Enero 31, 2006

Oasis

oasis.jpg
O musgo e as pingas no mismo lugar ¡canto xogo dan! ¿ou non?

Post de Jmeijon

Escrito por Xisbe a las 02:29 PM | Comentarios (5)

Enero 25, 2006

Curso de macrofotografía

Achéguese todo o que poida, pero afástese o que sexa necesario. Para saber tomar a decisión correcta de este excelente consello, nada millor que leerse o curso de macrofotografía da página fotografía de naturaleza de Fran Nieto.

Escrito por Xisbe a las 04:51 PM | Comentarios (0)

Enero 24, 2006

Narcisos do Barranco da Loba

narcisol.jpg

O narciso é o primeiro que vexo este ano e ven anunciando que o inverno está xa bastante avanzado. A foto é desta mañá (22.01.06) á beira do Mandeo preto do Barranco da Loba en Aranga.
O que vexo é que por esas latitudes a natureza está máis animada. Da gusto ver movemento tanto no clop coma no flickr.


narcisoll.jpg

Post e fotos de Jmeijon

Escrito por Xisbe a las 12:33 PM | Comentarios (3)

Enero 21, 2006

Outro mexacán

mexacan.jpg

Como ninguén manda nada teñ que ser eu a postear. Chameille mexacán porque así lles chamo a todas as flores amarelas deste tipo, pero que ninguén o tome ao pé da letra. Vai tua JIOM.

Escrito por Xisbe a las 01:26 AM | Comentarios (0)

Enero 12, 2006

Oxalis pes-caprae

pescaprae.jpg

Jmeijon non se atreve a publicar soiño polo que espero que isto sexa algo así como unha ti outra eu. Tiven que aproveitar despois de almorzar para fazer unhas fotos. Tirando esas flores amarelas que todas me parecen mexacán, hai moito pouco máis. O único as Oxalis pes-caprae. Aproveitei que unha delas tiña unha visita e disparei un par de fotos, pero... as presas levan a non controlar a luz e iso a estragar unha foto que podía ser decente.
Por certo, ¿coñecedes o invitado?.

Escrito por Xisbe a las 09:50 PM | Comentarios (6)

Enero 11, 2006

Marina Cano

marinacano.jpg
Para quedar coa boca aberta e para pensar que moito queda por aprender, as fotos da natureza de Marina Cano en Photo.net son unha preciosidade. En Photo.net hai que rexistrarse para algunhas cousas pero penso que non hai problema para ver esta galería.
Visto en jafproject.net.

Escrito por Xisbe a las 12:54 AM | Comentarios (0)

Enero 10, 2006

Érvedo

ervedo.jpg

Froito (non sei se ten algún nome) do érvedo, érbedo, (esbedro na mariña lucense), madroño (castelán), Strawberry Tree (inghlés), Medronho or Medronheira (portugués), Arbutus unedo L.
Hai quen lles atribúe propiedades alucinóxenas, ou cando menos algo "etílicas", a min parecéronme realmente sabrosas e sin eses efectos peturbadores, aínda que ó mellor a cantidade non foi suficiente.
A fotografía foi feita no mes de Decembro pasado na Ribeira Sacra en Xián, concello de Taboada e os froitos non estaban todos maduros, polo que non sabería dicir exactamente o calendario de maduración.

Post de Jmeijon.

Escrito por Xisbe a las 06:39 PM | Comentarios (2)

Enero 06, 2006

Mapa da península

mapa1.jpg

Xa fai algún tempo atopei este mapa pero agora son incapaz de decir de que páxina saiu. Pensei que fose da librería británica pero non o localicei, cando atope a páxina poñoa.
Chama a atención que Galicia e Portugal formen unha entidad (tamé Asturias e León se somos quisquillosos). O oso -ou serácan?- e a doncela, non sei que será millor, pero que nos traten por bicho... Lémbrame a estampa de circo.

Escrito por Xisbe a las 12:12 AM | Comentarios (6)

Enero 03, 2006

Imagone e 1000 imaxens.

imagone.jpg

Outra boa galería colectiva de fotografía, está en alemán e non podo decir máis. Fotos agrupadas por temas, natureza, paisaxes, etc... coma todas as outras.
Se non vos gusta aquí vos deixo outra.
Visto en ursi's blog.

Escrito por Xisbe a las 11:39 AM | Comentarios (0)

Enero 01, 2006

Gregory Colbert

colbert.jpg

Antes de nada decir que The Ashes and Snow de Gregory Colbert paréceme unha obra maestra.
Estou explorando a linguaxe compartida e a sensibilidade poética dos animais. Y traballando para voltar a descubrir a terra común que existiu unha vez cando as persoas viviron en armonía cos animais. As imaxes representan un mundo que está sin comenzar ou acabar, aquí ou alí, pasado ou presente.

Gregory Colbert ( A traducción é miña)
Non vos perdades a sua galería e o que poda que vaia a Santa Monica Pier, en California desde o 14 de xaneiro até 0 14 de Maio de 2006.

Escrito por Xisbe a las 08:41 PM | Comentarios (1)