Octubre 31, 2004

Epilobium hirsutum

epilobium hirsutum.jpg

Escrito por Xisbe a las 09:05 PM | Comentarios (0) | TrackBack

Octubre 30, 2004

Alá ele

l.jpg
Currás

Escrito por Xisbe a las 11:42 PM | Comentarios (5) | TrackBack

Karin Kuhlmann

kunst.jpg
Karin Kuhlmann

Escrito por Xisbe a las 09:39 PM | Comentarios (1) | TrackBack

Rio Mondego

rio_mondego.jpg

Escrito por Xisbe a las 12:07 AM | Comentarios (0) | TrackBack

Octubre 29, 2004

Alexandro Bavari

a_bavari.jpg

tryptichon2


a_bavari

Escrito por Xisbe a las 12:33 AM | Comentarios (1) | TrackBack

Paga a pena?

neno2.jpg

Escrito por Xisbe a las 12:10 AM | Comentarios (0) | TrackBack

Octubre 27, 2004

Peter Hammond

venitian.jpg

Aquí podes ve-la ao seu tamaño,Venitian

Peter_Hammond

Escrito por Xisbe a las 06:05 PM | Comentarios (0) | TrackBack

Última página

ultima.jpg
última página

Escrito por Xisbe a las 05:48 PM | Comentarios (0) | TrackBack

Rúa!!!

fraguesp.jpg

Escrito por Xisbe a las 12:11 AM | Comentarios (1) | TrackBack

Octubre 26, 2004

Octubre 25, 2004

Porta WC

portaw1.jpg

Escrito por Xisbe a las 04:42 PM | Comentarios (2) | TrackBack

Octubre 24, 2004

Orquídeas 333

d.elata.jpg
Nunca tiven moito xeito para xuntar letras por iso pensei que será millor escribir o menos posible. Esta semana so porei as fotos con título e sen texto, e a non ser que por petición popular se reclame texto irán despidas de palabras.
Esta orquídea penso que debe ser Dactylorhiza Elata pero non estou seguro, si alguen pode axudar se agradece, cada vez estou máis confuso coas plantas e máis aínda desde que entrei nunha páxina que perdín (a ver si Jmeijon a envía) onde fala de tantas variedades que é para pedir papas.

Escrito por Xisbe a las 09:34 PM | Comentarios (0) | TrackBack

Octubre 23, 2004

Se o vello se fose dunha vez

c012.jpg
Gostaría pór un poema de Manuel Antonio, o poeta rianxeiro, mais non sei ningún, ou do pontevedrés Ramón Cabanillas ou ata de Celso Emilio pero non fala do mar. Non o porei de Cunqueiro porque este non é Simbad nin esta é unha illa xeográfica anque estexa tan aillada que mesmo pareza o cu do mundo.

Escrito por Xisbe a las 08:49 PM | Comentarios (3) | TrackBack

Octubre 22, 2004

Pallozas

palloza6.jpg
Esta fermosa palloza estaba(dubido que aínda se manteña en bon estado) em Parada Vella, no concello de A Fonsagrada. A partir de ésta e outras fotos Salva fixo unha reproducción en barro de extraordinario realismo. Aínda queda algunha en Navia de Suarna, Ancares e Caurel.

Escrito por Xisbe a las 06:15 PM | Comentarios (2) | TrackBack

Octubre 21, 2004

Politica agropecuaria

07c.jpg
Resumo da política gandeira dos últimos... anos en Galicia(poña vostede a cifra).
Non está nada mal, sen esterco non medra nada- dixo o conselleiro

Escrito por Xisbe a las 08:30 PM | Comentarios (0) | TrackBack

Ron Hui

A verdade é que non coñezo moitos traballos sobre animación pero acabo de ver un de Ron_Hui de extraordinaria beleza. Cheguei a esta páxina desde 3dtotal, con tutoriales, obras e libros sobre 3D.

Escrito por Xisbe a las 12:38 AM | Comentarios (0) | TrackBack

Octubre 20, 2004

Les Toil

kaybelline.jpg
Para os amantes do bon e en cantidade preséntovos a páxina de Les_Toil coas suas poderosas amigas. Se algunha moza quere chegar a ser unha Les Toil Girl non ten máis que seguir as instruccións.

