24 de Febrero 2010

814

robert_brindley.jpg

Perto de Kinloch, South island New Zealand

Autor: Robert Brindley

Escrito por Xisbe a las 2:51 PM | Comentarios (0)

28 de Enero 2010

798

David Attenborough para a BBC: "Plants"
Gracias a xatakafoto encontrei estes vídeos

"Plants" Part 1/6
"Plants" Part 2/6
"Plants" Part 3/6
"Plants" Part 4/6
"Plants" Part 5/6
Escrito por Xisbe a las 5:06 PM | Comentarios (0)

21 de Enero 2010

12 de Enero 2010

779

Árbores e conxuntos de árbores de interés en Galicia
Cupressus sempervirens no cimiterio de Mondoñedo.
Cupressus stricta á carón do mosteiro de Samos e 
do mosteiro do Divino Pastor en Ferreire de Pantón.
Cupressus macrocarpa en Monterrei, na Praza do 
Concello de Carballo, e en Viveiro na estrada Viveiro-Ferrol.
Taxus baccata en Pontedeume, herdade de La 
Magdalena  e no xardín do Concello de Ponteareas.
Sequoia sempervirens no xardín da igrexa de San 
Domingos de Ribadavia.
Sequoiadendron giganteum no pazo do Casal en 
Sta. Marta de Babío, Bergondo.
Un rodal de Betula alba na parroquia de Saa, Lugo.
Carpinus betulus no parque da Constitución, en Curtis.
Bosque de Corylus avellana en San Xurxo de Sacos, 
Cotobade.
Buxus sempervirens no interior do Pazo de San 
Lourenzo con forma de cruz de Santiago. oín falar dun exemplar
 de máis de 800 anos en Boimorto pero non podo decir máis.
Sambucus nigra xunto á ponte do río Gafos, Pontevedra.
Castanea sativa, os máis altos de Europa na Fraga
de Catasós, Lalín. oe os do Souto de Rozabales, na Serra de 
Manzaneda, ambos coa condición de Monumento Natural.
O castiñeiro de Pumbariños no Souto de Rozavales, 
da parroquia de San Martiño de Manzaneda, en Manzaneda.
O castiñeiro de Paderne, en Folgosos do Courel.
O da igrexa de san Salvador en San Pedro de Fiz do Hospital, Incio.
Quercus pyrenaica na praza do Campo de Quindós, 
Cervantes.
Quercus robur na capela de Santa Margarida, Pontevedra;
en Ribadumia, na rúa das Mimosas; o de Pelete, na Lama; o da igrexa
da Nosa Sra. dos remedios en Teixeiro; o de Sto. Antonio , en Vilar de
Francos, Carballo; a Carballa da Rocha, na Saínza de Abaixo, Rairiz 
de Veiga; o máis alto de Galicia no pazo de Cartelos, Carballedo.
Quercus petraea na praza do Campo de Quindós, 
Cervantes.
Quercus rubra, no Balneario de Guitiriz.
Quercus suber en San Cosme de Liñares, Pobra de
Brollón e en Balboa, A Estrada; a Sobreira de Siador en Silleda. 
O sobreiral de Merzaos da ribeira 
do río Arnego, en Agolada, Vila de Cruces e Lalín. ou os do paseio
 marítimp da praia de Barraña, Boiro. A salientar o do polígono As 
Lagoas, Ourense.
Quercus ilex subsp. ballota, a Carrasca 
de Cobas, Rubiá.
Ficus carica, a Figueira do Meco, en O Grove.
Eucalyptus globulus, no Souto da Retorta, Viveiro.
Fraxinus excelsior, en Forcarei e no parque de 
Castrelos, Vigo.
Salix atrocinerea, nas salinas do Ulló, en Paredes, Vilaboa, e 
na illa de Cortegada.
Acer pseudoplatanus, a pravia de Vilalba.
Tilia tomentosa, no mosteiro de Oseira, Cea
Árbores senlleiras
1A «Perona» do Paseo da Ferradura Abies nordmanniana (Steven) Spach	Paseo da Ferradura	Santiago de Compostela (C)
2A	Pradairo da Igrexa de Vilarpandín Acer pseudoplatanus L. Vilarpandín	Navia de Suarna (LU)
3A «Pravia» de Vilalba Acer pseudoplatanus L.	Praza Suso Gayoso	Vilalba (LU)
4A	Castiñeiro de Indias do Xardín Artístico de Padrón	 Aesculus hippocastanum L.	Xardín Artístico de Padrón	Padrón (C)
5A	Ameneiro do Pazo de Maside Alnus glutinosa (L.) Gaernt.	Pazo de Maside	Pantón (LU)
6A	Araucaria do Brasil do Parque de Caldas de Reis	Araucaria angustifolia (Bertol.) O. Kuntze	Parque de Caldas	Caldas de Reis (PO)
7A	Araucaria do Castelo de Soutomaior Araucaria araucana (Mol.) K. Koch Castelo de Soutomaior Soutomaior (PO)
8A	Araucaria Excelsa da Casa de Tenreiro Araucaria heterophylla (Salisb.) Franco	Casa Tenreiro	Pontedeume (C)
9A	Érbedo do Pazo de Mariñán Arbutus unedo L. Pazo de Mariñán	Bergondo (C)
10A	Calocedro do Pazo de Torrecedeira Calocedrus decurrens (Torr.) Florin	Pazo de Torrecedeira	Redondela (PO)
11A	Camelia «Pantalóns» do Pazo de Lens Camellia japonica L. Pazo de Lens-Ames	Ames (C)
12A	Camelia do Pazo de Santa Cruz	Camellia japonica L.	Pazo de Santa Cruz	Vedra (C)
13A	Camelias do Pazo de Torres Agrelo Camellia japonica L. Pazo Torres de Agrelo	Redondela (PO)
14A	Matusalén de Camelias do Pazo de Castrelos Camellia japonica L. Pazo de Castrelos	Vigo (PO)
15A	Camelia Reticulada do Pazo de Oca Camellia reticulata Lindl. Pazo de Oca	A Estrada (PO)
16A	Camelia Sasanqua do Pazo de Torres Agrelo Camellia sasanqua Thunberg.	Pazo Torres de Agrelo	Redondela (PO)
17A	Pacana de Illinois do Pazo de Mariñán	 Carya illinoensis (Wangenh.) C. Koch. Pazo de Mariñán	Bergondo (C)
18A	Castiñeiro da Capela	Castanea sativa Mill. A Capela	Begonte (LU)
19A	Castiñeiro do Val da Fonte	Castanea sativa Mill. O Val da Fonte	Folgoso do Courel (LU)
20A	Castiñeiro de Pumbariños Castanea sativa Mill. Souto de Rozabales	Manzaneda (OU)
21A	Castiñeiro do Mola Castanea sativa Mill. Souto de Mola	A Mezquita (OU)
22A	Castiñeiro da Ribeira	Castanea sativa Mill. Souto da Ribeira  A Mezquita (OU)
23A	Castiñeiro do Souto da Ramigoa	Castanea sativa Mill. Souto da Ramigoa	Nogueira de Ramuín (OU)
24A	Castiñeiro da Regadiña Castanea sativa Mill. A Regadiña	A Pobra de Trives (OU)
25A	Castiñeiros de Peninvello	Castanea sativa Mill. Finca da Cerca	Xinzo de Limia (OU)
26A	Casuarinas da Alameda da Praza de Compostela	Casuarina equisetifolia J.R. & G. Forst. Praza de Compostela Vigo (PO)
27A	Cedros do Himalaia dos Xardíns de Vicenti	Cedrus deodara (D. Don) G. Don	Xardíns de Vicenti	Pontevedra (PO)
28A	Cedro do Líbano do Pazo de Lourizán	Cedrus libani A. Rich. Pazo de Lourizán	Pontevedra (PO)
29A	«Coroa de Cristo» do Xardín Histórico de Padrón	Cercis siliquastrum L.	Xardín artístico de Padrón	Padrón (C)
30A	Camecíparis de Lawson da Casa da Puebla	Chamaecyparis lawsoniana (A. Murr.) Parl. Casa da Puebla do Incio	O Incio (LU)
31A	Camecíparis de Lawson do Castelo de Soutomaior Chamaecyparis lawsoniana (A. Murr.) Parl. Castelo de Soutomaior	Soutomaior (PO)
32A	Alcanforeiros do Pazo de Rubiáns Cinnamomum camphora (L.) Siebold 	Pazo de Rubiáns	Vilagarcía de Arousa (PO)
33A	Laranxo «Obsceno» do Pazo de Brandariz	Citrus aurantium L. var. corniculata Risso Pazo de Brandaliz Ortigueira (C)
34A	Criptomeria do Pazo de Santa Cruz Cryptomeria japonica (L. f.) D. Don	Pazo de Santa Cruz	Vedra (C)
35A	Criptomeria do Castelo de Soutomaior	Cryptomeria japonica (L. f.) D. Don	Castelo de Soutomaior	Soutomaior (PO)
36A	Criptomeria Elegante do Pazo de Oca	Cryptomeria japonica (L. f.) D. Don Elegans	Pazo de Oca	A Estrada (PO)
37A	Cunninghamia do Pazo de Gondomar	Cunninghamia lanceolata (Lamb.) Hook. f.	Pazo de Gondomar	Gondomar (PO)
38A	Cunninghamia do Parque-Xardín de Caldas de Reis Cunninghamia lanceolata (Lamb.) Hook. f. Parque de Caldas	Caldas de Reis (PO)
39A	Ciprés de California da Misericordia Cupressus macrocarpa Hartw.	Misericordia	Viveiro (LU)
40A	Ciprés de California do Pazo de Quintás Cupressus macrocarpa Hartw.	Pazo de Quintáns	Meis (PO)
41A	Ciprés Mediterráneo da Capela do Salvador	Cupressus sempervirens L. Fastigiata	Mosteiro de Samos	Samos (LU)
42A	Eucaliptos do Pazo de Mariñán	Eucalyptus globulus Labill. Pazo de Láncara ou Mariñán	Bergondo (C)
43A	Eucalipto da Casa de Reimunde	Eucalyptus globulus Labill. Casa de Reimunde	Foz (LU)
44A	Avó do Eucaliptal de Chavín Eucalyptus globulus Labill. Souto da Retorta	Viveiro (LU)
45A	Eucaliptos do Paseo da Ferradura Eucalyptus globulus Labill. Paseo da Ferradura	Santiago de Compostela (C)
46A	Eucaliptos do Pazo de Castrelos	Eucalyptus globulus Labill. Pazo de Castrelos	Vigo (PO)
47A	Eucalipto do Maná da Casa de Ordax	Eucalyptus viminalis Labill. Casa de Ordax	Castro de Rei (LU)
48A	Faias do Pazo de Castrelos Fagus sylvatica L.	Pazo de Castrelos Vigo (PO)
49A	Figueira do Meco Ficus carica L. Monte Siradella	O Grove (PO)
50A	Figueria da Casa-Museo de Rosalía de Castro Ficus carica L.	Casa-Museo Rosalía de Castro	Padrón (C)
51A	Freixo de Folla Estreita de Montepando Fraxinus angustifolia Vahl.	O Val 	Monforte (LU)
52A	Freixo de Porta	Fraxinus excelsior L. Pista a Casa do Galo	Sobrado (C)
53A	Xinkgos do Pazo de Fonseca	Ginkgo biloba L. Xardín do Pazo de Fonseca	Santiago de Compostela (C)
54A	Acivro do Pazo de Casanova Ilex aquifolium L. Pazo de Casanova O Pino (C)
55A	Cocoteiro de Chile do Pazo de Meirás	Jubaea chilensis (Mol.) Baill Pazo de Meirás	Sada (C)
56A	Tulipeiros de Virxinia do Pazo de Santa Cruz Liriodendron tulipifera L.	Pazo de Ortigueira	Vedra (C)
57A	Tulipeiros de Virxinia do Pazo de Castrelos	Liriodendron tulipifera L.	Pazo de Castrelos	Vigo (PO)
58A	Magnolia Grandiflora de Santa Rita Magnolia grandiflora L.	Cuartel vello Garda Civil	Narón (C)
59A	Magnolias Grandifloras do Pazo de Rubiáns	Magnolia grandiflora L. Pazo de Rubiáns	Vilagarcía de Arousa (PO)
60A	Magnolia Grandiflora do Pazo de Santa Cruz Magnolia grandiflora L. Pazo de Santa Cruz	Vedra (C)
61A	Metasecuoia do Pazo de Lourizán Metasequoia glyptostroboides H. Hu & Cheng	Pazo de Lourizán	Pontevedra (PO)
62A	Metrosideros Excelso do Xardín da Torre de Andrade	Metrosideros excelsus Soland. ex Gaertn.	Xardín da Torre de Andrade	Pontedeume (C)
63A	Metrosideros Excelso do Xardín da Policía da Coruña	Metrosideros excelsus Soland. ex Gaertn.	Xardín do Antigo Hospital	A Coruña (C)
64A	Oliveira do Paseo de Alfonso XII Olea europaea L. Paseo de Alfonso XII	Vigo (PO)
65A	Oliveiras do Cemiterio de Adina	Olea europaea L. Cemiterio de Adina	Padrón (C)
66A	Palmeira Datileira do Mosterio de Herbón Phoenix dactylifera L.	Mosteiro de Herbón	Padrón (C)
67A	Ombú do Centro Cultural de Santa Cruz Phytolacca dioica L.	Centro cultural Santa Cruz-Oleiros	Oleiros (C)
68A	Ombú do Pazo de Santa Cruz Phytolacca dioica L. Pazo de Ortigueira	Vedra (C)
69A	Piñeiro Bravo de Leiro Pinus pinaster Ait. Leiro	Pontedeume (C)
70A	Piñeiro Manso dos Candeiras Pinus pinea L. Lugar do Castro  Ponteareas (PO)
71A	Piñeiro Insigne do Castelo de Santa Cruz Pinus radiata D. Don Castelo de Santa Cruz	Oleiros (C)
72A	Plátano de Sombra do Pazo de Dompiñor	Platanus hispanica Mill. ex Munchh.	Pazo de Dompiñor	O Incio (LU)
73A	Douglasia Verde do Pazo de Casanova Pseudotsuga menziesii (Mirb.) Franco 	Pazo de Casanova	O Pino (C)
74A	Carballo Albar da Praza do Campo Quindous Quercus petraea (Mattusch.) Liebl.	Quindous	Cervantes (LU)
75A	Rebolo da Praza do Campo de Quindous Quercus pyrenaica Will	Quindous	Cervantes (LU)
76A	Rebolo do Pazo da Pena Quercus pyrenaica Will Pazo da Pena	Manzaneda (OU)
77A	Carballo de Pazo de Vilardefrancos Quercus robur L.	Pazo de Vilar de Arcos	Carballo (C
78A	Carballo de Ramos Quercus robur L.	Casa de Ramos	Taboada (LU)
79A	Carballo do Viño ou Carballo de Pelete	 Quercus robur L.O Pelete A Lama (PO)
80A	Carballo da Capela de Santa Margarida Quercus robur L. Capela de Santa Margarida	Pontevedra (PO)
81A	Carballa da Rocha Quercus robur L. A Touza	Rairiz de Veiga (OU)
82A	Carballo do Pazo de Cartelos	Quercus robur L.	Pazo de Cartelos	Carballedo (LU)
83A	Carballo Grande de Bustelo de Abaixo	Quercus robur L. Campo da Fonte	Carballedo (LU)
84A	Carballo da Casa do Herdeiro Quercus robur L.	Casa de Herdeiro	Carballedo (LU)
85A	Carballos do Campo de Golf Quercus robur L. Campo de golf  Lugo (LU)
86A	Carballo de Mede Quercus robur L. Bosque de Mede	Xermade (LU)
87A	Carballo da Casa Grande	Quercus robur L.	Praza do Carballo	Carballedo (LU)
88A	Carballo Grande do Mestre	Quercus robur L.	Á beira da N-540	Carballedo (LU)
89A	Carballo Grande de Reboreda Quercus robur L.	Bosque de Caraveleira	A Porqueira (OU)
90A	Carballo Fastixiado do Pazo de Santa Cruz	Quercus robur L. Fastigiata	Pazo de Santa Cruz	Vedra (C)
91A	Carballo Fastixiado do Xardín Histórico de Padrón	Quercus robur L. Fastigiata	Xardín Artístico de Padrón	Padrón (C)
92A	Aciñeira de Covas	Quercus ilex L. subsp. ballota (Desf.) Samp.	Predio próximo ao cemiterio	Rubiá (OU)
93A	Sobreira de Valboa	Quercus suber L.	Os Hórreos	A Estrada (PO)
94A	Sobreira do Pazo de Valiñas Quercus suber L.	Pazo de Valiñas	A Estrada (PO)
95A	Sobreira do Cristo de Arriba Quercus suber L. Praza pública Redondela (PO)
96A	Sobreira da Casa do Tristo	Quercus suber L. Casa do Tristo A Pobra de Brollón (LU)
97A	Secuoias Vermellas do Xardín Histórico de Padrón Sequoia sempervirens (D. Don) Endl.  Xardín Artístico de Padrón	Padrón (C)
98A	Secuoia Vermella do Castelo de Soutomaior	Sequoia sempervirens (D. Don) Endl. 	Castelo de Soutomaior	Soutomaior (PO)
99A	Secuoia Xigante do Pazo do Casal	Sequoiadendron giganteum (Lindl.) Buchh.	Pazo do Casal	Bergondo (C)
100A	Taxodios do Xardín de Artime	Taxodium disticum (L.) Rich.	Xardín de Artime	Vilagarcía de Arousa (PO)
101A	Teixo do Pazo de Baldomir	Taxus baccata L. Pazo de Baldomir	Bergondo (C)
102A	Teixo da Igrexa de Córneas	Taxus baccata L.	Cemiterio	Baleira (LU)
103A	Teixo da Casa de Tenreiro	Taxus baccata L.	Casa de Tenreiro-Pontedeume	Pontedeume (C)
104A	Tuia Xigante do Pazo de Torres Agrelo	Thuja plicata Don ex D. Don Pazo de Torres de Agrelo	Redondela (PO)
105A	Tileiro Prateado da Alameda do Campo da Estrela Tilia tomentosa Moench	Alameda do Campo da Estrela	Santiago de Compostela (C)
106A	Washingtonias Robustas do Pazo de Santa Cruz	Washingtonia robusta H.Wendl.	Xardín do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla	Vedra (C)


