardo(linguaxe porteña dos tangos):cada vez maior, espectacular

Escrito por Xisbe a las 09:00 PM | Comentarios (0) | TrackBack

Vou chorar un pouco...só un pouco

Xa non son moitos os que por aquí pasan e deses poucos só dous fan comentarios. Estou a ver que este blog non ten moito interés... para os outros, porque para min continua a ser interesante. Non vou desistir anque gostaría que houbese máis comentarios.

Escrito por Xisbe a las 01:13 AM | Comentarios (3) | TrackBack

Septiembre 25, 2004

Escultura

poza 2.jpg


Pedra,auga e tempo nun clic. Nunha pena da Terra Cha perto da Cova da Serpe, xa vedes que a toponimia pode enganar, atopei esta poza co retrato de un...deus? O curioso e que cando vin a foto do aveso parecia-me a silueta dunha pomba.

Escrito por Xisbe a las 06:38 PM | Comentarios (0) | TrackBack

Quetres

Máis tres páxinas de arte interesantes:
esao, gostei da sua presentación e levoume ás outras duas:

thanuka ilustración un pouco besta

vectorpark en Flash moi simpática.

Escrito por Xisbe a las 01:56 PM | Comentarios (0) | TrackBack

Septiembre 24, 2004

Ansel Adams

Hoxe atopei unha páxina adicada a Ansel Adams, un famoso fotógrafo e teórico da fotografía norteamericano do século pasado, que escribiu 2 libros(supoño que máis) moi coñecidos e que ainda hoxe se continuan publicando: O Negativo e A Copia. Neste último fala do Sistema de Zonas, un tratamento de exposición do positivo sobreexpoñendo ou subexpoñendo partes para conseguir resaltar aquelas partes que interesan ou enmascarar aquelas non tan interesantes(ou simplemente correxir as luces de un negativo). Como fotógrafo nunca me gustaron especialmente as suas paisaxes grandiosas con luces dramáticas pero si foi un fotógrafo importante no tartamento do branco e negro.

En zpub podedes ver unha biografía. En historyplace, unha colección das suas obras, disque as millores. E en ammen, outra páxina que vos pode resultar interesante( as tres en inglés).


Escrito por Xisbe a las 09:27 PM | Comentarios (2) | TrackBack

Septiembre 23, 2004

Proporción aurea

O caso é que microsiervos, outro dos meus feeds, fala dunha páxina moi interesante: golden_rectangle.

Supoño que todos ou case todos teredes ouvido falar desta proporción usada no arte e que está presente na natureza, anakarsis, ou numerodeoro
daran-vos unha explicación millor que a miña, ou si non pregúntade-llea Dorfun que debe saber bastante máis qu eu do tema. É algo que levo usando en fotografía desde ha moitos anos.


Escrito por Xisbe a las 09:13 PM | Comentarios (3) | TrackBack

Algunha vez che roubaron a documentación?

Paseando polos meus feeds de Bloglines atopeime con este pesadelo. Trasteando relata o que lle aconteceu un ano despois de perder (é un decir) a documentación.

Escrito por Xisbe a las 08:50 PM | Comentarios (0) | TrackBack

Septiembre 21, 2004

Roubo ou creación

16a.jpg
Colla-se unha revista,ou unha folla de unha revista que teña foto polas duas caras, achegue-se á unha fonte de luz e tire-se unha foto, tera-se un sentimento de culpa como de ter roubado algo, ou pensara-se en ter feito algo novo coa propiedade dos outros.Por entón aínda non mexía no Fotoxop. Todo vai depender do sentido ético de cada un. Roubei ou creei,¿que opinas?

Escrito por Xisbe a las 10:26 PM | Comentarios (4) | TrackBack

Septiembre 20, 2004

Obs!!!

obs.jpg

Escrito por Xisbe a las 05:59 PM | Comentarios (0) | TrackBack

Septiembre 19, 2004

Miseria

k010.jpg

Que hai moita miseria no mundo e que moita xente está interesada en que persista non é noticia. Cecais deberíamos ollar máis para o que acontece á nosa volta e tentar remedia-lo adoptando unha postura máis activa e non repartir esmola polo mundo adiante para cala-las nosas conciencias coa caridade cristiá, que non fai máis que perpetuar a situación. Entendo que se trata de axudar aos outros para que atinxan níveis de autosuficiencia e coñecimento suficiente para solventar os seus problemas, aínda que poda comprender que en situacións ou momentos puntuais poda ser precisa axuda de primeira necesidade. Pero clama ao ceo que os países poderosos entendan que a situación de Iraq precisa de intervención até o punto de invadi-lo e a situación de Sudán non mereza unha actuación inmediata.
A menina da foto non está a xogar con caixas de zapatos, é que non ten calzado que poñer.

Escrito por Xisbe a las 08:38 PM | Comentarios (0) | TrackBack

Festa

miguel3.jpg
Nun día de festa e despois de xantar como corresponde un bon puro, iso é o que o meu amigo Groucho está a facer na de Pardiñas. Pena estar a foto un bocadinho desenfocada pero a luz e a película non daban para máis. Aínda así ¿a que está chulo o home?.

Escrito por Xisbe a las 01:41 AM | Comentarios (0) | TrackBack

Septiembre 18, 2004

Coments

O amigo dorfun, un dos poucos que por aquí pasa e comenta(o que é de agradecer), tamén me comunica via email que non pode fazer comentarios. Como din os portugueses, ¿será que fiz alguma asneira?

