Octubre 30, 2005
Refráns
Hai quen di aquí que a calquer refrán ou dito popular se lle engaden duas frases e é sempre certo. A cuestión é así:
Engadir baixo as sábanas á primeira parte e engadir entre as pernas á segunda.
Por exemplo:
Dime con quen andas e direite quen es.
Aplicámo-la fórmula:
Dime con quen andas baixo as sábanas e direite quen es entre as pernas.
Facede as probas pertinentes e xa me diredes si se cumple o dictado.
Escrito por Xisbe a las
10:24 PM
|
Comentarios (4)
Octubre 27, 2005
Viver
Viver n&£245;o custa...custa é saber viver.
Escrito por Xisbe a las
12:43 AM
|
Comentarios (0)
Octubre 26, 2005
Néspera
Supoño que todos sabedes o que son as nésperas, en Portugal teñen o mesmo nome , so que.. é palabra prohibida na zona do Porto, aquí que a ninguén se lle ocurra preguntar a unha fruteira:
- ¿ Cuanto custan as nésperas?
A resposta pode non ser apropiada para ouvidos delicados porque se lle está preguntando cuanto custa unha queca ( botar un polvo), xa que o significado de néspera é crica. É unha broma de mal gosto no Porto, ollo con isto.
O que queira nésperas que pregunte por magnolias.
Escrito por Xisbe a las
12:18 AM
|
Comentarios (0)
Octubre 24, 2005
A través do cristal
Como é posible que un individuo atravese o cristal. ¿ Onde está o truco?
Vídeo .Via
mcdave.
Escrito por Xisbe a las
05:04 PM
|
Comentarios (2)
Octubre 23, 2005
Madonna INN
Para todos aqueles que gostan de viaxar e descansar nunha habitación personalizada, Viaxes Kistch recomenda este motel na costa central californiana. Non deixen de pasar polo café e non se esquezan de contarnos a sua experiencia.
Escrito por Xisbe a las
05:25 PM
|
Comentarios (0)
Octubre 22, 2005
Máis bicis.

Falaba o outro día de bicicletas e hoxe volto co tema despois de ver as novedades. Non sabía que había Bicis
Porsche (ata € 4.300),
Cadillac,
BMW, de
bambú, de carbono, aluminio, titanio, hasta de merengue si fose preciso (que non me lean os do Madrid), de
todo vamos. A miña preferida desta vez é esta da imaxen.
Hoxe con unha bici fanse cousas parecidas as de calquer deporte de risco, basta ver esta
imaxe ou algunha outra neste foro. O outro día vendo un video de
freestyle pensei en voz alta: "Millor que non poñan
isto pola televisión porque senón van tolear os pais." As loucuras que facían con descensos salvaxes a toda velocidade,
saltos de grandes alturas..., era para meter
medo.
Escrito por Xisbe a las
08:29 PM
|
Comentarios (2)
Qosmio

Informático obxeto de desexo. Chegará a ser meu?
Escrito por Xisbe a las
02:03 PM
|
Comentarios (2)
Octubre 19, 2005
Adeus Eduardo

Leo en El Pais a noticia da morte de Eduardo Haro Tecglen. Descanse en paz a dereita, que fica aliviada despois de sufrir durante tantos anos a palabra deste home crítico e lúcido. É unha grande perda.
Escrito por Xisbe a las
12:46 PM
|
Comentarios (4)
Octubre 18, 2005
Inkscape

Atopei este editor de gráficos vectoriales de código aberto, ¿coñecédelo?.Gatonegro di que é potente e sinxelo.
Escrito por Xisbe a las
11:31 PM
|
Comentarios (0)
La tarde
O meu amigo Eduardo deixou o seu antigo blog e comezou La Tarde, se cadra tamén debía facer o mesmo. Que o disfrutedes.
Escrito por Xisbe a las
07:14 PM
|
Comentarios (0)
Octubre 17, 2005
Microrrelato
Bala.Bágoa.
Podes continuar escribindo este microrrelato na tua páxina, podes poñer texto antes ou despois, non entre as palabras escritas. Si o fas deixa un comentario.
Escrito por Xisbe a las
12:19 AM
|
Comentarios (2)
Octubre 16, 2005
Digiscoping
A técnica do digiscoping está revolucionando a fotografía da natureza, en especial a de paxaros. Jmeijon xa nos ten mostrado aquí algunha foto feita con escasos medios, é fundamental un telescopio de boa calidade óptica para obter resultados espectaculares.
Escrito por Xisbe a las
12:28 PM
|
Comentarios (0)
A bici

Parece estar de moda andar de bicicleta. Para min un modelo tandem de duas direccións e un pequeno motor eléctrico auxiliar.
Escrito por Xisbe a las
12:21 AM
|
Comentarios (0)
Octubre 11, 2005
Dentro de O Boedo

Dentro de
O Boedo cerrado, a derradeira tarde seca do outono (por fin chove)
un dos poucos, fungos que se deixan ver.
Isto último non é verdade porque un pouco antes atoparamos un par de boletos de aspecto suculento.
Post de Jmeijon
Escrito por Xisbe a las
08:48 PM
|
Comentarios (0)
Octubre 05, 2005
Serán
Recibo un mail convidando-me ao serán que se vai celebrar o domingo dia 9 de Outubro na plaza de Azcárraga, en A Coruña, con motivo das festas patronais da cidade. Máis información en Colectivo Urbano Lugris.

Clica na imaxen para agranda-la. E eu que estaba de descanso. Máis unha vez até a próxima.
Escrito por Xisbe a las
02:05 PM
|
Comentarios (1)
Octubre 04, 2005
Descanso 2

Vai unha nova
tentativa de
descanso.
De despedida
unha páxina de fotografía subacuática, via
Juan Freire.
Escrito por Xisbe a las 11:24 PM
| Comentarios (0)