ANEXO II
Formacións senlleiras


1F Buxal da Casa da Botana Buxus sempervirens L. Casa da Botana Arzúa (C)
2F Buxal do Pazo de Santa Cruz Buxus sempervirens L. Pazo de Santa Cruz Vedra (C)
3F Buxal do Pazo de Oca Buxus sempervirens L. Pazo de Oca A Estrada (PO)
4F Castiñeiros Xaponeses e Chineses do Pazo de Lourizán Castanea crenata Sieb. & Zucc.; Castanea mollisima Blume Mill. Pazo de Lourizán Pontevedra (PO)
5F Fraga de Catasós Castanea sativa Mill.; Quercus robur L. Pazo de Quintela Lalín (PO)
6F Souto de Rozabales Castanea sativa Mill. Souto de Rozabales Manzaneda (OU)
7F Carreira de Eucaliptos do Pazo de Barrantes Eucalyptus globulus Labill. Pazo de Barrantes Ribadumia (PO)
8F Eucaliptos do Pazo de Rubiáns Eucalyptus globulus Labill. Pazo de Rubiáns Vilagarcía de Arousa (PO)
9F Souto da Retorta Eucalyptus globulus Labill. Souto da Retorta Viveiro (LU)
10F Cipreses de California do Xardín do Malecón Cupressus macrocarpa Xardín do Malecón Ortigueira (C)
11F Mirtos do Pazo de Mariñán Myrtus communis L. Pazo de Mariñán Bergondo (C)
12F Retícula de Oliveiras do Pazo de Santa Cruz Olea europaea L. Pazo de Santa Cruz Vedra (C)
13F Palmeiral Canario dos Xardíns de Méndez Núñez Phoenix canariensis Hort. ex Chabaud Xardíns de Méndez Núnez A Coruña (C)
14F Palmeira do Senegal do Xardín Artístico de Padrón Phoenix reclinata Jacq. Xardín Artístico de Padrón Padrón (C)
15F Plátanos de Sombra do Pazo de Mariñán Platanus hispanica Mill ex Muenchh. Pazo de Mariñán Bergondo (C)
16F Plátanos de Sombra do Paseo do Espolón de Padrón Platanus hispanica Mill ex Muenchh. Paseo do Espolón Padrón (C)
17F Carballeira de Caldas de Reis Quercus robur L. Parque de Caldas Caldas de Reis (PO)
18F Carballeira de San Lourenzo de Trasouto Quercus robur L. San Lourenzo Santiago (C)
19F Teixedal de Casaio Taxus baccata L. Teixedal de Casaio Carballeda de Valdeorras (OU)
20F Cerreira dos Tileiros do Pazo de Oca Tilia platyphyllos Scop. Pazo de Oca A Estrada (PO)
21F Olmos do Xardín de San Carlos Ulmus x hollandica Mill. Xardín de San Carlos A Coruña (C)

Páxinas de interés:

DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 74 L Martes, 17 de abril de 2007
Catálogo de Árbores Senlleiras
El 'Comité de árbores senlleiras' incorpora tres nuevos ejemplares
Árboles centenarios en España
Protección da biodiversidade e o dereito ambiental de Galicia:
comentarios á lei galega 9/2001 de conservación da Natureza(I).

Espacios protexidos
Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.
Investigadores de la Universidad de Santiago realizan un estudio sobre 120 árboles y formaciones singulares de Galicia (pdf.)
Medio Rural prepara a ampliación do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia
¿Que se considera unha árbore ou unha formación senlleira?
Listaxe de árbores senlleiras

Libros:

Libros sobre árboles en España

Bibliografía sobre ecología, botánica, árboles y arbustos


Guía das árbores autóctonas e ornamentais de Galicia

Marisa Castro, Antonio Prunell e Jaime B. Blanco-Deus
Edicións xerais de Galicia
ISBN: 978-84-9782-645-7

ARBOLES Y ARBOLEDAS HISTÓRICAS DEL MUNICIPIO DE CALDA DE REIS. Rodríguez Dacal, C. (2002). Santiago de Compostela.

CATALOGO DAS ARBORES SINGULARES DO CONCELLO DE VIGO. Fernández, J. , Mosquera, M. R. & Rigueiro, A. (1998). Ayuntamiento de Vigo.

CATALOGO DAS ÁRBORES SINGUALRES. Jesús L. Fdez. y Antonio Figueiro (2001). Ayuntamiento de Vigo.

ARBOLES MONUMENTALES EN EL PATRIMONIO CULTURAL DE GALICIA. 2 vol. Carlos Rodríguez & Jesús Izco (2003) Xunta de Galicia

-ARBOLES Y ARBUSTOS DE LOS JARDINES DEL FERROL. Leira,M.J. (1990). Concello de Ferrol.

ARBOLES Y ARBUSTOS EN LOS JARDINES DE PONTEVEDRA. Porta,M. et al. (1990). Diputación Prov.Pontevedra.

AS ARBORES DE COMPOSTELA. Cid,R.& Chouza,M. (1982). Ayto. de Santiago.

GUIA DAS ARBORES E BOSQUES DE GALICIA. Silva,F.J.& Rigueiro,A. (1992). Edit.Galaxia.

GUIA DAS ARBORES DE GALICIA. Castro,M.et al. (1990). Edicions Xerais.

GUIA DAS ARBORES DE GALICIA. Henrique Niño Ricoi y Carlos Silvar (1997). Guía da natureza bahia verde nº 8, Bahia Edicións

NARÓN EN VERDE. ARBORES. Asoc. Juvenil de Tiempo libre CRIOIO. A Coruña.

Os segredos das árbores (pdf.) se Susana Domínguez lerena

Escrito por Xisbe a las 11:26 AM | Comentarios (3)

6 de Enero 2010

775

Monumentos arbóreos, arbres monumentais e sagradas.

The Major Oak na wikipedia
"Beautiful Banyan", Thailand's oldest and largest banyan tree
Angel Oak in Charleston(South Carolina, EE.UU.) na wikipedia
O maior cajueiro do mundo, en Natal, Brasil. A arbre foi plantada en 1888 por Luiz Inácio de Oliveira e ocupa umha extensión de 7500 m2, con un perímetro de perto de 500m.
Treaty Oak (Austin, Texas)
Agathis australis (New Zealand Kauri). Tāne Mahuta
Wawona Tree in Mariposa Grove, Yosemite National Park
Linde von Linn (Tilia cordata), en Suiza
A Wollemia descoberta en 1994 no Wollemi National Park en New South Wales, a 150 de Sydney, pode medrar até os 40 m.
The Senator é un Bald Cypress, localizado no Big Tree Park, Longwood, Florida
Dragos de sangue vermello de Socotra, Iemen
Arbre xigante de Kabirvad, India
Kings Lomatia, Lomatia tasmanica, de 43.000 anos de edade?
Un bar dentro dun baobab, en Limpopo, South Africa, ¿será que isto é un monumento arbóreo?
O vello veterano de Punta Lobos en Monterrey, California
Mysterious Tree in Andhra Pradesh. India. ¿Será?
Sarv-e-Abarqu en Abarqu, Yazd, Iran, na wikipedia, de 4.000 anos
Jacarandás en Zimbabwe
A oliveira de Ano Vouves no concello de Kolymbari na prefectura de Chania en Creta, Grecia, de 3.000 anos e aínda dando olivas. Ou outra en Pedras d'El Rei Ou unha Olea europea en Cerdeña, chamada Ozzastru, en Santu Baltolu di Carana.
The Sacred Jaya Siri Maha Bodhi in Anuradhapura, en Sri Lanka, reconhecido pelos hinduístas como a figueira mas antiga do mundo, plantada no ano 288 d.C. segundo a wikipedia, pero como algúns saben hai outras figueiras sagradas polo mundo adiante.
As sequoias teñen unha boa colección de arbres monumentais: Atwell Mill Grove é só un deles, nin siquer o máis famoso, este título danllo os norteamericanos ao General Sherman, unha Sequoiadendron giganteum. Pero non é a máis alta só a de maior volume. A máis alta é a chamada Hyperion No Parque Nacional Redwood, unha Sequoia sempervirens de 115,55 metros.
A Arbre de Tule en Oaxaca, México, é un ciprés de Moctezuma ((Taxodium mucronatum) ou ahuehuete en nahualt. Máis de 36 metros de circunferencia do tronco.
Pero alto, porque esto sobrepasa a diversión para convertirse nun relatorio exahustivo e non estou pola labor. Hai moitas listas: dos máis grandes, os máis vellos, os máis lindos ou os mais significativos
Por exemplo Neatorama sacou unha lista no 2007, que foi o punto de partida disto, que é pequena, ben documentada e do máis interesante.
Unha colección de fotos das sequoias.
As doce arbres máis magníficas do mundo.
A lista das arbres máis vellas do mundo
Cinco vellas arbres
A wikipedia tamén ten a sua lista de arbres máis vellas
Exceptional Trees e algunhas fotos
Individual treesTopics
Árboles monumentales y singulares
E máis si un quere seguir aprendendo. Só deixar de último o que agora se di que é a arbre máis vella do mundo, en Suecia e que destronou a Prometheus 5 000 anos , en Nevada EE.UU (un científico taladrouno para saber a edade e acabou con el) e a Methuselah , un Pinus longaeva de 4.8000 anos, nas White Mountains de California.
En España o máis coñecido debe ser o Drago milenario de Icod de los Vinos, Tenerife.
Árboles centenarios en España
Árboles singulares y monumentales
Só faltan os galegos, polo que vos invito a comunicar os que coñezades ou a publicar nas vosas páxinas e mandarme un aviso para que poda poñer unha ligazón.
Sendo como son monumentos debería haber fotografías neste post pero quen as queira que as busque porque hainas a miles nas páxinas que linquei aquí.