Escrito por Xisbe a las 09:39 PM | Comentarios (3) | TrackBack

A Latada

q0108.jpg
Ou festa das latas, é unha festa tradicional dos estudantes de Coimbra que comenza mañán e remata o martes 26. Antigamente os estudantes saían en cortexo e os caloiros(novatos) levaban colgadas unhas latas, de aquí o nome, que arrastraban polo camiño con o conseguinte ruido. Hoxe en día son 5 días de espectáculos organizados pola Asociación Académica de Coimbra que remata co cortexo dos 'caloiros'(novatos'), vestidos como os seus 'padriños' mandan(non poden levar o 'fato académico), e onde son sometidos ás 'praxes'(novatadas). A diversión e o alcohol están asegurados e seguramente máis de un ha-se sentir humillado.
A foto pertence á Queima das Fitas( a outra grande festa estudantil que se celebra a principios de Maio) do ano 2003.

Escrito por Xisbe a las 04:19 PM | Comentarios (0) | TrackBack

Octubre 19, 2004

Ría Betanzos

ría_oleosa.jpg
As veces a beleza pode aparecer onde menos se espera, como nesta foto da Ría de Betanzos chea de oleo e quen sabe qué, nunha tarde de verán.

Escrito por Xisbe a las 11:46 PM | Comentarios (2) | TrackBack

Pedra desperta

ba0031.jpg
Na Terra Cha hai moitas penas con forma escultórica. A ésta desperteina para que asista estupefacta a presentación de Fraga como candidato e que por enésima vez deixe ao país de pedra por outros catro anos. Que me perdoe a pedra.

Escrito por Xisbe a las 12:29 AM | Comentarios (0) | TrackBack

Octubre 18, 2004

Invitacións de Gmail 2

Teño duas invitacións para o correo de Gmail. Si tes interés deixa o teu enderezo electrónico nos comentarios(ti que dis).

Escrito por Xisbe a las 04:39 PM | Comentarios (5) | TrackBack

Octubre 17, 2004

Bolboreta 30-30

bolbo 30.jpg
Para fotografar bolboretas vaia a primeira hora da mañán que paran máis tempo quietas ou a última hora da tarde. Non teño idea de como se chama esta aínda que é moi común na nosa terra. Alguén sabe?. Seguro que Jmeijon sabe, fotografou esta no mesmo día alá polas terras de Arxá, pero está 'missing'.

Escrito por Xisbe a las 08:37 PM | Comentarios (1) | TrackBack

Octubre 16, 2004

Sete Muiños

smuiños 10.jpg

No confín da Terra Cha, na parroquia de Lagostelle, o río Escádebas(logoForxá) ten sete muiños,ou o que queda deles, en un curto tramo. O concello de Guitiriz fixo hai anos unha piscina no que antes era a Poza Grande entre os muiños de Landoeira, e a última corporación do PP tentou facer unha área de lecer no entorno con pouco sentido estético. Por último unha nova piscina artificial no alto , perto da outra do río, á que non sei se lle sacarán proveito. Con todo aconsello o paseo polo río. Esta represa que vedes na foto é a Poza Pequena con un dos muiños.

Escrito por Xisbe a las 10:41 PM | Comentarios (0) | TrackBack

Octubre 15, 2004

E máis

saschristian3.jpg
Esta é dunha americana que fai retratos de raparigas con ollos de boneca, que ten unha páxina web con outro que supoño será o marido ou o irmán, que nunca se sabe, escultor de obras 'realistas', por lles chamar dalgún xeito. Que disfrutedes da carapuchiña vermella: sas_chistian. Non puxen as duas imaxes no mesmo post porque non fun quen de que ficarán ben,debido ao formato dos arquivos.

Escrito por Xisbe a las 09:19 PM | Comentarios (1) | TrackBack

Máis raparigas

missvan.jpg
Esta é dunha rapariga(non tan nova) que comenzou facendo graffitis e agora expón nas galerías: miss_van,

Escrito por Xisbe a las 08:42 PM | Comentarios (0) | TrackBack

Octubre 14, 2004

COMICLOPEDIA

lambiek.jpg

Como sei que algún de vos gosta de comics preséntovos a COMICLOPEDIA de Lambiek, onde podedes atopar por nome de autor casi todo, e se queredes até podedes comprar. Eu xa os teño un pouco abandonados. Os meus preferidos: o uruguaio-arxentino Alberto Breccia, e o americano Al Capp co seu personaxe friki lil_abner. Dentro dos españoles de comic 'adulto', o millor é o catalán Max, podedes ver unha reseña en guiadelcomic.

