
guia_inversa_de_teléfonos Teoricamente debería de funcionar, un escrebe o número da persoa e máis datos se sabe, e aparece o nome, a min non me resultou.
cubo_de_rubik A páxina ten dez astronautas na base e sinalando un co rato indica a función con un ideograma:desfacer, facer... ata música si se quere, o último da os créditos. Moito bom
via duopixel
almofada1 via ispanic
almofada2 ispanic Estas duas almofadas para muller ou home, ergonómicas e para combater a soidade.
parafernalia Linguaxe universitario chileno ou do autor, unha páxina moi particular
para_mexar_de_pe via via anedonia Un novo utensilio para que as mulleres se podan equiparar aos homes en cuestións fisiolóxicas.


tvga,tvgaga,ppga,ppgaga,gagagagagagagagagagagagagagagagagagagagagagaga
'ad infinitum'
tvpp

A imaxe da cabeceira é do Pazo de Oca, no concello da Estrada, ben coñecido por todos. A foto(isto é parte) esta feita alá polo ano 1980 e mostra o pasadizo que hai no estanque.

MANUAL POLÍTICO PARA DESASTRES
Fase 1: Ante a noticia.
1º- Desapareza ou escóndase, vaia de caza.
2º- Aproveite todos os medios de comunicación para silencia-la.
3º- Dé noticias negativas sobre a oposición.
Fase 2: Ante a evidencia.
4º- Néguea e tape bocas.
5º- Repita até a saciedade as mesmas consignas para que os seus acólitos as repitan como loros.
6.- Distraiga a atención con festas ou fútbol e non se esqueza de falar mal da oposición por calquer motivo.
Fase3: Ante a realidade.
7º- Minimice os feitos/efeitos.
8º- Faga unha versión 'light' informativa para que a difundan os medios de comunicación. Amenace aos díscolos.
9º- Bótelle a culpa á oposición e gábese da sua actuación.
Conclusión.
10º- Sonría, total un erro máis non importa, o que conta son os votos e eses teñen dono.

La Refundación galleguista
Via La Voz de Galicia entérome de que Manuel Soto, ex-alcalde de Vigo, ex-socialista e ex tantas cousas pode ser o novo secretario xeral do refundado PG que se reune o 13/11/2004 en Pontevedra. Non é de fiar alguen tan personalista e populista como o Compañeiro, desubicado desde ha tanto tempo, e con un culto narcisista que non se pode esperar nada bon del. O único que pode estar interesado na xugada é o PP, en situación delicada, porque pode esperar que votantes nacionalistas e socialistas se decanten polos 'galeguistas'. En definitiva, non espero que fagan esto con idea de servir a Galicia senon os propios intereses personais, nada novo. É decir, outra vaca no maínzo.