Escrito por Xisbe a las 1:22 AM | Comentarios (0)

23 de Diciembre 2009

The Tree Circus

Supoño que o que para uns é arte, para outros é simple manipulación, para algúns xardinería/silvicultura ou aínda haberá quen pense que isto é tortura. por unha vez vou ficar sen tomar partido e vou deixar a cousa coma unha curiosidade que dá que pensar a máis de un.
sharpedtrees.jpg
Escrito por Xisbe a las 11:58 PM | Comentarios (0)

21 de Diciembre 2009

A orquídea máis pequena

smallestorchid.jpg
Smallest orchid in the world found by accident (well it is only 2mm wide)
Recentemente un botánico (Lou Jost) descubriron en Ecuador unha orquídea de pouco máis de 2 mm.
Atopouna por casualidade ao observar unha planta que crecía entre as raíces dunha planta que tiña recolectado do Cerro Candelaria nos Andes do Leste.

Escrito por Xisbe a las 1:22 PM | Comentarios (0)

3 de Mayo 2008

Drakaea: Orquídeas martelo

¿Que terá de interesante este grupo de orquídeas martelo? Para empezar a folla, de forma máis ou menos redonda. Para continuar a cor do labelo e o cheiro: din que a carne crua, aínda que non din carne de qué. Supoño que a ninguén se lle escapa o porqué do nome, non hai máis que ver as fotos. Nace en Australia arredor de Perth e espero ter a oportunidade de facerlle fotos algunha vez. Como curiosidade hai quen a coloca entre unha das 8 plantas máis raras da naturaleza.
drakaea.jpg
Escrito por Xisbe a las 2:15 AM | Comentarios (0)

15 de Febrero 2008

Iris sen identificar


Iris sen identificar
Cargado originalmente por xisbe
Ésta foi a outra novedade, un iris moi abundante, sen tallo practicamente e diferente, non sei si plano que parece ser importante para a identificación. É diferente do Iris planifolia (confundírao con Iris lutescens que aparece non lonxe de onde atopei éste, un queimado de fai uns anos, de camposa e de pedra caliza, onde por certo atopamos un fósil sen o buscar, nada do outro mundo..
Dubido que sexa unha Iris graminea pero por decir algo.
Bon se alguén se atreve a identificalo sería de agradecer, si volto por alí­ tratarei de saber máis. PD (unhas horas despois): Para descartar/confirmar Iris planifolia fun até o lugar onde as fotografei a outra vez. E si, son cuspidiñas, son as mesmas, polo tanto fora misterios: fica con o nome de Iris planifolia.
Escrito por Xisbe a las 5:08 PM | Comentarios (0)

Arisarum vulgare


Arisarum vulgare
Cargado originalmente por xisbe
Antonte fixen a primeira saída ao monte coa vaga idea de atopar unha orquídea nova, destas de cedo, tal vez unha Orchis papilionacea ou unha Ophrys bombiliflora que os libros din que nacen por estas terras, pero só atopei Barlia robertiana a esgalla. Pasei e repasei un alto no que esperaba ver algo diferente e si apareceu mas non orquídea. Foi este Arisarum vulgare, coma un dedo opequeniño de grande que identificou Otero. Fora disto, e dunha maravillosa paisaxe nun día de primavera, os Iris que poño a seguir e que tamén teño sen identificar.
Escrito por Xisbe a las 4:52 PM | Comentarios (0)

12 de Febrero 2008

Á beira do Río Forxá

erithronium.jpg
Sei de boa fonte que o Erithronium dens-canis xa florea pola beira do Río Forxá.
Escrito por Xisbe a las 11:12 PM | Comentarios (0)

19 de Noviembre 2007

Orquídeas galego-portuguesas 10: Orchis coriophora

coriophora2.jpg
Orchis coriophora, en este caso Orchis fragans fotografada na zona oriental de Ourense
Para algúns é unha especie e duas variedades ou subespecies, para outros son duas especies claramente diferenciadas: Orchis fragans e Orchis coriophora subsp. martrinii. ¿Diferencias? Pois a Orchis fragans arrecende ( a vainilla) e a Orchis coriophora subsp. martrinii non cheira ou cheira mal, a primeira ten as follas máis lineares e as flores máis claras e a segunda tenas un pouco máis anchas e as flores máis oscuras. A primeira sería máis facil atopala en substratos variados de preferencia alcalina e a segunda e a segunda een substratos ácidos. Até xeneticamente son diferentes segundo din algúns (Todos estos datos están sacados do libro Guía das Orquídeas de Galicia de Carlos Cortizo e Elvira Sahuquillo). Para min son moi parecidas e en Portugal só atopei a O. Fragans (digoo polo tipo de sustrato e o lugar (Beira Litoral)onde as achei porque de apariencia e olor eran de todo tipo). Din que tamén crece na zona centro e sur (interior). A Orchis coriophora subsp. martrinii na rexión minhota e Trasmonte. En Galicia: A O. Fragans haberá que buscala na comarca de Valdeorras en pasteiros ou en mato baixo en zonas de luz. A Orchis coriophora subsp. martrinii en prados húmidos en Lugo. Pontevendra e oriente ourensán.
Escrito por Xisbe a las 10:20 PM | Comentarios (0)

25 de Septiembre 2007

Orquídeas galego-portuguesas 9: Ophrys tenthredinifera

tenthredinifera070307.jpg 1.-Ophrys tenthredinifera, 07/03/2007, perto de Condeixa, distrito de Coimbra
A Ophyrs tenthedinifera só aparece en Portugal, (que saiba no hai ningunha cita en Galicia), no Alto Alentexo, Algarve, Beira Alta, Beira Litoral, Extremadura e probablemente no Ribatexo. As miñas fotos son da Beira Litoral e Extremadura. Como na maior parte dos casos hai quen lle da outro nome: Ophrys ficalhoana. Isto é bastante frecuente na nomenclatura das orquídeas, parece que cada autor reclamase a sua cuota de bautismo, todos queremos sair na foto. Tamén hai quen fala de subespecies: ficalhoana e praecox, fica para os científicos É das primeiras en sair, a principios de Marzo pódense ver as primeiras, normalmente a plena luz, en sitios calizos (é onde eu as atopei con máis frecuencia), anque os de Flora Ibérica din:
...pastizais, claros de mato baixo e fragas, tanto en sustrato básico como ácido, de preferencia básico e areoso.
Floración entre Marzo e Maio.
Escrito por Xisbe a las 3:30 PM | Comentarios (0)

4 de Septiembre 2007

Orquídeas galego-portuguesas 7: Neottia nidus-avis

neottia120507.jpg 1.-Neottia nidus-avis, 12/05/2007 , O Caurel
Cando nos puxemos serios nisto de procurar orquídeas a Neottia nidus-avis era unha das que pensamos sería máis difícil de encontrar. Ao final foi pouco menos que chegar e encher. Perto de onde tíñamos deixado o coche e despois de buscar un pouco apareceu esta maravilla que nun principio estivemos a punto de confundir con un Orobanche. Só crece a partir de 700 ou 800 metros en O Caurel, Ancares e Pedrafita, (agora andan decindo que tamén en Viana do Bolo e Trives), anque en Portugal dáse na Serra do Buçaco que non chega aos 550 metros (ponse en dúbida que sexa autóctona e pensan que poido ser levada con alguma das arbres que plantaron no século XVII os carmelitas cando fixeron o mosteiro de Santa Cruz). O seu nome débese á forma de niño dos rizomas entrelazados (nunca os vin), ten a particularidade de ter un color palla e deitar un néctar (non é frecuente nas orquídeas galego-portuguesas). Máis curioso aínda son as citas que falan de floración subterránea. É unha orquídea para buscar baixo quercus (tipo carballo como o rebolo) ou nos soutos ou á sombra das arbres, en chan de substrato calcáreo. Florece de fins de Maio até Xullo aínda que esta foi fotografada antes.
Escrito por Xisbe a las 11:37 PM | Comentarios (0)

27 de Agosto 2007

Orquídeas galego-portuguesas 6: Serapias lingua

lingua120507.jpg 1.-Serapias lingua, 12/05/2007, perto de Moreda- O Caurel
Das orquídeas máis comúns e unha das primeiras que vin, sin saber que eran orquídeas, cando chegaba o tempo da herba seca. Meu pai dáballes a estas e a outras o nome de galos e galiñas pero non sei si correspondía a parviflora, lingua ou cordigera, inclínome polas duas primeiras porque na miña zona nunca vin cordigera. Presente nas catro provincias galegas desde o nivel do mar até máis de 1.000 metros, a plena luz, nos prados, campas, nas clareiras dalgún mato baixo e até nas brañas. Distínguese das duas citadas anteriormente por unha especie de calo que ten na entrada do hipoquilo, a cordigera e a parviflora practicamente non teñen (moi pouca cousa). En Portugal disque lle chaman erva-lingua e pódese atopar no Algarve, Beira Alta, Beira litoral, Baixo Alentejo, Douro Litoral, Extremadura, Ribatejo e rexión trasmontana, en zonas húmidas: brañas, prados e areais marítimos. Florece de Abril a Xullo.
Escrito por Xisbe a las 10:21 PM | Comentarios (2)

21 de Agosto 2007

Orquídeas galego-portuguesas 5: Orchis Italica

italica120507.jpg 1.-Orchis italica, fotografada na cuneta dunha estrada de O Caurel o 12/05/2007
Outra orquídea de "raparigos" ou "aforcados". O labelo ten unha semellanza de forma con a Aceras antrhopophorum pero a cor é diferente, de esbrancuxado a rosa intenso Ligada tamén aos terreos calizos só se atopa en Galiza no Sudeste de Lugo e Noreste ourensán ( no tomo XXI de Flora Ibérica do CSIC din que tamén crece en substratos silíceos). En Portugal está presente no Alto Alentejo, Algarve, Beira Alta, Beira Litoral, Extremadura e Ribatejo. Onde medra é abundante, sobre todo prados e clareiras de mato baixo, entre 300 a algo máis de 1000 metros, desde fins de Marzo até Xuño.
Escrito por Xisbe a las 1:27 AM | Comentarios (0)

17 de Agosto 2007

Orquídeas galego-portuguesas 4: Aceras anthropophorum

aceras050507.jpg 1.-Aceras anthropophorum, 5/05/2007, no municipio de Rubiá
É unha das primeiras orquídeas que atopei en Portugal, cando aínda buscaba sen saber si existían, ¡ignorante de min!. Abundante, nos sitios onde medra, gosta dos substratos con caliza. Pódese encontrar entre on nivel do mar e a máis de 1000 metros, en Galicia debido á localización das zonas calizas é raro vela abaixo de 400 m., en campas, cunetas, mato baixo ou nas lindes de piñeirais, gosta da luz. En português coñécese por rapazinhos ou erva do homen enforcado debido á forma do labelo que semella ter brazos e pernas, descoñezo si popularmente é nomeada dalgún xeito en Galiza. Na nosa terra pódese buscar, entre abril e xullo, en Valdeorras, Caurel, Pedrafita, Ancares e en Portugal nos distritos do Algarve,Beira Baixa, Beira Litoral, Extremadura e o Ribatejo. Non é difícil ver híbridos con Orchis italica.
Escrito por Xisbe a las 5:12 PM | Comentarios (0)

15 de Agosto 2007

Orquídeas galego-portuguesas 3: Dactylorhiza maculata

maculata15.jpg 1.-Dactylorhiza maculata, 14/07/2007 no concello de Pedrafita
É unha das orquídeas máis comúns que se poden atopar en Galicia.Está presente nas catro provincias e aparece en todo tipo de sustratos, atopeina en altitude e ao nivel do mar. É moi varible na cor da flor, desde o fucsia intenso até o blanco, casi sempre ten unhas pintas no labelo máis oscuras así como nas follas basais, pero nin sempre. Fálase de moitas subespecies, caramulensis, ericetorum, elodes, maculata, as duas primeiras estarían presentes en Portugal e as catro foron citadas en Galicia. Normalmente é tan variable que se poden atopar exemplares de caracteristicas misturadas no mesmo local. Aínda por encima, á primeira ollada, pódese confundir con D. Elata. Florece entre maio e xuño, normalmente a plena luz e en locais húmidos.
Escrito por Xisbe a las 2:04 AM | Comentarios (0)

13 de Agosto 2007

Orquídeas galego-portuguesas: 2.- Gymnadenia conopsea

gymnadenia12.jpg 1.-Gymnadenia conopsea, 14/07/2007 perto dunha canteira de caliza en Pedrafita
Conops, leo no libro Guía das Orquídeas de Galicia de Carlos Cortizo e Elvira Sahuquillo, significa mosca ou mosquito, supoño que en grego antigo e se lle deu este nome polo parecido, que eu non lle vexo por ningún lado. Estes autores din que o mome galego é lumbrín. En Galicia é fácil de atopar en Pedrafita e no Caurel e disque tamén medra no Xurés e na Capelada. En Portugal só na Serra do Gerês (Xurés) no lugar de Borrageiro, suponse que está en vías de extinción(iso di João de Amaral Franco e Maria da Luz da Rocha Afonso no libro Nova Flora de Portugal, Volume III, fascículo III) Floración: tardía entre xuño e xullo. Podese atopar entre 300-1200 metros de altitude, a plena luz, en prados e camposas, máis frequente sobre calizas.
Escrito por Xisbe a las 1:46 AM | Comentarios (0)

10 de Agosto 2007

Orquídeas galego-portuguesas: 1.- Ophrys apifera

apifera.jpg 1.-Ophrys apifera, 14/07/2007 nunha zona de trasduna de Corrubedo
Comenzamos a colección de orquídeas galegas com unha Ophrys apifera, presente nas catro provincias galegas nas zonas costeiras e nas zonas calizas de Ourense e Lugo. En Portugal pódese encontrar no Alto Alentejo, Algarve, Beira Litoral, Extremadura e Trasmonte (eu, de momento, só a atopei na Beira Litoral e Extremadura). O nome galego é abelleira común e en português é abelheira, erva-abelha, abelha-flor e outros. A ninguén a ouvín citar por eses nomes, nin en Galicia nin en Portugal. Florece entre maio e xuño. Medra a unha altitude entre o nivel do mar e os 800 metros en zonas de trasduna e campas ou prados de zonas calizas, a plena luz ou con poucas sombras.
Escrito por Xisbe a las 6:32 PM | Comentarios (0)

26 de Julio 2007

Orquídeas

Coa chegada de Agosto penso facer uns post coas distintas orquídeas galegas que levamos fotografadas, esperemos que Xiom bote unha man. Aínda faltan unhas cantas pero xa son menos.

