Noviembre 19, 2007

Orquídeas galego-portuguesas 10: Orchis coriophora

coriophora2.jpg

Orchis coriophora, en este caso Orchis fragans fotografada na zona oriental de Ourense

Para algúns é unha especie e duas variedades ou subespecies, para outros son duas especies claramente diferenciadas: Orchis fragans e Orchis coriophora subsp. martrinii.
¿Diferencias? Pois a Orchis fragans arrecende ( a vainilla) e a Orchis coriophora subsp. martrinii non cheira ou cheira mal, a primeira ten as follas máis lineares e as flores máis claras e a segunda tenas un pouco máis anchas e as flores máis oscuras. A primeira sería máis facil atopala en substratos variados de preferencia alcalina e a segunda e a segunda een substratos ácidos. Até xeneticamente son diferentes segundo din algúns (Todos estos datos están sacados do libro Guía das Orquídeas de Galicia de Carlos Cortizo e Elvira Sahuquillo).
Para min son moi parecidas e en Portugal só atopei a O. Fragans (digoo polo tipo de sustrato e o lugar (Beira Litoral)onde as achei porque de apariencia e olor eran de todo tipo). Din que tamén crece na zona centro e sur (interior). A Orchis coriophora subsp. martrinii na rexión minhota e Trasmonte.
En Galicia:
A O. Fragans haberá que buscala na comarca de Valdeorras en pasteiros ou en mato baixo en zonas de luz.
A Orchis coriophora subsp. martrinii en prados húmidos en Lugo. Pontevendra e oriente ourensán.

Escrito por Xisbe a las 10:20 PM | Comentarios (0)