Escrito por Xisbe a las 07:12 PM | Comentarios (1) | TrackBack

La Voz...de Galicia?

A través de Martin Pawley(13/10/2004) leo o artigo de Santiago Rey, Presidente de La Voz de Galicia, que fala de que sigue vivo o compromiso do seu xornal con Galicia, a democracia e o desenrolo desta terra.
O primeiro, e que Galicia débese defender desde a raíz, o idioma; o segundo, que xa teño lido artigos no seu xornal 'defendendo o país' en situacións puntuais e apoiando despois aos enemigos do desenvolvimento da nosa terra; o terceiro é como teñen silenciado ou adozado certas noticias contrarias aos intereses do PP; e por último, por non cansar porque se pode seguir un día enteiro, penso que La Voz é un dos medios de comunicación subvencionados pola Xunta.
Non me creo nada. Só quero feitos, un xornal galego en galego e unha clara defensa cotiá dos intereses de Galicia, o resto é conversa que din os portugueses.
Por certo non estaría de máis darse unha volta polos comentarios da enquisa da Voz sobre si Fraga se debe presentar de novo.

Escrito por Xisbe a las 12:01 PM | Comentarios (0) | TrackBack

Invitacións Gmail

Sin título-2 copiar.jpg

Teño 3 invitacións de Gmail para repartir. Darei preferencia aos visitantes habituais, anque algún xa ten. É preciso poñer o correo, non vos esquezades.

Escrito por Xisbe a las 01:23 AM | Comentarios (2) | TrackBack

Octubre 12, 2004

Pavadas.

pavo5.jpg

A maior parte dos que escribimos blogs xa non somos da edade do pavo, eu menos aínda, pero unha das críticas que se nos fan con frecuencia, digoo polo lido noutros blogs, é o 'creídos' que somos. Non diría que non pero non quixera ser un deles. 'Voçés' dirán.

Escrito por Xisbe a las 10:25 PM | Comentarios (0) | TrackBack

Octubre 11, 2004

Ray Caesar e outros

raycaesar3.jpg

Apreséntovos o traballo de Ray Caesar, un londrino corentán nascido can, segundo el. Como sabedes non acostumo por images que non me pertencen pero o traballo deste artista ben merece romper barreiras. A imaxe da esquerda está tomada do apartado method da web onde explica que primeiro fai un 'molde' en 3D e logo pintao, a da dereita é das galerías(detail images). Gostei dese aspecto de porcelana anémica. A boneca da imaxe ten múltiples versións.


De paso podedes dar un paseo por un dos links del como Mechanical Mirage e admirar os retratos mecánicos surrealistas ou ver as pin-up's de Bootybabeart que máis parecen bonecas hinchables estilo Botero, onde cheguei desde Zeigermann con outros links interesantes. Por agora chega. Opinións?.

Escrito por Xisbe a las 04:31 PM | Comentarios (4) | TrackBack

Octubre 10, 2004

San Froilán

Hoxe foi o Domingo das Mozas en Lugo, a festa máis pailana de todas cantas vin, na aldea máis grande do mundo. Veña polbo e veña barracas e, para min, pouco máis. Pola miña vila pasaban moreas de xente en autobuses e coches, que viñan de A Coruña desde pola mañán cedo, parando a desaiunar e a comprar tortas para levar aos familiares de Lugo. Un dia coma este se non chovía non se podía andar por Lugo.
AJRÚ, que diría a Peón.

Escrito por Xisbe a las 11:03 PM | Comentarios (1) | TrackBack

Octubre 09, 2004

Caciques

vacax.jpg

Leín en Libro de notas ,este interesante artigo de Marcos Taracido sobre Fraga , os seus caciques e a inoperante e torpe oposición. A miña visión do asunto é máis negativa.

Escrito por Xisbe a las 10:26 PM | Comentarios (0) | TrackBack

Octubre 08, 2004

María Castaña

castañeira 1.jpg

Xa están aquí, chegaron xa as raiñas de outono , para nos quentar as mans e encher o bandullo. As millores as abadengas que son grandes e saborosas.