Escrito por Xisbe a las 1:11 AM | Comentarios (1)

31 de Mayo 2007

Achádegos impresionantes

Ana mándame estas fotos de orquídeas co seguinte texto:
Viña de currar e vin isto desde o coche, antes de chegar a Begonte e vindo de Vilalba ao pasar a ponte do Ladra...Impresionante!!! Eu non as buscaba, atopáronme a min(traducción casi literal).


P1020312.jpg
Serapias cordigera
lingua.jpg
Serapias lingua
P1020395.jpg
Dactylorhiza elata 1
P1020398.jpg
Dactylorhiza elata 2

Teño dúvida con unha que me mandou, pode ser D. elata, habería que ver as follas, as da D. maculata son manchadas.

Escrito por Xisbe a las 1:15 AM | Comentarios (2)

1 de Mayo 2007

Fotos da Lastra, por Ana

O domingo 22 voltaron á Lastra e trouxeron unha boa colheita. Como Xiom ten a Internet con problemas de saúde (queimouno) non puido facer crónica, polo que Ana mandoume unhas fotos excelentes e eu non me enterara.

aceras_anthropophorum_1_2.jpg

Aceras anthropophorum

dactylorhiza_markusii_1_2.jpg

Dactylorhiza Markusii

limodorun_abortivum_3_2.jpg

Limodorun abortivum

ophrys_scolopax_albina_1_2.jpg

Ophrys scolopax albina

ophrys-scolopax-1_2-1.jpg

Ophrys scolopax

orchis_italica-1_2.jpg

Orchis italica

orchis_provincialis_1_2.jpg

Orchis_provincialis?

A ver si podo ir para a semana porque esta xente estame poñendo os dentes longos.
Gracias Ana, a próxima vez tes que facer ti a crónica.

Escrito por Xisbe a las 2:15 AM | Comentarios (5)

2 de Abril 2007

Flores de Marzo

Non son as únicas que fotografei e moito menos as que atopei, son as que fixen e foron identificadas (con excepción da linaria que xa é tradición por linarias nesta páxina, e o caso do narcissus que creo que dubida o 90%). Non puxemos aquelas que son máis coñecidas ou que xa apareceron nesta páxina, (caso aparte son as orquídeas que repetiremos unha e outra vez). Seguramente que Xiom ten moitas máis e identificadas, pero o traballo non lle permite dedicar moito tempo á edición das fotografías, esperemos que teña uns minutos e nos poda ofrecer as suas maravillas. Espero as vosas correccións e suxerencias.

barlia-robertiana.jpg
Barlia robertiana, fotografada en Mira D'Aire, distrito de Leiria, área centro de Portugal, moi común

denscanis.jpg
Erithronium dens-canis, fotografada en Guitiriz-Lugo

narcissus.jpg
Narcissus pseudonarcissus?, cantabricus? asturiensis?, en Cospeito-Lugo

orchis-champagneusei.jpg
Orchis champagneusei, perto de Minde, distrito de Leiria, Portugal

romulea0307.jpg
Romulea bulbocodium, en Cospeito-Lugo

Geranium-Sanguinum17032007.jpg
Geranium sanguinum, perto de Rubiá-Ourense

linaria2.jpg
Non sei o apelido desta fermosa linaria que atopei perto da Soalheira- Fundão, Portugal

Linaria-Amethystea.jpg
Linaria amethystea, perto de Rubiá-Ourense

conica1.jpg
Orchis conica, perto de Minde, distrito de Leiria, Portugal

digitalis_thapsi.jpg
Digitalis thapsi, perto de Castelo Branco, Portugal

ottdfr3.jpg
Ophrys tenthredinifera, perto de Rabaçal-Coimbra-Portugal

kipaibeliana.jpg
Viola Kipaibeliana, perto de Rubiá-Ourense

muscaricomosum.jpg
Muscari comosum, perto de Rubiá-Ourense

Escrito por Xisbe a las 2:32 PM | Comentarios (5)

26 de Febrero 2007

guía para identificar plantas silvestres

findflowers.jpg

Unha guía en inglés para identificar plantas silvestres ( ¿ou debería decir bravas?).

Escrito por Xisbe a las 8:54 PM | Comentarios (4)

base de datos dos nomes populares das plantas

multilingual.jpg
Unha base de datos dos nomes populares das plantas en máis dunha ducia de idiomas europeos. Excusado decir que non está o noso.

Escrito por Xisbe a las 8:46 PM | Comentarios (0)

29 de Enero 2007

Botanical Artist

botanicalartist.jpg
Botanical artists
Escrito por Xisbe a las 2:05 PM | Comentarios (0)

14 de Diciembre 2006

Guía das orquídeas de Galicia

Recibo unha noticia agridoce por parte de Xiom: Foi publicada unha guía das orquídeas de Galicia. Autores: Elvira Sahuquillo y Carlos Cortizo, profesores da Universidade de A Coruña ( polo menos cando soupen do traballo sobre orquídeas do que temos falado tanto e que nos servía de faro). Agridoce porque era a nosa intención publicala e porque finalmente se comenza a presentar en serio estudios sobre a natureza galega.
As especies pasaron de 36 a 40 e no artigo en La Voz falan de que atoparon unha endémica de Galicia, variedade da Dactylorhiza sambucina: a D. cantabrica foi o nome que lle deron.
Felicito aos autores, comprearei o libro do que espero aprender moito e tentarei seguir facendo fotos para máis adiante, calquer día, publicar unha guía fotográfica que millore o publicado até entón.

Escrito por Xisbe a las 12:48 AM | Comentarios (2)

10 de Diciembre 2006

panteek.com: Botanical Prints

botanicalprints.jpg
Excelente colección de ilustraciones antiguas de plantas de moi diversos autores.
Escrito por Xisbe a las 10:42 PM | Comentarios (1)

3 de Diciembre 2006

Máis fotos para identificar

Tiven que pasar unha polo PHTSP para separala do resto das plantas as outras son detalles, folla, flor e fruto:

plantavexiga.jpg
follavexiga.jpg
florvexiga.jpg
frutovexiga.jpg

Escrito por Xisbe a las 1:29 AM | Comentarios (2)

29 de Noviembre 2006

Axuda para identificar

Atopei estas plantas nun baldío no medio dunha morea de datura como nunca tal vin, a marxen esquerda do Mondego a altura da Avenida de Conimbriga está completamente inzado delas. A planta en cuestión mide entre 30-50 cm., con follas similares na forma ás do estramonio pero máis longas e máis estreitas en proporción, porque no tamaño son ben máis pequenas. O fruto ten unha circunferencia entre unha moeda de 50 c. a 2€ e a flor é moi pequena como unha de 2 c.Se non chega coa foto terei que facer outras pero unha da planta enteira é difícil porque se perde no medio das outras.


identificar.jpg
Escrito por Xisbe a las 8:17 PM | Comentarios (3)

1 de Noviembre 2006

Orquideomanía

otfera.jpg
Xa todos saben a nosa predilección polas orquídeas pero hoxe vamos dar una pequena volta para mostrar as especies tropicais ou polo menos tres das páxinas máis interesantes pola cantidade de información sobre orquídeas. Tamén hai fotos. Son especialmente apropiadas para identificar especies, así que xa sabedes cando vaiades a Costa Rica ou ao Amazonas ou ao mercado non vos esquezades de levar estes enlaces para consultar as flores atopadas ou pasarse por Flickr onde hai para dar e tomar. Orchidphotos OrchidMania Orchidspecies Hai moitos máis sitios pero espero que mos digades vos. E que ninguén se esqueza do nosa estrela oriental, o inigualable Dr. Tanaka.
Escrito por Xisbe a las 10:42 PM | Comentarios (0)

15 de Octubre 2006

Ecballium elaterium

ecballium.jpg
Estos días que estiven por ahí fun visitar a miña cidade e pola zona que chaman Monte Alto, perto do mar, atopei este "pepinillo del diablo" (non sei si ten nome galego*), de nome científico Ecballium elaterium. Aparece moito en baldíos e ten un fruto do tamaño de un dedo con forma de pepino cheo de pelos.

*Xermán nos comentarios dinos unha chea deles.

Escrito por Xisbe a las 11:46 AM | Comentarios (2)

15 de Septiembre 2006

Manipula que algo queda

flow.jpg Haberá que esperar tempos millores, mentras chegan manipularemos a realidade á nosa comenencia
Escrito por Xisbe a las 12:54 AM | Comentarios (0)

12 de Agosto 2006

Plantas carnívoras ou insectívoras?

dros.jpg
O día 27/07/2006 Xiom poñía aquí unha foto dunha Pinguicula lusitanica que atopou nunha barreira abandonada e eu atopei estas duas páxinas sobre plantas insectívoras que poden ser interesantes: unha de fotos e outra en español sobre as distintas plantas aínda que me parecen poucas especies,¿estarán todas?
Escrito por Xisbe a las 10:52 PM | Comentarios (4)

11 de Julio 2006

O que é?

07072006001.jpg Nome apelidos e carnét de identidade. ¿Alguén sabe?
Escrito por Xisbe a las 5:57 PM | Comentarios (0)

10 de Junio 2006

Erodium maritimum

Galicia-Hoxe

Destrúen nas Cíes un raro tipo de herba que só queda xa en Teixido
Os ecoloxistas denuncian que unhas obras nas Cíes destrúen a única poboación da herba "Erodium maritimun" que existía no Parque das Illas Atlánticas

Que se pode esperar de quen por planta entende a superficie construible e por verde cor do diñeiro. Que se pode esperar de quen entende que progreso significa tirar para diante pase o que pase e si da votos millor. "Tampoco es para ponerse así que desaparezca una planta más."
Informan con pouco rigor, o Erodium maritimum e unha xerianácea (da mesma familia que os alfinetes ou herba de San Roberto), de entre 5-18 cm , de pétalos rosas ou brancos que nace en sitios rochosos do litoral (información sacada do Atlas clasificatorio de la flora de España peninsular y balear de Mariano García Rollán).

Escrito por Xisbe a las 11:07 PM | Comentarios (0)

1 de Junio 2006

Epipactis tremolsii


Epipactis tremolsii
Originally uploaded by xisbe.
Son tan parecidas algunhas das flores das Epipactis que me resulta difícil decir cal delas é aínda que me atrever&@37;a a decir que é Epipactis tremolsii. Para algúns unha subespecie de Epipactis helleborine e para outros unha especie diferente. Cortizo&Sahuquillo, autores de ese traballo sobre orquídeas galegas que tantas e tantas veces levamos citado (xa parece a miña biblia de orquídeas galegas) din que a tremolsii aparece en aciñeirais, pastizais e mato baixo tipo mediterránico, en lugares soleados e terreos calcáreos e a helleborine daríase en calquer tipo de sustrato e en lugares sombreados. Neste caso, a planta foi fotografada perto de Cantanhede, na Beira Litoral portuguesa, na beira dun eucaliptal ao pé da estrada. Os de Flora Ibérica e os de Micología.net considéranas especies diferentes.
Esta será probablemente a última especie de orquídea que atope este ano en Portugal, polo menos así foi en anos pasados e non penso que vaia lonxe a procuralas, veremos si en Galicia en algunha escapada podo atopar algunha outra.
Escrito por Xisbe a las 12:17 AM | Comentarios (2)

18 de Mayo 2006

Epipactis helleborine. Portugal 17/05/2006 Finalmente onte poiden dar unha voltiña para facer fotos. Iba con idea de ver unhas plantas que me chamaran a atención cando viña de traballar de Castelo Branco o martes á tarde. Perto da estrada vin o que me pareceu ter unha forma de orquídea e que despois cain na conta de que moi probablemente fose un gladiolo, non cheguei a ir ata o punto exacto onde as vira por ser un tanto lonxe e estar convencido de estar enganado. O que si fixen foi parar á volta para ver as Epipactis porque xa facía días que non pasaba por alí. Atopei uns 25 pés a maior parte completamente desenvolvidas. Tiña un pouco de receio de que non houbese moitas porque este ano araron para semellar chícharos e tremoços. Algún botánicos distinguen duas subespecies e outros duas especies: Epipactis helleborine subs. helleborine (Epipactis helleborine) e Epipactis helleborine subs. tremolsii (Epipactis tremolsii). A helleborine aparece en sitios con sombra e con sustrato diverso e a tremolsii dase en lugares soleados en aciñeirais, pastizais e matorrais de tipo mediterránico.
Escrito por Xisbe a las 9:17 PM | Comentarios (0)

16 de Mayo 2006

Epipactis palustris

epipactis.jpg
Epipactis palustris. Foto de Xermán.
Recibín unha maravillosa noticia de Xermán, autor do blog Natureza dixital. Nun correo que me mandou venme a decir que hai orquídeas en Corrubedo, (Spiranthes aestivalis, Dactylorhiza elata, Ophris apifera, Serapias cordigera, lingua e parviflora), e entre elas Epipactis palustris, unha das máis fermosas orquídeas galegas, da que me manda unha foto. Tentaremos fotografala este ano. Gracias Xermán.
Escrito por Xisbe a las 12:12 AM | Comentarios (0)

