


Pero que a sua desaparición sexa semente de moitos outros
En la isla de La Toja, provincia de Pontevedra, España; está prohibido hablar en gallego: eso din as normas de cortesía do Hotel Louxo.
Debe ser tóxico para os ouvidos, ou producir alerxías con edema de glotis ou se cadra teñen medo de que como es tan meloso encante até as serpes e sexa a língoa dos demos.
En chuza.org propoñen mandarlles miles de mails e colocar un banner nun lugar visible.



Vexo en Chuza.org, un lugar que visito con frecuencia para saber de noticias do país, que uns rapaces da asociación Axena fixeron un documental sobre os primeiros días do Cárabo (avelaiona Strix aluco) usando microcámaras de infravermellos. Na sua páxina vexo que ademais teñen outro sobre unha cria de Miñato (Buteo buteo) , o morcego común (Pipistrellus pipistrellus) e as carrizas ((Troglodytes troglodytes). Noraboa, é unha sorte para Galiza que alguén se preocupe de forma tan respetuosa pola nosa natureza.
La Voz de Galicia promove o envío de fotos para denunciar esa lacra gallega de comportamentos antiestéticos e desastres urbanísticos.
Eu propoño outra campaña para denunciar o abuso, a tomadura de pelo e o desprecio aos galegos no que respecta ao seu idioma e a sua cultura, algo que me parece tan grave ou máis e da que La Voz é un claro exponente. Para empezar aí vai a miña:




Leo en verdegaia, ( Verdegaia é unha asociación ecoloxista galega sen ánimo de lucro, plural, democrática, apartidaria e independente, constituída co obxecto de contribuír desde Galiza para a defensa do ambiente e o avanzo na transformación social e mundial en termos de sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz, na procura dunha saída emancipatoria á crise ecolóxica global, por medio da investigación, sensibilización social, deseño e implementación de proxectos, presión a gobernos e empresas e acción nonviolenta), este artigo sobre os incendios e a lúcida e documentada resposta de este lector:
O ecoloxismo galego apoiando as teses do
Escrito por NEGRA gaia
Lapidario titular de El País: "Las asociaciones ADEGA, Verdegaia y Sociedad Gallega de Historia Natural han mantenido una reunión con la ministra Narbona.Los ecologistas descartan una trama organizada [...] ". (El País, 14 de agosto de 2006)
Ou sexa, que
1. Cando sabemos que a concentración de focos é distinta este ano dos anteriores:
http://www.elmundo.es/elmundo/2006/08/09/espana/1155151181.html
2. Cando sabemos que os incendios son na súa maioría intencionados
http://www.madridpress.com/content/view/14981/122/
3. Cando sabemos que os incendios están organizados, e prodúcense por explosións, como no Romaño:
http://www.elcorreogallego.es/index.php?idNoticia=73501
4. Ou por paracaídas incendiarios
http://chuza.org/historia/paraquedas-que-sementam-lume/
http://foros.vieiros.com/foros/viewtopic.php?t=1828&start=15
http://chuza.org/historia/imaxes-dos-paraquedas-incendiarios-que-cairon-no-barbanza/
5. Cando os proprios viciños sinalan a existenza de helicópteros incendiarios
http://www.avoz.com/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=5014230&lnk=SENHOR,CANAL
6. Cando sabemos que poñen lume nos aeroportos para dificultar as tarefas de extinción
http://www.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=51889
7. Cando sabemos que as zonas nas que arde o monte son as mesmas onde se está recalificando terreos a toda presa
http://ardegaliza.info/?p=12#more-12
8. Cando sabemos que Galiza está a ser obxecto dunha operación urbanística de grande escala, con máis de 600.000 vivendas proxectadas
http://www.greenpeace.org/espana/campaigns/costas/destrucci-n-a-toda-costa
http://galiza.indymedia.org/gz/2006/08/8152.shtml
9. Cando se sabe que as redes do narcotráfico empregan o sector da construcción para blanquear os seus cartos
http://www.guardiacivil.org/prensa/notas/noticia.jsp?idnoticia=1545
http://www.elpais.es/articulo/elpporesp/20051008elpepinac_30/Tes
http://www.elmundo.es/elmundo/2005/10/07/sociedad/1128676377.html
10. Cando por se fora pouco aparece un submarino do cartel galego do narcotráfico
http://galiza.indymedia.org/gz/2006/08/8165.shtml
http://www.lavozdegalicia.es/se_galicia/noticia.jsp?CAT=102&TEXTO=5022048
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=2720&pIdSeccion=9&pIdNoticia=81275&rand=1155565824702
11. Cando xa está máis que claro que esta ofensiva incendiaria está perfectamente organizada, e por tanto que existe unha máfia por detrás de todo esto
http://foros.vieiros.com/foros/viewtopic.php?t=1919
http://www.elpais.es/articulo/espana/Rubalcaba/afirma/Galicia/sufre/ola/incendios/estrategicos/planificados/elpporesp/20060811elpepunac_7/Tes/
http://www.elmundo.es/elmundo/2006/08/11/espana/1155307092.html
http://novas.xunta.es/node/2880
12. Cando sabemos que os menos interesados en que se desvele a existencia dunha máfia organizada son precisamente os do PP, motivo polo que Rajoy dixo que afirmar a existenza dunha trama organizada é unha inmoralidade:
http://www.informativos.telecinco.es/incendios/galicia/71-fuegos-activos/dn_30357.htm
ou sexa, sabendo todo esto, sabendo que non pode ser que de repente por las buenas arda Galiza coordinadamente polos catro costados pois resulta que:
13: VAN OS GRUPOS ECOLOXISTAS GALEGOS, REUNENSE COA MINISTRA, E DECLARAN TODOS XUNTOS EN AMOR E SANTA COMPAÑA QUE DE MAFIAS NADA?????????????
Joder, e que é para pasar de todo e mandarvos á puta merda por que xa manda collóns que despois de dúas semanas de ir recollendo evidencias unha por unha de que existe unha trama, unha máfia, chamádelle como queirades que está detrás de todo esto, veñades vós, joder que sodes os primeiros interesados en desmontala esa mafia, e en vez de denunciar e aportar máis información, veñades vós a empregar a vosa credibilidade para darlle cobertura á mafia do lume. Ou sexa que todo é froito dunha casualidade? Son intencionados, e coordenados, pero non hai mafia? Que hai entón meigas, sapos e bruxas?
DE QUE OSTIA VADES?
http://www.elpais.es/articulo/espana/ecologistas/descartan/trama/organizada/culpan/incendios/abandono/montes/elpporesp/20060815elpepunac_1/Tes/
Para os que teñades unha ideoloxía máis próxima á dos españois da gaivota poño este insulso artigo que fala de todo o que din os outros pero non aporta nada.
Este blog permanecerá con fondo negro e letras cincentas durante tempo indeterminado en sinal de dó pela morte, de innúmeros seres vivos, producida pelo lume. Que o deus Lar non se esqueza daqueles que ceibaron as chamas polo monte adiante e os faga pasar un mal rato.
...podía ser millor, con un mínimo de organización, con menos controles, con máis hixiene e civismo, con menos alcohol e máis alternativas lúdicas, con menos tempos mortos entre actuacións, con outro planeamento :venres verbena, sábado festival e domingo festival con peche de actuacións ás 12 da noite para que os nenos se deiten cedo, para que a xente poda descansar que o luns algúns traballan. En fin, menos presencia do cura (¡! que coñazo repartindo premios!), con máis capacidade de decisión para toda esa xente que traballa polo ben da festa. A todos eses, e son moitos, que dispoñen do seu tempo, da sua forza de traballo e da sua boa disposición os meus parabés e decirlles que eles son a alma de Pardiñas e sin eles si que non hai festa,: ¡Chapeau señores! D. Alfonso, ¡¡¡que ben estabas de presidente honorífico, na mesma gloria ficabas ti e o resto!!!