Escrito por Xisbe a las 08:18 PM | Comentarios (5) | TrackBack

Colors in motion

María Claudia Cortés ten unha páxina na que mostra o que debeu ser o proxecto fin de carreira sobre a cor e os seus significados. É unha das millores páxinas que levo visto. Precisa Flash Player.
colors in motion

Escrito por Xisbe a las 12:55 AM | Comentarios (0) | TrackBack

Fame neghra

14mm c.jpg
Xa non se comen bocatas como estos.

Escrito por Xisbe a las 12:44 AM | Comentarios (0) | TrackBack

Septiembre 17, 2004

SIGPAC

Si alguien quere un mapa de Espanha que clicando chega a fotos aéreas do lugar elexido, entre nesta páxina:sigpac, e poderá medir a distancia entre dous sitios ou medir a área da sua finca. Nos seguintes popups explico como. Xa me diredes como vos vai.

View image

View image

View image

View image

View image

Escrito por Xisbe a las 12:42 AM | Comentarios (23) | TrackBack

Septiembre 16, 2004

Nenúfar

nupharlutea3.jpg
Hoxe cando cheguei á casa leveime a sorpresa de que desapareceran todos os posts, visitei o foro e vin que era un problema xeral, supuxen que o ian resolver pero non tan pronto. Outra cousa, onte Salva mandoume un email para decirme que lle saía un aviso decindo que non estaba autorizado a facer comentarios, alguen sabe que pasa?.
A foto un nenúfar amarelo(Nunphar lutea) das augas tranquilas do Rio Miño, onde me levou Jmeijon o mes pasado.

Escrito por Xisbe a las 11:57 PM | Comentarios (2) | TrackBack

Coimbra 2002

coimb.jpg
Unha vista de Coimbra desde a Praça da Canção co rio Mondedo diante.
Parece unha postal.

Escrito por Xisbe a las 12:33 AM | Comentarios (0) | TrackBack

Septiembre 15, 2004

Geeky in love

pes2 c.jpg

Escrito por Xisbe a las 07:34 PM | Comentarios (0) | TrackBack

Septiembre 14, 2004

Salva 2

24a.jpg
22a.jpg
Outro Hernández,
do que xa falamos aquí
, é o autor desta casa en cerámica.Fago este novo post para que Dorvisou non se queixe. As fotos son de ha unhos anos e continúan a non ser o boas que eu quixera, espero que calquer día me envíe o enderezo da sua páxina web, que xa está caseque lista, e así poder mostrar-vos o seu traballo como merece.

Escrito por Xisbe a las 10:19 PM | Comentarios (0) | TrackBack

Septiembre 13, 2004

Pixelfreak

pixelfreak.jpg
Entre os links de ChamalleX, un blog en reconstrucción(disque voltan en outubro) atopei este de René Hernández, do que descoñezo a sua nacionalidade, con unhos traballos en flash e ilustracións en pixels(esto millor) bastante bons. Parecido é o traballo de eboy ou de EIL(brasileiros), ou fuz (daneses), mr. wong e tantos outros que podedes atopar como enlaces en eses sitios, que parece que estén xugando a Exincastillos ou Lego.

Escrito por Xisbe a las 09:15 PM | Comentarios (0) | TrackBack

Tacón cubano

caracol 2.jpg

Escrito por Xisbe a las 06:28 PM | Comentarios (2) | TrackBack

Septiembre 12, 2004

Fragha a tope

Fraghha 2 c.pg.jpg
Hoxe en 'El Pais' entrevista co vampiro que nos zuga desde ha tanto. Os que soportamos a Franco esperemos non ter outros 40 anos de espera.

Escrito por Xisbe a las 04:07 AM | Comentarios (0) | TrackBack

Septiembre 04, 2004

Estella

pr14 cc.jpg

Escrito por Xisbe a las 12:37 PM | Comentarios (0) | TrackBack

Septiembre 03, 2004

O Corte Inghlés

vendedorsa c.jpg
Alá nos finais dos anos '70 existía en Santiago o mercadiño do 'Corte Inghlés'. onde se podía atopar case de todo, descoñezo se continúa existindo.
Para quen dominara a arte do regate era un xeito barato de comprar ropa, zapatos e outros accesorios, que podían ser de liquidacións de outras tendas,usadas, imitacións ou inclusive de marca, eso si roubadas.

Escrito por Xisbe a las 03:33 PM | Comentarios (2) | TrackBack

Septiembre 02, 2004

3B

03b c.jpg
Non me preguntedes o que é. A foto ten 3 anos e non me lembro. Parécese ao hipérico, pero non debe ser.

Escrito por Xisbe a las 02:14 PM | Comentarios (0) | TrackBack

Septiembre 01, 2004

Lapizia II

lap.jpg

Lapizia presenta unha nova mostra de arte na rúa e/ou alternativo:


  • STNCLRVLTN
  • ten perfiles dos artistas, entrevistas, tutoriais(en inglés) e como non, unha inmensa galería de traballos.

  • adbusters
  • , máis comercial pero tamén interesante.
  • Kinseyvisual
  • , com pintura, ilustración, instalacións.
  • ANY
  • , fotografía e ilustración.
  • Ron English
  • , un dos grandes ilustradores que se poden atopar na rede.

Por hoxe chega. Que vos aproveite!

Escrito por Xisbe a las 02:05 PM | Comentarios (0) | TrackBack