14 de Mayo 2006

Ophrys apifera

apifera58ent.png
Ophrys apifera, Coimbra 2006
Cando me fun em Abril estaban a punto de sair e agora é a explosión. Onte atopei unha nun sitio novo ao que fun, e despois achegueime a Coimbra a fotografar as do hospital, que están expléndidas en cantidade e fermosura, algunhas tan grandes coma esta de 40 cm. chea de flores. Foi a primeira vez que vin unha abella a pousarse nelas pero non deu tempo a rexistralo. Este ano non houbo sega aínda no hospital e por iso hai tantas pero poiden constatar que hai quen as arrinca porque encontrei algunha cortda, sobre todo nunha zona de paso concorrida onde o ano pasado había varios exemplares grandes. Non deben de saber que son especies protexidas aínda que tamén acredito que a algúns tanto lles ten: "...si lo quiero lo tengo y los demás que se jodan..." oínlle unha vez a alguén nunha situación polo estilo. Para min é probablemente a raiña das Ophrys. En Galicia tamén hai, Xiom atopou algunha o ano pasado na Costa de Lugo e segundo os libros hainas en algún outro sitio, polo menos en A Coruña pódese atopar no Norte e perto dalgunha praia; e en Ourense e Pontevedra tamén aparece nalgún lugar que outro aínda que non hai moitas citas. Como dizen os portugueses: "São um espectáculo".
Escrito por Xisbe a las 9:00 PM | Comentarios (1)

8 de Mayo 2006

Novo proxecto 1

morio11.jpg
Orchis morio
Veño de visita-la terra, de rever familia e amigos, de sair ao monte para facer fotos un día si e outro tamén, unha enchenta. Veremos si pouco a pouco podemos poñer cousas. O Clop vai continuar con forza, con novos membros, Eva, que espero nos deleite de aquí a pouco con un post. Temos entre mans un novo proxecto, máis ben habería que decir que lle damos
morio22.jpg
Detalle de Orchis morio
forma ao noso proxecto das orquídeas, a nosa teima de dar a coñecer as 36 especies de orquídeas galegas, temos intención de facer unha publicación divulgativa, somera e a ser posible amena, que ninguén espere un tocho científico, vamos ver se somos capaces, si o tempo e a saude nos axudan e si non perdémo-la vontade de facer. Agora sí, que ninguén espere resultados inmediatos porque vai de vagar e para lonxe. Desexádenos sorte.
Escrito por Xisbe a las 7:30 PM | Comentarios (0)

8 de Abril 2006

Linaria simplex

linariasimplex.jpg Existe unha Linaria simplex, pero eu díxeno por simplificar non porque a identificara como tal. A saber cal delas é. Comenza Mariano García Rollán (Atlas clasificatorio de la flora de España peninsular y balear) a clasificación das Linarias decindo:
sementes discoideas ou non discoideas, con aza na marxen ou con ángulos apenas alados...
Preciso tempo, compañía, lupa, metro, GPS, boa vontade e sponsorización, ¿alguén me presta/se presta?
Escrito por Xisbe a las 9:42 PM | Comentarios (0)

1 de Abril 2006

4 Ophrys fresquiñas

4ophrys4.jpg
Da esquerda para a dereita:

  • lutea
  • fusca
  • speculum
  • tenthredinifera
Atopeinas onte, así como incontables Orchis italica, O. mascula, Cephalanthera longifolia (só unha), un montón de Aceras e unhas cantas Barlias. Para o resto da temporada, se non me movo de aquí, restan as Ophrys scolopax e apifera e as Serapias. Toca a andar, se non queremos repetirnos.

Escrito por Xisbe a las 11:05 AM | Comentarios (2)

21 de Marzo 2006

Viola

viola.jpg
O domingo aproveitei uns minutos despois do traballo para achegarme a un piñeiral onde me pareceu ver unhas Scila, que por certo non eran Scila bifolia senon de folla única, pero ademáis e máis nada, había esta Viola, diferente das que levo visto polas nervaduras que ten, que non me atrevo a clasificar entre tantas que hai. Se alguén o quere intentar podo mostrar outra foto de perfil para ver o espolón, a folla xa é máis difícil porque a foto saíu movida.
Escrito por Xisbe a las 8:40 PM | Comentarios (0)

1 de Marzo 2006

Narcissus triandrus

ntriandrus.jpg
Antonte fomos á Serra da Lastra, concretamente a Cobas, Vilardesilva e Pardollán (ver imaxe no sigpac) que fican a pouco máis de 400 m. de altitude. Flores poucas e orquídeas ningunha. Aínda así valeu a pena a viaxe e xa estou disposto para outra a ser posible neste mes. Só atopamos algunha viola, geranium e este narcissus triandrus que tamén aparecerá na Terra Cha daquí a unhas semanas.
Escrito por Xisbe a las 4:34 PM | Comentarios (0)

22 de Febrero 2006

Barlia robertiana 2006

barlia_robertiana_2006.jpg

A primeira orquídea do ano (había duas plantas), atopada á entrada das ruinas de Conímbriga, (nunha camposa), cando xa pensei que me viña de vacío. Aínda novas e pouco desenvolvidas, de arredor de 20 cm. e con poucas flores abertas. Choveu ben estos días pero é preciso moita máis auga para paliar a seca, non vin ningunha outra que poidese decir que daba flor de aquí a poucos días. Nome:Barlia robertiana (Loisel) W. Greuter Himantoglossum longibracteatum (Biv.) Schlechter (aínda ten máis nomes). Nomes vulgares: Compañon, orquídea macho(en España); salepeira grande (en Portugal); mosques grosses (en Catalunya); hai unha cita antiga en Lugo pero nunca se chegou a demostrar que se dea en Galicia. Localización: C., S., NE, e Este da Península Ibérica e Illas Baleares. Hábitat: Matorral, pastizais, claros e dunas, entre 0 e 1000 metros de altitude, florece entre Marzo e Abril (pódese atopar entre Xaneiro e Maio en algúns lugares e en determinas condicións climáticas). Información tomada case toda do libro de Flora Ibérica, Orquidaceae. Este mesmo post con distinta fotografía foi publicado na fírveda.

O clop será levado a partir de agora por Jmeijon fundamentalmente e a miña colaboración esporádica.

Escrito por Xisbe a las 9:41 PM | Comentarios (4)

5 de Febrero 2006

Veñen ahí

limodorum.jpg
Veñen ahí as orquídeas, en algún punto da Península sería posible atopar (teoricamente) algunhas ophrys, (speculum, fusca, scolopax, tenthredinifera comenzan a nacer en este mes, non me preguntedes o sitio exacto porque falo por libros ou apuntes), e orchis (collina, papilonacea e longicornu). En Portugal a primeira que atopei foi Barlia robertiana alá por mitade de Marzo do ano pasado e en Galicia Jmeijon di que para primeiros de Marzo poderemos atopar algo na serra da Lastra, a ver si é posible unha visita. Aproveito para poñer un enlace de Daniel Petrescu, fotógrafo rumeno de natureza que atopei por casualidade e ten un par de fotos de orquídeas.

Escrito por Xisbe a las 10:22 PM | Comentarios (0)

1 de Febrero 2006

sempreviva

sempreviva.jpg
Escrito por Xisbe a las 5:18 PM | Comentarios (1)

21 de Enero 2006

Outro mexacán

mexacan.jpg
Como ninguén manda nada teñ que ser eu a postear. Chameille mexacán porque así lles chamo a todas as flores amarelas deste tipo, pero que ninguén o tome ao pé da letra. Vai tua JIOM.
Escrito por Xisbe a las 1:26 AM | Comentarios (0)

12 de Enero 2006

Oxalis pes-caprae

pescaprae.jpg
Jmeijon non se atreve a publicar soiño polo que espero que isto sexa algo así como unha ti outra eu. Tiven que aproveitar despois de almorzar para fazer unhas fotos. Tirando esas flores amarelas que todas me parecen mexacán, hai moito pouco máis. O único as Oxalis pes-caprae. Aproveitei que unha delas tiña unha visita e disparei un par de fotos, pero... as presas levan a non controlar a luz e iso a estragar unha foto que podía ser decente. Por certo, ¿coñecedes o invitado?.
Escrito por Xisbe a las 9:50 PM | Comentarios (6)

27 de Septiembre 2005

Achicoria

achicoria.jpg
Xa facía tempo que non poñía unha flor. Esta é a Cichorium intybus, ou vulgarmente achicoria, que se pode atopar á beira das cunetas ou nas camposas aínda neste mes. Pode ter as flores blancas, hoxe atopei unha, ou rosadas, pero o máis común é atopa-la de flores azuis coma esta. Parecida é algunha Centaurea ou un Chrysanthemun. Cichorium endivia é a planta silvestre da que derivou a endivia.
Escrito por Xisbe a las 1:46 PM | Comentarios (1)

30 de Junio 2005

pa' datar

padatar.jpg
Como din algúns de Micologia.net cando non coñecen a seta ou flor que presentan: pa datar. Eu tamén, non sei de que flor se trata e poñoa aquí por se algún sabe e me pode informar.
Escrito por Xisbe a las 1:16 AM | Comentarios (0)

23 de Junio 2005

Flor subterránea

oehxl.jpg
O outro día decía que o millor da viaxe foron os amorodos e incomprensiblemente me esquecín dun regalo que me fixeron nada máis subir ao coche: Orquídeas de EusKal Herria, de Xabier Lizaur, editado polo Servicio Central de Publicaciones del Gobierno Vasco. Unha gozada. Moito obrigado Jmeijon. Nel poiden comprobar que as orquídeas son un pozo de sorpresas. Resulta que un par de especies poden ter floración subterránea, a Neottia nidus-avis que se pode atopar no Caurel ou Ancares ( non estou seguro) e a Epipogium Aphyllum.
Escrito por Xisbe a las 8:55 PM | Comentarios (2)

21 de Junio 2005

Dactylorhiza caramulensis

dactylorhiza_caramulensis.jpg
O post de onte sobre a Dactylorhiza maculata animou-me a ir á Serra do Caramulo, a buscar a Dactylorhiza caramulensis, unha variedade (ou subespecie) da anterior, endémica de Portugal (os de orquideasibericas poñen unha foto dun exemplar fotografado en Ávila). Alá fun hoxe pola mañan ver si a atopaba. Foi casi chegar e encher, a pesar da miña desconfianza ao ver tanto piñeiro. Unha vez feitas as primeiras fotos fun até o punto máis alto, o Caramulinho, a 1094 m. de altitude, despois de acabarse as pilas da dixital e pouco despois as da analóxica, non por tirar moitas fotos senon porque estaban case nas últimas, aínda ben que poiden facer algunha coa Fuji senon hoxe non había foto. A subida até o cumio por unhas escadiñas labradas no granito foi extenuante, pola inclinación, o peso da mochila e a calor asfixiante.. Alá arriba agardaba-me unha sorpresa en forma de bolboretas, de gran tamaño: 3 macaóns, unha podalirio, a terceira teremos que esperar polas fotos, moi grande de cor marrón coas beiras das azas de cor laranxa, tal vez esta, e moitas outras non tan espectaculares. Só poiden facer un par de fotos coas azas pechadas. A flor, como se pode ver é moi parecida á que puxen onte, se cadra o labelo sexa un pouco máis estreito e as escotaduras centrais un pouco máis marcadas. A planta é un pouco máis alta e estilizada, coa inflorescencia con maior número de flores e de forma máis cilíndrica que cónica, aparecía nos prados húmidos (atopeina en tres ou catro sitios).
Escrito por Xisbe a las 11:43 PM | Comentarios (2)

1 de Junio 2005

Serapias

serapias_cordigera O outro día pedín a Jmeijon que me mandase un post coas serapias que existen en Galicia para mostrar as diferencias entre elas, pero debe estar máis vago aínda que eu. A verdade é que está de mudanzas e con problemas na conexión ou no modem ou non sei ben con qué. En fin, o que mandou son estas tres preciosas fotos que mostran claramente as diferencias na forma e tamaño do labelo. Non me vou pór agora aquí a describir as formas de labelos , follas e demais das distintas serapias, porque espero que as fotos sexan o suficientemente elucidativas. En caso de dúbida preguntar ao autor das fotografías que seguro estará encantado en facer unha disertación gratuita, caso contrario eu mesmo darei máis datos.

A primeira é a Serapia cordigera, pódese atopar en calquera das 4 provincias galegas, máis raras nas zonas montañosas do interior, frecuente en prados e outros lugares húmidos, toxais ou matorrais. Floración entre Marzo e Xullo.

serapias_lingua
A segunda é serapia lingua, a máis frecuente en Galicia, en prados, pastizais, brañas e lugares encharcados. Floración de Marzo a Xullo.

serapias_parviflora
E a terceira corresponde á Serapia parviflora, tamén se pode atopar en calquera das provincias galegas, máis frecuente na costa en zonas de trasduna, no interior só se atopou en chaos calizos. Floración de Abril a Xuño.
Como xa dixen en outro post, ás serapias chaman-lles galos ou galiñas.

Segundo que autores na Península pode haber de 5 especies ( as tres anteriores máis S. perez-chiscanoi e S. vomeracea), até 7 que propoñen outros (as anteriores máis S. nurrica e S. strictiflora).
Para interesados consultar as distintas páxinas web que existen sobre orquídeas, algunhas delas aquí á dereita. Ou ver libros ou artigos , en concreto para as serapias galegas recomendo o traballo de Cortizo&Sahuquillo de 1999 publicado na Nova Acta científica Compostelana(Bioloxía) ou ver o traballo de Flora Ibérica publicado en tomos (se alguén está interesado podo enviar un PDF), ou os dous tomos do Atlas Clasificatorio de la Flora de España Peninsular y Balear de Mariano García Rollán, ou tantos e tantos libros ou traballos científicos que hai publicados e que descoñezo e que agradecería me informasen da sua existencia, ou millor aínda, me enviasen unha copia.

Este é un post a medias entre Jmeijon e eu.