Escrito por Xisbe a las 07:47 PM | Comentarios (9) | TrackBack

Octubre 07, 2004

Pam pam

Todos os días borraba 2 ou 3 anuncios de casinose non sei que máis.Xa parei.
O curioso é que sempre van dar aos mesmos posts:Cap e Xa cheguei.

Escrito por Xisbe a las 10:02 PM | Comentarios (0) | TrackBack

Octubre 06, 2004

BALDAIO

792baldaio.jpg

Ano 1997 ou 78, manifestación en Carballo(non estou seguro,que alguén me corrixa) e posterior baixada ao areal. En causa estaba a extracción de area que iba contra os intereses dos mariscadores da zona. No adro da igrexa reúnense os manifestantes,e contra a opinión dos dirixentes da UPG, decídese baixar até o areal, onde estaba á espera unha morea de guardias civís. Prodúcese un enfrentamento e polo menos un guardia civil realiza disparos, que non atinxen a ninguén. Poido ser dramático. Esta foto de escaso valor técnico foi despois publicada nos medios nacionalistas e en pancartas. O negativo pasou anos nunha caixa perdida e escaneado fai pouco. Fun detido uns dias antes por pegar carteles da manifestación, pasei un dia e unha noite no calabozo do pazo de Raxoi e despois de pasar pelo xuiz, posto en liberdade.


Algunha información sobre Baldaio.

Octubre 05, 2004

Mäelstrom

torb 52.jpg

Supoño que moitos de vos coñeceredes o conto de E.A.Poe no que relata,creo lembrar, o descenso dunha nave por un remuiño que se produce no mar e que engule todo.Algo así. A un nivel moito máis pequeno, en calquer regato, tamén se poden dar estes remuiños na saída da auga das presas.

Escrito por Xisbe a las 10:22 PM | Comentarios (0) | TrackBack

Esmola

esmoleiro.jpg

Todos estamos necesitados, cada un no seu, pero ter que chegar ao punto de expor as miserias na rúa...é demáis. Este sistema liberal ou neoliberal está engordando a uns poucos e levanto a moitos a situacións penosas.

Escrito por Xisbe a las 01:41 AM | Comentarios (2) | TrackBack

Octubre 04, 2004

Bela dama

volvoc c.jpg
Hai quen di que cada vez vense menos bolboretas.Pode ser. Desde logo non é fácil fotografalas(único que sexas Jmeijon). Esta é portuguesa e segundo me dixeron no Foro de Micología, é unha 'Bella dama o mariposa de los cardos(Cynthia cardui)'.

Escrito por Xisbe a las 12:40 AM | Comentarios (0) | TrackBack

Octubre 03, 2004

Vese ben?

sapoadsl.jpg

Gostaría de saber que tal vedes o blog segundo o tipo de conexión e buscador que teñades. Si descarga rápido ou non, se se ve con fallos e cuais son, etc. Queredes colaborar?

Escrito por Xisbe a las 11:48 PM | Comentarios (2) | TrackBack

Orella azul

orellazul c.jpg

Desde hoxe, na columna da dereita, engado noticias de Portugal, con links a xornais ou outros medios de comunicación, para que este país fique un pouco menos lonxe.

Escrito por Xisbe a las 12:48 AM | Comentarios (4) | TrackBack

Octubre 01, 2004

Borraxa

borraxa 2.jpg

Borago officinalis, planta de entre 25-100cm. que medra silvestre en sitios secos, ao pé dos camiños ou cultivada(en Francia e Italia). Utilízase desde a antigüedade como alimento e medicina. Creo ter lido que por Aragón é un plato apreciado.

Escrito por Xisbe a las 10:47 PM | Comentarios (0) | TrackBack

Campaña de imaxe

jaime copiar.jpg

A equipa de imaxe do PP na sua campaña de renovación, preparando o camiño para ás eleccións, enviou ao conselleiro a un reputado psicólogo francés, que recomendou,dado o seu nome, que o betanceiro utilizase estas novas tarxetas de presentación.
Desde entón o devandito non perde ocasión de entrega-las aos membros da oposición.

Escrito por Xisbe a las 04:30 PM | Comentarios (1) | TrackBack

Peche ao sair

portacam.jpg

Fai unhos días fun dar un paseo polo rio Mondego fora de Coimbra e atopeime con que hai portas no campo.Será?

Escrito por Xisbe a las 12:11 AM | Comentarios (1) | TrackBack