Escrito por Xisbe a las 1:41 AM | Comentarios (0)

28 de Mayo 2005

Sorpresa

gnomo.jpg
O monte garda moitas sorpresas. Detrás de cada valado, sebe ou pena pode estar o lobo ao axexo. Ou simplemente unha planta descoñecida nos mostra a sua sorpresa ante a cámara.
Escrito por Xisbe a las 7:49 PM | Comentarios (4)

27 de Mayo 2005

Ophrys apifera

ophapifera.jpg O ano pasado atopamos nos xardíns do hospital de Coimbra ( foi a miña moza quen as atopou) unha morea de plantas de ophrys apifera, so atopei unha ou duas plantas fora de alí non foi fácil facer fotos porque non tiña cámara dixital e a Nikon da un pouco o cante, de feito tiven que dar-lle explicacións a un guarda de seguridade de que facía por alí. Este ano segan a relva do xardín con tanta frecuencia que é imposible que cheguen a florecer, só debaixo dunhas arbres ficaron algunhas intactas, algunha foi posteriormente arrincada por alguén sin respecto pola propiedade colectiva. Fora deste lugar atopei duas plantas, unha perto do lugar habitual onde vou ver orquídeas e outra perto de Montemor-O-Velho. Para min é a raiña das ophrys, de tallo máis groso e forte, labelo de maior tamaño, ten un porte máis distinguido.

Escrito por Xisbe a las 1:48 PM | Comentarios (0)

Cebolón

cebolon Non sei se é cebola ou cebolón, sei que pertence á familia dos allium, que medía un metro e medio polo menos, estaba nun baldío onde van construir un edificio aquí perto da casa. Non estaba só tiña dous acólitos máis pequenos ao lado. Lembroume a Fraga, cabezón en todos os sentidos e sendo cebolo, repetindo até a nauseaas mesmas consignas, que logo repetirán os seus tiralevitas por todos os cantos do pais. Máis cebola para a empanada que estamos en tempo de eleccións.

Escrito por Xisbe a las 12:33 AM | Comentarios (0)

10 de Mayo 2005

Erica?

erica2.jpg
De menos de un metro de altura e con flores menores de un centímetro de diámetro, á beira de un piñeiral, chao calcáreo. ¿ Quen pode decir o que é? Parece da familia das ericaceas pero non me cadra.
Escrito por Xisbe a las 7:09 PM | Comentarios (0)

9 de Mayo 2005

Orchis coriophora

orchis_coriophora22.jpg
Esta espero que a atopemos en Galicia pois abunda na provincia de Ourense e ten-se atopado na zona de Chantada e en Vila de Cruces. Hai duas variedades e non sei decir cal delas é. Algunhas teñen cheiro, agradable ou non, pero esta era inodora.
Escrito por Xisbe a las 11:03 PM | Comentarios (0)

7 de Mayo 2005

Milamores

milamores.jpg
Non todo van ser orquídeas, esta é a centranthus ruber, máis coñecida por milamores. Podedes atopa-la nos muros ou en sitios rochosos húmidos coa corola branca, rosa ou vermella coma esta, de ata un metro de altura, pertence as valerianáceas. Ten outros nomes, en galego alfinetes, en castelán hierba de San Jorge ou valeriana roja.
Escrito por Xisbe a las 11:59 PM | Comentarios (1)

6 de Mayo 2005

Epipactis helleborine

epipactis1.jpg
En este post de fai uns días falaba-vos desa planta que parecía unha orquídea. Finalmente comeza a florecer, é unha epipactis helleborine.
Escrito por Xisbe a las 9:40 PM | Comentarios (3)

4 de Mayo 2005

Serapia parviflora

serapia2.jpg
Aquí atopo as serapias nos matorrais en vez de nos prados como en Galicia, onde destacan sobre a herba e se lles chama galos. Esta debe ser unha serapia parviflora e comenzan a parecer agora por aquí.
Escrito por Xisbe a las 11:51 PM | Comentarios (3)

3 de Mayo 2005

Orobanche

orobanche1.jpgorobanche2.jpg

Esta é unha das sorpresas do sábado, o que penso que debe ser un Orobanche, unha planta parásita das raices de outras plantas. Nin me atrevo a tentar clasificala.

Escrito por Xisbe a las 1:15 AM | Comentarios (2)

1 de Mayo 2005

Epipactis


Fai casi un mes atopei esta planta e inmediatamente pensei que se trataba dunha orqídea, fun-a visitando de cando en vez á espera de que bota-se flor e cheguei a pensar que se trataba de outro tipo de planta. Como ultimamente non atopo novas especies fun antonte onde vira o ano pasado a epipactis tremolsii, e anque me costou atopa-las, aínda estan pouco desenroladas, pareceron-me moito parecidas con esta.
Onte voltei a ve-las, aínda sen flor, e cheguei á conclusión de que debe ser unha epipactis, fica só unha dúvida, serán tremolsii ou helleborine. Vede o aspecto que ten agora.
DSCF0758.jpg
A resposta de aquí a uns días cando volte por alá, si é que se decide a florecer.
Escrito por Xisbe a las 7:08 PM | Comentarios (1)

28 de Abril 2005

lamio

lamium_maculatum.jpg
Dorfun manda máis fotos, neste caso un lamio, probablemente un lamium maculatum ou purpurea, inclino-me máis polo primeiro. Son de braelle, parroquia de San Salvador de Couzadoiro en Ortigueira. Gracias Dorfun.
Escrito por Xisbe a las 5:31 PM | Comentarios (7)

Ophrys scolopax

ophrys_scolopax234.jpg Outra ophrys cuxa presencia en Galicia está demostrada, sobre todo Lugo e Ourense é a Ophrys scolopax, esta é portuguesa da Beira Litoral. Os libros falan de que pode chegar até 50 cm. pero as máis grandes que atopei non pasaban de 20, como tamén din que pode ter até15 flores e o máximo que atopei foron 4. O labelo é mais pequeno que o das outras ophrys das que xa falamos e presenta variacións no dibuxo así como na forma e tamaño dos sépalos e pétalos, de feito estuven tentado a poñer varias pero ocupaban moito, outro día. Ophrys picta, Ophrys sphegifera e Ophrys vetula (dos Alpes) pertencen a este grupo de ophrys pero duda-se da sua presencia na península, polo menos a segunda, anque algún autor di te-la visto na Serranía de Ronda.

Escrito por Xisbe a las 12:51 AM | Comentarios (0)

26 de Abril 2005

Cephalanthera damasonium?

<cephalantherea.jpg

O Jmeijon deu unha voltiña pelo Oriente ourensán, que ninguén pense en logias masónicas, e atopou as primeiras orquídeas galegas do ano. Mentras espero que mande algunha (espero que todas), poño unha cephalanthera de cor marela ( son de flor branca excepto a rubra) que non sei se será unha longifolia canarinha ou unha damasonium. Os de orquídeas ibéricas falan de follas máis anchas e non sitúan esta especie por estas terras e de cor amarela ninguén fala das longifolias polo que fico con dúbidas, en micologia.net non me aclararon nada.
Supoño que será unha alteración xenética porque dou fe de que a planta non estaba vella e de que non alterei as cores, xa teño falado aquí máis dunha vez das múltiples variacións das plantas das orquídeas.

Escrito por Xisbe a las 6:05 PM | Comentarios (0)

21 de Abril 2005

Detalle do labelo

labelo2.jpg
A foto de onte está feita co macro da Fuji e fiquei admirado da textura do labelo, como escamas de xelo rosa.
Escrito por Xisbe a las 5:20 PM | Comentarios (1)

20 de Abril 2005

Labelo

labelo1.jpg
Labelo de Orchis italica coa sua apariencia homínida ou extraterrestre mais ben, porque si a ve JJ. Benítez está armado o encontro en terceira fase.
Escrito por Xisbe a las 9:54 PM | Comentarios (0)

18 de Abril 2005

Orchis mascula

orchis_mascula1.jpg
Xa falamos aquí dela.Moi abundante neste mes de Abril por estas terras.
Escrito por Xisbe a las 3:46 PM | Comentarios (0)

16 de Abril 2005

Hyacinthoides hispanica

hyacinthoides_hispanica.jpg Parece-me que é un Hyacinthoides hispanica, está pendente de confirmación porque non me cadra o lugar onde crecía. Supon-se que se dá en ribeiras, sitios húmidos e máis oscuros, e esta estaba nun matorral que foi queimado ha anos, pedregoso, nada umbrío e moito menos húmido. Polo demáis coincide plenamente na forma da planta. é bastante parecido cos que temos atopado en Aranga ou San Alberte, non sei que pensa Jmeijon. Polo demáis decccir que ten un bulbo tóxico como os outros xacintos, e que a flor pode ser branca. A través dos de Micologia.net, como tantas outras veces souben da páxina de Hoseito( José Darnaude díaz, que ten un bon e extenso álbum fotográfico de plantas da Península Ibérica e outro especial de flores de Serra Nevada. Outros enlaces con fotografías de plantas que me parecen interesantes son os de Merche S. Calle y Juan Enrique Gómez, esta outra Guia de plantas do que desconhezo o autor e o Proyecto anthos para buscar palntas por nome vulgar, familia, xénero, etc.

Escrito por Xisbe a las 7:53 PM | Comentarios (0)

14 de Abril 2005

Ophrys fusca

ophrys_fusca.jpg
Creo que xa puxen aquí esta orquídea con unha foto de Jmeijon. Esta orquídea é moi variable e ten tres subespecies: fusca (tamén se lle chama O.lupercalis), bilunulata (ten unha franxa marxinal marela de ± 1mm.), e unha terceira dyris, que non hai por esta zona, só no Algarve. E non fica por aquí, distintos autores levan-lle dado nomes a distintas variedades como O. arnoldii, O. attaviria, O. dianica, O. lucentina, O. sulcata, O. omegaifera e O. fleischmannii( supoño que haberá máis. Non me esquezo da Ophrys vasconica, forma intermedia entre subs. fusca e dyris, frecuente no tercio norte central da P. Ibérica. ¿A qué ven todo esto? Pois, para que se vexa, que o nome das orquídeas pode ser unha inmensa confusión, parece que todos os botánicos queren ser pais da nena bonita. Pasa algo parecido co nome vulgar, en Galicia e en toda a península, unha planta ten nomes diferentes en moitas comarcas ou provincias ou até concellos. Por certo, isto do nome vulgar, é un traballo que temos pendente de facer no noso pais. ¿Quen se atreve? A orquídea da imaxe sería unha Ophrys fusca subs. fusca
Escrito por Xisbe a las 7:13 PM | Comentarios (0)

13 de Abril 2005

Fritillaria lusitánica

fritillaria_lusitanica.jpg
Fritillaria lusitánica atopada em Minde, Extremadura portuguesa.

Escrito por Xisbe a las 11:58 PM | Comentarios (0)

11 de Abril 2005

Orchis conica

orquid4outra.jpg
Tamén atopada no sábado perto da orchis champaneuxii, esta outra orquídea, orchis conica, teño unha pequena dúbida sobre a sua identificación pero estou casi seguro.
Escrito por Xisbe a las 4:16 PM | Comentarios (5)

9 de Abril 2005

Orchis champaneuxii

orchis_champaneuxii.jpg
Fun dar unha volta pola Extremadura portuguesa, cara a Serra d'Aire, e atopei esta nova orquídea, de nome afrancesado e espumoso, Orchis champaneuxii. Nun principio até pensei que era unha variedade de Orchis mascula, pero tanto o libro de Mariano G. Rollán como a web de Micologia.net confirmaron-me a novedade
Escrito por Xisbe a las 9:15 PM | Comentarios (0)

7 de Abril 2005

Cistus ladanifer

cistus_ladanifer.jpg
É un arbusto que aparece en sitios secos, na estrada de Castelo Branco que ven cara o interior é unha invasión. Ten unha flor grande de 7-8 cm. de diámetro que puiden fotografar cando viña de traballar o domingo pasado.
Escrito por Xisbe a las 3:09 PM | Comentarios (2)

5 de Abril 2005

Flores dun amigo

narcissus_triandrus_do.jpg

¡Que agradable sorpresa recibir un correo de Dorfun con fotografías de plantas que fixo nas fragas do Eume e perto do rio Belelle! Espera que llas poda identificar, casi, a Euphorbia é un tanto difícil para min, anque se cadra o Jmeijon nos axude, el sabe bastante máis.

primula_acaulis_do.jpg

A primeira é un Narcissus triandrus, de nome galego 'calzas de cuco', que se pode atopar desde marzo perto dos rios, como por exemplo o rio Escádebas onde o teño fotografado máis de unha vez. A segunda pertence as primuláceas, é unha linda primavera, unha das primeiras flores interesantes que se poden ver en Galicia desde fins de Febreiro, nos lugares húmidos. Primula acaulis ou primula vulgaris, descoñezo o seu nome galego si é diferente de primavera.

lechetrezna_do.jpg

Esta última sei que é unha Euphorbiácea, e dentro delas unha Euphorbia, pero atreverse a por-lle apelido é demáis. En castelán coñecen-se por lechetreznas unhas moi parecidas. Moitras gracias Dorfun, e xa sabes que como decía nun post anterior, no rio Belelle van aparecer as orquídeas (Epipactis helleborine) de aquí a pouco. Clicade nas fotos para ve-las de maior tamaño.
Escrito por Xisbe a las 1:03 AM | Comentarios (2)

4 de Abril 2005

cephalanthera longifolia

c_longifolia.jpg
Durante un tempo confundín unha irmán desta, a cephalanthera rubra, con un gladiolo. O curioso é que nunca a tiña visto, só nos libros, e confundín tamén a Jmeijon con esta historia. Hoxe atopei esta moi perto de onde estiven con ele ha uns días e non ten nada que ver. Pena non estiveras porque había máis cousas interesantes.
Escrito por Xisbe a las 6:32 PM | Comentarios (3)

1 de Abril 2005

Drosera

droseraflorc.jpg
Xa sei que nin a foto é boa e que tampouco se ve moi bem, pero é unha drosera en flor, supoño que drosera rotundifolia.
Escrito por Xisbe a las 9:17 PM | Comentarios (0)

30 de Marzo 2005

Outro Equisetum

E.arvense2c.jpg
Supoño que será outro equisetum, pero ¿cal?.
Escrito por Xisbe a las 11:39 PM | Comentarios (0)

29 de Marzo 2005

Iris que non ira

iritis.jpg
Escrito por Xisbe a las 7:09 PM | Comentarios (3)

28 de Marzo 2005

Enlaces de orquídeas

>center>Oitalicaj.jpg
O autor da fotografía pediu-me que lle enviase os enlaces de orquídeas silvestres de Europa que tiña, cousa que fixen por e-mail pero debeu haber algún problema, polo que poño-os aquí. Vai algún de botánica en xeral e algún outro de orquídeas cultivadas. A ver se non se perden tamén. A foto é dunha Orchis italica tamén coñecida pola flor do home aforcado.
franknature
ophrys.free
terrorchid.proboards27
fh-friedberg
europorchid
orchidwire
guenther-blaich
nativeorchid
3956
jtuomi
ibelgique.ifrance
kontoyiannis
phals
orchidguide
orchidees05
pm.blais
orchidee.fr
Orquideas_de_valdeorras
micologia
mikel.tapia
orchidphotos
jdevos.club
michel.nicole
antang
sabater
posadas
siba2
fh-friedberg
orchidees
orch
orchidee32
jfourlon
kammeka
europeanorchids
akuter
orchideen-kartierung
wilde-orchideen
hoseito
srgc
orquideasibericas
Orquideas
orquideas
floraiberica
liens
jardin-mundani
Agradecía me enviasedes todos os que coñezades e non estén na lista ou se hai algún roto. Gracias.

Escrito por Xisbe a las 4:04 PM | Comentarios (2)

27 de Marzo 2005

Ophrys fusca

O. fusca.jpg Tiven unha visita, esperada pero moi corta de tempo, que deu para facer algunha cousa interesante. Como non podía ser menos, tratando-se de Jmeijon e Eva, fomos facer fotos e atopamos esta Ophrys fusca entre outras moitas flores. Seis especies de orquídeas, todas novas para eles; iris, narciso, aristoloquia, gynandriris, e algunha outra flor por datar. Unha sorpresa para eles, que nunca viran tantas orquídeas diferentes, e un día especial para min que xa me tardaba. Foi pena non ter máis tempo para poder ir a outros sitios, e que poideran ver e fotografar as primeiras Ophrys luteas, que atopei hoxe moi perto de onde andivemos onte. Espero que volten pronto e eu poder devolver a visita para unha excursión a O Caurel e a Serra da Lastra.
Escrito por Xisbe a las 6:34 PM | Comentarios (2)

22 de Marzo 2005

Esquema de flor de orquídea

esqorq.jpg Este é un esquema xeral dunha flor de orquídea silvestre, está sacado e traducido de flora ibérica. Non fai falta decir que algunhas se saen un pouco desta xeneralización.
Escrito por Xisbe a las 5:45 PM | Comentarios (12)

21 de Marzo 2005

Flor de Pascua

marc.jpg Detalle de flor de pascua. ¿Será?
Escrito por Xisbe a las 5:53 PM | Comentarios (0)

20 de Marzo 2005

O salep

ophr.tent.jpg Moendo o tubérculo seco de algunhas especies de orquídeas, obten-se un po amarelo, o salep, que se utiliza para preparar unha bebida quente que se bebe en Turquía. Tamén se utilizou como reconstituinte para convalecientes pero as suas propiedades non foron cientificamente probadas. Está formado o po por mucílago, azúcar e almidón. Co mucílago tamén se fai unha xalea para as irritacións dos intestinos. Para quen queira preparar o salep unha receta: recolle-se o tubérculo lateral e ferve-se en auga ou leite antes de po-los a secar (pasase-lles un fio e penduran-se a secar) e facer o po. Unha culler de po, outra de fécula de pataca, outra de fécula de arroz, sucre, e medio litro de leite. Deixa-se ferver dez minutos e sirve-se con canela e moi quente. Eu non o preparei, cando vaia a Turquía xa o beberei. No caso das lavativas via rectal espero non ter que usa-las. En Portugal algunhas das orquídeas chaman-se salepeiras. A foto é outra Ophrys tenthredinifera.
Escrito por Xisbe a las 12:04 AM | Comentarios (0)

18 de Marzo 2005

ophrys tenthredinifera

ophrys_t.jpg
Supoño que será Ophrys tenthredinifera, atopeina onte cando voltaba de vacio nun sitio por onde xa pasara. No meu descargo decir que non mide máis de 6-7 cm.
Os de Flora Ibérica non a dan como certa na Beira Litoral, teño as miñas dúvidas, descríbena como: tallo de 10 a 60 cm, follas basais ovadas, con 3 a 8 flores por inflorescencia, pétalos laterais triangulares, rosados rosado-purpúreos ou blanco-verdosos, labelo sub-cuadrangular a trapezoidal, de alaranxado a pardo-roxizo ou pardo amarelado, con pelos, con unha franxa marxinal amarela ou verdosa.
En pastizais, claros de matorrais en substrato básico preferentemente anque tamén en ácido. Floración entre Febreiro e Xullo. Altitude de 0-1000 m.
Teño as miñas dúvidas porque a foto dixital non é boa, xa veremos a outra, está a contraluz e penso que a flor aínda non está perfectamente desarrollada. Farei máis fotos mañán.

Escrito por Xisbe a las 7:03 PM | Comentarios (0)

17 de Marzo 2005

Orquídeas por Ferrolterra

Este post é en especial para Dorfun e para todos aqueles que teñan imterés en saber que tipos de orquídeas se poden atopar por Ferrolterra ou non moi lonxe.
As citas de localización e floración están sacadas do traballo de C.Cortizo&Elvira Sahuquillo que xa citei en algún post anterior. Algunhas citas son antigas e poden non ser válidas hoxe. No caso da floración sempre pode ser un pouco antes ou despois
Poño unha ligazón fotográfica, por si queredes dar-vos uhna idea de como son, o de les orchidees de L'Herault, do Languedoc francés.
Cephalanthera longifolia (florece entre finais de Abril a finais de Xuño)
Capela, Caaveiro, Camariñas (areal marítimo, dunas da praia do Trece), Ortigueira
Dactylorhiza elata (Florece entre Maio e Xuño)
Valdoviño (praia de Villarube, sobre Punta Ouzal, praia de Pantín, praia da Frouxeira) ; Ortigueira, prados húmedos de trasduna; Somozas (Silvao); Sada; Cabañas.
Dactylorhiza maculata (Florece entre primeiros de maio a Xullo)
Valdovinho(Pantín); Cariño; Cedeira(Punta Candieira; baixo Couto Ameneiro; San Andrés de Teixido); Cabañas.
Epipactis helleborine (Florece en Setembro)
Neda, Fene, río Belelle
Epipactis Palustris (Florece en Xullo)
Ferrol( Covas, As Cabazas, zona húmeda); Valdoviño.
Gymnadenia conopsea (Florece entre Xuño a Xullo)
San Andrés de Teixido; Cario; Ortigueira..
Ophrys apifera (Florece entre Maio e Xullo)
Valdoviño(praia da Frouxeira, Villarube,); Ortigueira(praia de Cavalar e trasduna)
Ophrys Sphegodes (Florece entre Abril eXuño)
Ferrol(Covas, dunas en Doninhos); Ortigueira(trasduna); Camariñas(praia de Trece)
Platanthera bifolia ( Florece entre Maio e Xuño)
Arredores de Neda e Ferrol
Serapia lingua (Florece en Abril e Maio)
Ferrol(Doniños), Bergondo(Guísamo, Cortiñan)
Serapia parviflora ( Florece en Maio,Xuño)
Ferrol(Covas,); Pantín; Ortigueira(Cavalar); Valdoviño(dunas fixas, Villarube), praia de Miño.
Spirantes aestivalis (Florece entre Xuño e Agosto)
Ferrol(Covas,Doniños); Valdoviño, Ortigueira.
Spirantes spiralis (Florece en Setembro Outubro)
Ferrol(Covas), Pontedeume, Betanzos, Valdoviño

Escrito por Xisbe a las 4:10 PM | Comentarios (1)

16 de Marzo 2005

Barlia robertiana

A orquídea de onte é Barlia robertiana ou Himantoglossum robertiana ou Himantoglossum longibracteata, depende dos autores. Despois de revisar a miña documentación e non chegar a ningunha conclusión, subín a foto a Micologia.net e identificaron-a como tal.
C.Cortizo&E. Sahuquillo, autores do traballo do que falei estes días, falan de unha única cita en Galicia (Lugo.Pedrafita.Noceda-Merino 1909), e C. Aedo do libro que se está facendo, Flora Ibérica, dá-a como dudosa en Lugo.
A descripción que en flora Ibérica fan é: tallo groso verde de entre 20 a 80 cm., follas envainadoras, carnosas e lustrosas, inflorescencia de até 70 flores sésiles. Pétalos laterales lanceolados, obtusos e converxentes, e central máis largo e claramente bilobado, con duas cristas lonxitudinais na boca do espolón. Flor de rosada a purpúrea, as veces abrancazado con manchas purpúreas no centro e verdoso nas marxens, con espolón obtuso e recto.
En matorrais, pastizais, claros de fragas e dunas, entre 0 e 1100 metros , de floración entre Marzo a Abril (De Xaneiro a Maio, segundo as zonas). Esta estaba á beira de un camiño onde había matorrais e o substrato era calizo, na Serra D'Aire (Extremadura-Ribatejo).
Non se lle coñece nome galego específico, en castelán orquidea xigante e en portugués salepeira-grande.

Escrito por Xisbe a las 5:04 PM | Comentarios (0)

15 de Marzo 2005

A primeira

orq2.jpg É a primeira orquídea que fotografo na temporada. Despois de un corto paseo e de pasar a primeira vez sin vela que era cando había boa luz. Fíxen a foto á presa e así saíu. Aínda está sen identificar pero o facto de ser a primeira non me permite espera. Xa poñerei máis tarde o nome. Se sabedes cal é non dudedes en deci-lo.
Escrito por Xisbe a las 11:50 PM | Comentarios (0)

14 de Marzo 2005

Orquídeas en Galicia II

O correo trouxo excelentes novedades. Eva enviou-me un traballo científico de gran valor:La familia Orchidaceae en Galicia de C. Cortizo&E. Sahuquillo do Departamento de Bioloxía Animal, Bioloxía Vexetal e Ecoloxía da Universidade de A Coruña, publicado na Nova Acta Científica Compostelana (Bioloxía). 9: 125-158 (1999) - ISSN 1130-9717.
Aquí, de forma detallada expoñen as 36 especies de orquídeas atopadas en Galicia, con localización xeográfica, hábitat, altitud, época de floración e as referencias (herbarios e citas de outros estudosos). Moi completo.
Pouco a pouco e segundo as atopemos e fotografemos irán saíndo aquí.
Agradecía toda información similar sobre orquídeas de Galicia e Portugal, así como invito a todo aquel que queira publicar as súas fotos de orquídeas a por-se en contacto conmigo.
Gracias Eva.

Escrito por Xisbe a las 5:19 PM | Comentarios (5)

8 de Marzo 2005

Musgo

musgo.jpg
Esto é un musgo, non preguntedes cal, que Jmeijon fotografou o domingo ao pé do mesmo río, eu non poiden face-la con toda a parafernalia de réflex,obxetivo micro, trípode e demais. No meu descargo está que me sentín un bocado inhibido pola presencia de paseantes que metían o fuciño tratando de descifrar que era o que fotografabamos. Este post é de Jmeijon, aínda que non o escribira el, que me corrixa si se atreve.
Escrito por Xisbe a las 10:49 PM | Comentarios (0)

Couselos

couselos.jpg
"Ouvear ouvean os couselos en San Martiño Pinario"
Xosé Luis Méndez Ferrín

Ou algo así decía en "Con pólvora e magnolias", ha tanto que non o releo que non sei ben se di así.
Estos ouvean perto do Rio Escádebas e é un regalo que Jmeijon me deixou probando a Fuji dixital este fin de semana. En castelán, ombligo de venus ou sombrerillo e en latín científico Umbelicus rupestris.

Escrito por Xisbe a las 10:42 PM | Comentarios (1)

7 de Marzo 2005

liq


liq
Originally uploaded by xisbe.
Xa fai tempo que fotografei este lí­quen (non pode ser outra cousa), que aparece nas penas de granito. Despois de non sei cantas fotos aí­nda non fixen unha da que realmente goste moito. Esta está feita nun paseo que din o outro dí­a polos Sete Muiños e tampouco parece ser a definitiva.
Escrito por Xisbe a las 5:52 PM | Comentarios (0)

23 de Febrero 2005

Orquídeas en Galicia

Vamos agora coas orquídeas que se poderían atopar en Galicia, segundo os mesmos autores dos que xa falei. A maioria nas provincias de Lugo e Ourense, menos en A Coruña e moi poucas en Pontevedra. As razóns de porque hai máis nesas duas provincias estan nos niveis de altitude(Serra de Ancares, Caurel, Lastra e Manzaneda), substratos calizos que só hai nesas duas e se cadra porque nesas provincias de interior poda haber algún hábitat máis conservado.
As sinaladas con (?) entendemos que son xéneros dos que se deu noticia da sua aparición nalgún momento pero non se confirmou.
Estas son:
OPHRYS, ORCHIS, EPIPACTIS, NEOTINEA, LIMODORUM (?), LISTERA (?), NEOTTIA, GYMNADENIA, SPIRANTHES, PLATANTHERA, CEPHALANTHERA, SERAPIA, ANACAMPTIS, DACTYLORHIZA, COELOGLOSSUM, PSEUDORCHIS ( ou LEUCORCHIS), ACERA, BARLIA (?), e HIMANTOGLOSSUM. Seguro que me deixo algunha
Lembrar que son especies protexidas e que está prihido o corte, extracción ou manipulación, e sería de agradecer o máximo respeto para elas (e todas as plantas en xeral) e para o seu entorno.
Se o noso amigo Jmeijon se digna enviar-nos as suas fotos, iremos facendo unha descripción máis ou menos pormenorizada de cada taxón atopado, e se a súa amiga Eva consigue a tesis doctoral dunha profesora, entonces teremos unha voz autorizada a falar das orquídeas galegas. Eu poñerei as miñas que faga aquí ou as de ala cando vaia.

orquidxxx.jpg


Para abrir boca unhas cuantas páxinas con fotografías de orquídeas ibéricas e tamén europeas.
Ibéricas:
orquideas_de_valdeorras, esta é unha páxina que está inactiva dun micólogo ourensán; orquideasibericas,excelente muestrario; micologia.net, unha boa colección de Celestino Gelpi e colaboradores de micologia.net; mikel.tapia, fermosas fotos das orquídeas navarras.
Europeas:
franknature, excelente páxina en inglés con un apartado para híbridos;ophrys.free, páxina francesa con moitas fotografías;fh-friedberg, páxina alemana; sceo, do Secretariado de Conservacíon das Orquídeas Europeas; orchidwire, páxina en francés con ligazóns de outros países; guenther-blaich, outra boa páxina con híbridos, en inglés ou alemán; orquideas_sicilianas; ibelgique.ifrance, outra páxina, en francés ou inglés, con moitas fotos;e por último, esta outra con moitas ligazóns de distintas asociacións europeas en toda Europa.
Se sabedes de algunha interesante, sobre todo da Península Ibérica, facede-mo saber, e ficarei-vos grato.

Escrito por Xisbe a las 6:04 PM | Comentarios (1)

19 de Febrero 2005

Orquídeas Portuguesas

anacamptis.jpg

Comenza, para min, o tempo da fotografía de orquídeas. Teoricamente en Portugal se poden atopar orquídeas dos seguintes xéneros: OPHRYS, ORCHIS, EPIPACTIS, CORALLORHIZA (23/02/05, es un error, no crece en Portugal), NEOTINEA, LIMODORUM, NEOTTIA, SPIRANTHES, SERAPIA, ANACAMPTIS, DACTYLORHIZA, GENNARIA, PLATANTHERA, ACERA e BARLIA, supoño que me deixarei algunha, depende dos autores. Até agora so atopei: Ophrys, Orchis, Epipactis, Serapia, Acera e Anacamptis. Poden medrar en calquer tipo de substrato ( unhas nun e outras noutro), calizo, silíceo, areoso, cultivos, en terreos ácidos ou básicos, en claros ou en fragas ou en prados, en seco ou húmido e a unha altitude entre 0 metros e máis de dous mil (aquí, excluindo as illas con orquídeas endémicas, só podería ser na Serra da Estrela). O tamaño vai entre uns poucos centímetros até casi un metro. É moi difícil clasificalas para os leigos, como eu, en algún caso sería preciso medir tamaños de pétalos,sépalos, follas ou brácteas, tipo de semente, "bulbo" e moitas outras variables, e ademáis hai que ter en conta a posibilidade dos híbridos. E non só isto, senon que as mesmas plantas poden ter diferentes nomes segundo os diversos botánicos que falen delas.ophrys_lutea9x.jpg A característica máis destacada da flor é un pétalo diferente, en tamaño, forma ou cor que se chama o labelo. A polinización é feita en moitos casos por insectos polo que este labelo adopta a veces similitudes con femias de distintas especies. Para nacer unha planta é preciso en moitos casos a simbiose con fungos. As rexións de Portugal onde hai máis variedade son a Beira Litoral, o Alentejo e a Extremadura. Algúns autores falan de un endemismo en Portugal, na Serra do Caramulo na zona Centro, a Dactylorhiza caramulensis, da que non falan nada os autores do traballo polo que me guio agora, tentarei fotografa-la e xa se verá. Desexade-me sorte. A foto de cima corresponde a unha Anacamptis piramidalis e a de abaixo a unha Ophrys lutea.
Escrito por Xisbe a las 9:36 PM | Comentarios (6)

18 de Febrero 2005

Folla

fogliac.jpg
Esta é unha foto conceptual, por lle chamar dalgún xeito, para que aquel que queira a relacione, millor se o deixa por escrito, e/ou reflexione sobre o que lle parece.
Escrito por Xisbe a las 12:44 AM | Comentarios (2)

15 de Febrero 2005

Cardo

cardo_l2c.jpg Hoxe toca descanso de política. Para todos aqueles que algunha vez lles dixeron que son máis feos que un cardo, que pensen que tampouco é para tanto. Este fotografeino hoxe en Leiria, despois do traballo, coa digital.
Escrito por Xisbe a las 7:52 PM | Comentarios (1)

10 de Febrero 2005

Fumaria

fumaria1c.jpg
Unha das múltiples fumarias que un se pode atopar en calquer lado, en calquer momento e que repara nelas para fotografalas cando non hai nada máis interesante.
Escrito por Xisbe a las 8:45 PM | Comentarios (1)

3 de Febrero 2005

Flor url

plurl.jpg Via xeron, esta páxina que xenera unha flor da tua url. A miña resulta un pouco triste, parece de invernadeiro, que se lle vai facer.
Escrito por Xisbe a las 3:23 PM | Comentarios (0)

2 de Febrero 2005

¿Iris Lutescens?

iris lutescens.jpg Din unha volta polo meu terreo de caza das orquídeas para ver como van. Coa seca está todo moi atrasado e case non hai flor ningunha, só o rosmariño ou romeu(Rosmarinus officinalis, neste caso penso que era R. eriocalix, polo lugar onde nacía) e unha sorpresa, este Iris lutescens que nun principio confundín con Gynandriris. Pouco máis.
Escrito por Xisbe a las 8:41 PM | Comentarios (2)

11 de Enero 2005

Auga e musgo

musgauga.jpg
Escrito por Xisbe a las 11:59 PM | Comentarios (0)

8 de Enero 2005

Placer ou sufrimento


cbr06c
Originally uploaded by xisbe.
Posteando desde Flickr unha foto da miña colleita. Representa algo así­ como alegrí­a despois de ter pasado pola tristeza, as flores aos mortos, ou o placer no sufrimento. Pero para outros ollos terán un significado distinto ou simplemente non dirán nada. Diche algo?
Escrito por Xisbe a las 8:16 PM | Comentarios (0)

24 de Noviembre 2004

Briza media

cere1.jpg Ou lágrimas de San Pedro, cedacillo, en castelán. Quen saiba os nomes galegos, que no-lo diga por favor.
Escrito por Xisbe a las 4:18 PM | Comentarios (0)

31 de Octubre 2004

Epilobium hirsutum

epilobium hirsutum.jpg
Escrito por Xisbe a las 9:05 PM | Comentarios (0)

24 de Octubre 2004

Orquídeas 333

d.elata.jpg Nunca tiven moito xeito para xuntar letras por iso pensei que será millor escribir o menos posible. Esta semana so porei as fotos con título e sen texto, e a non ser que por petición popular se reclame texto irán despidas de palabras. Esta orquídea penso que debe ser Dactylorhiza Elata pero non estou seguro, si alguen pode axudar se agradece, cada vez estou máis confuso coas plantas e máis aínda desde que entrei nunha páxina que perdín (a ver si Jmeijon a envía) onde fala de tantas variedades que é para pedir papas.
Escrito por Xisbe a las 9:34 PM | Comentarios (0)

1 de Octubre 2004

Borraxa

borraxa 2.jpg

Borago officinalis, planta de entre 25-100cm. que medra silvestre en sitios secos, ao pé dos camiños ou cultivada(en Francia e Italia). Utilízase desde a antigüedade como alimento e medicina. Creo ter lido que por Aragón é un plato apreciado.

Escrito por Xisbe a las 10:47 PM | Comentarios (0)

28 de Septiembre 2004

Scilla

scilla 2.jpg

Unha Scilla, probablemente a S. bifolia. Non é tan fácil distingui-las(para min) porque son moi parecidas, pero polo lugar onde saía, un prado húmido cheiño delas, debe ser. Aparece na primavera, con 20cm. de altura en prados e fragas.

Escrito por Xisbe a las 10:40 PM | Comentarios (0)

16 de Septiembre 2004

Nenúfar

nupharlutea3.jpg Hoxe cando cheguei á casa leveime a sorpresa de que desapareceran todos os posts, visitei o foro e vin que era un problema xeral, supuxen que o ian resolver pero non tan pronto. Outra cousa, onte Salva mandoume un email para decirme que lle saía un aviso decindo que non estaba autorizado a facer comentarios, alguen sabe que pasa?. A foto un nenúfar amarelo(Nunphar lutea) das augas tranquilas do Rio Miño, onde me levou Jmeijon o mes pasado.
Escrito por Xisbe a las 11:57 PM | Comentarios (2)

2 de Septiembre 2004

3B

03b c.jpg Non me preguntedes o que é. A foto ten 3 anos e non me lembro. Parécese ao hipérico, pero non debe ser.
Escrito por Xisbe a las 2:14 PM | Comentarios (0)

27 de Agosto 2004

Anthropophorum

orchis26.jpg Outra orquídea portuguesa(tamén aparece noutros pontos da península Ibérica). É a Orchis anthropophorum(antes Acera Anthropophorum), o nome ven da forma do labelo(pétalo inferior) que recorda brazos e pernas de un home. Só aparece en zonas calcáreas, non sei se por Quiroga e o Barco de Valdeorras haberá.
Escrito por Xisbe a las 3:30 PM | Comentarios (1)

24 de Agosto 2004

100

d elata co.jpg

d maculata c.jpg

Este é o post número 100 ou o 101, tanto da. Para celebralo nada millor que unhas orquídeas da nosa terra. Si no estou mal informado deben ser dactylorhizas, Elata e Maculata.
Escrito por Xisbe a las 1:12 AM | Comentarios (0)

4 de Agosto 2004

Ricino

Ricino cjpg.jpg O outro día o amigo Dorfun pensaba que a Spirantes era venenosa, non o sei, esta que poño hoxe, Ricinus communis, si que o é, e moito. As suas sementes poden matar, dise que 3/4 son suficientes para un neno. É común en moitos xardíns de Coimbra. Por outra banda todos coñecemos a sua aplicación como aceite. Xa se sabe: veneno que mata tamén pode curar, só depende de a dose.
Escrito por Xisbe a las 1:46 AM | Comentarios (3)

21 de Julio 2004

Orquídeas

orqs1 c.jpg
Hoxe é día de orquídeas, por capricho somentes, e apreséntovos tres das fotografadas perto de Coimbra este mes de abril. Até agora non atopei ningunha destas especies en Galicia, mais xa se verá. De esquerda á dereita: Ophrys Speculum, Orchis Coriophora e Ophrys lutea, a cada cal máis fermosa.

Escrito por Xisbe a las 1:47 AM | Comentarios (0)

5 de Julio 2004

IRIS

SC 74 c.jpg Este é un de tantos Iris, hainos de cor azul, violeta ou até brancos, normalmente aparecen en sitios húmidos á beira de pozas ou regos, en todo tipo de substratos. Trátase de Iris Pseudacorus, de 50/130 cm de altura e pertence ás Iridaceas.
Escrito por Xisbe a las 12:05 AM | Comentarios (0)

29 de Junio 2004

Equisetum

Equisetum 1 c.jpg
Non é un abeto nin a cola do porcoespiño, é un equisetum aínda que non sei cual en concreto, si Telmateia ou Fluviatile.
As equisetáceas son plantas pteridofitas(plantas sin flores, que se reproducen por esporas e non por sementes), con tallos de aspecto articulado e follas rudimentarias. De nombre común: cola de cabalo ou cola de rata.

Escrito por Xisbe a las 9:54 PM | Comentarios (2)

18 de Junio 2004

A nai da selva

Lonicera etusca L c.jpg

Escrito por Xisbe a las 10:29 AM | Comentarios (0)

16 de Junio 2004

Lychnis

Lychnis c.jpg Para min é sin dúbida unha das máis fermosas flores que se poden atopar na Terra Cha. Lémbrome de cuando a atopei, un día de Xullo no que saíra con Jomeini facer fotos, lémbrome da sorpresa que me levei ao ve-la e lémbrome que foi a única vez que a vin. É na nosa terra unha especie en vias de extinción. Lychnis Flos-cuculi, se a vedes pensade que cecais é a única vez.
Escrito por Xisbe a las 5:49 PM | Comentarios (1)

11 de Junio 2004

Viborera

Echium c.jpg
O profesor Mariano García Rollán fala no seu Atlas clasificatorio da flora da España peninsular e balear de unhas 16 variedades de Echium( nome popular: viborera). Esta non é española senon portuguesa pero da igual, está aqui polo contraluz non pola flor en si, e probablemente sexa Echium Plantagineum.

Escrito por Xisbe a las 8:14 PM | Comentarios (0)

1 de Junio 2004

Na fraga

Musgo 3 c.jpg As veces, no inverno ou cando visitabamos unha zona xa moi vista e non atopábamos nada que fotografar, ollabamos ao redor con outros olls e atopábamos cousas fermosas que de outro xeito nunca teríamos visto. En algo tan feio como un pilote de hormigón aparecía todo un mundo secreto como este musgo.
Escrito por Xisbe a las 9:35 PM | Comentarios (2)

24 de Mayo 2004

A planta de Laureles 29

DC12 c.jpg
Cando comencei con este blog tiña a idea de un fotoblog máis que dun weblog, dada a miña incapacidade para escreber, agora vexo que cada vez me custa máis ir alén do título e penso que se cecais sexa ben escreber o menos posible.

Escrito por Xisbe a las 4:17 PM | Comentarios (1)

18 de Mayo 2004

Que é isto?

CCC.jpg
Premio para o que me saiba decir con seguridade de que planta se trata

Escrito por Xisbe a las 11:43 PM | Comentarios (1)