O NASEIRO CARBALLEIRA DE ZAS FESTA DO ALVARIÑO SAN ROQUE DE VIVEIRO FESTA DO BOI EN ALLARÍZ A DO PULPO DE MUGARDOS A FABA DE LOURENZÁ A FESTA DE CANDO LLE CADRA, NA ALDEA DE TEIRA DE CORRUBEDO FESTAS DO CARMEN DE CERCEDA FESTA DE SAN XOÁN EN SEOANE DO CAUREL A GUADALUPE, EN RIANXO A ROMERÍA QUE SE FAI O 20 DE XULLO EN SANTA MARGARITA DE MONTEMAIOR A DORNA DE RIBEIRA A FESTA DA FRAGA DE AS PONTES O SAN RAMON DE BEALO EN BOIRO A FEIRA DO PULPO DE CARBALLIÑO FESTAS DO MONTE-A GUARDA FESTA DA BICA EN MANZANEDA-TRIVES PROCESO TRADICIONAL DO PAN EN ARZUA SAN CRISTOBO DE CARNES ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO FESTIVAL INTERNACIONQAL MUNDO CELTA DE ORTIGUEIRA A FESTA DA AGUA O 15 DE AGOSTO EN VILAGARCÍA DE AROUSA O REKETEQUIÁN DE BETANZOS BAIONA REALAS DE MERA DE RIBA_ORTIGUEIRA RUTA DAS COVAS DE VILAMARTIN ARDE LUCUS SAN FINS DO CASTRO MARUXAINA A VIRGE DO CARME DE MIRAZ SAN CAETÁN EN PORTOSIN FESTA DO PERCEBE DO RONCUDO ROMERÍA VIKINGA DE CATOIRA A VIRXE DA BARCA A FESTA DA ISTORIA DE RIBADAVIA A RAPA DAS BESTAS DE VIMIANZO FEIRA FRANCA MEDIEVAL DE BETANZOS FESTA DA EMPANADA DE BANDEIRAROMERÍA DO CASTELO-BURELA AS CARRILANAS DE ESTEIRO OS CANEIROS DE BETANZOS A FESTA DA VIRGEN DA SALETA EN CEA A NOITE DO TRASNO NO CABO UDRA EN BUEU O FERVESTEIRO EN FRIOL AS ERMITAS NOS CAMPOS DO CONCELLO DE A LAMA PARDIÑAS A VIRXEN DE AGUALADA SAN ROQUE EN BANDE O SAN VITORIO DE SAN VICENTE DE CASTRILLÓN EN PANTÓN FESTAS DE BOIRO TEIXEIRO (XUVENTUDE VERSUS PATRONAIS) SAN XOÁN NA CORUÑAFESTIVAL AS NOSAS MUSICAS DE COUSO EN A ESTRADA FESTA DA EMPANADA DE AS NOGAIS SANTA CRISTINA NA PARROQUIA DE TINTORES-VERÍNOS REMEDIOS EN SARRIA .
Esto non pretende ser una lista exhaustiva das festas do noso país, nin a orden ten relación con nada que non sexa o de i-las xuntando unha tras outra segundo as ía atopando, así que ninguén se poña rufo porque si quere ter a razón son capaz de darlla. Xa se sabe que temos tantas festas como papamerendas así que botade contas, aínda que hai quen di que xa quixera o ceo ter tantas estrelas.
Supóñote libre como para engadir as que queiras e si mandas unha crónica é benvida e se queres publícoa.
Sentidiño que vai chover miudiño, e non auga senon viño.
Finalmente temos informacións sobre o cartel do Festival de Pardiñas deste ano. Un dos nosos corresponsais pelas Terras Chas informa que será o seguinte:
Sábado 5 de Agosto
- ITH (Galicia). Rock da Montaña(Mesía, Frades, Boimorto....), ao estilo dos primeiros Suaves e en galego, segundo opinión de Colazo.
- Ruxeruxe (Galicia)
- Ialma (Bélxica)
- Basidou (Marrocos)
- N´faly kouyaté & Dunyakan (Guinea - Conakry)
Domingo 6 e Agosto
- Uxu Kalhus (Portugal)
- Korrontzi (Euskadi)
- Leilía (Galicia), que por certo, leo na súa páxina que o sábado 5 están en Lorient (Francia) pero alguén me comentou onte que elas tiñan un especial interese en estar en Pardiñas o Domingo, o cal é de agradecer.
- "Pasarrúas con" Trópico de grelos (Galicia) Festicultores.
O local da festa será o mesmo de sempre, desmentindo as bocas que falaban dun novo emprazamento para este ano.
Continúan chegando novas de Lagostelle e arredores. As festas este ano semellan diferentes con outro estilo por parte dos ramistas, e ademáis amigos. Outro amigo, Manuel Castro Santamariña vai dar o pregón. Dará que falar. O noso home en Guitiríz manda hoxe unha curiosa noticia aparecida en El Progreso: " Un xaponés escrebe no libro das festas patronais de Guitiríz" Non podo poñer o enlace porque hai que rexistrarse para acceder á hemeroteca e non estou por tal sacrificio, procurade no xornal do 14/06/2006.

Primeiro a de San Xoan, que organiza algún dos meus amigos e de pregoeiro outro amigo, ¡non podo faltar!, e que ademáis das orquestas, charangas e grupos folclóricos de rigor presentan como prato forte Celtas Cortos. Deixando aparte o cartel que sempre sería millorable, estou en contra totalmente coa utilización de diñeiro dos montes en man común, ¡34.000! €. O que non ardeu no monte vámolo queimar en foguetes. Un concello tan necesitado de infraestructuras comunais reparte o diñeiro comunal ou dedicao a festas, algo está errado.
A outra festa, a de Pardiñas, coma sempre, a páxina web sen actualizar, ningún comentario sobre a festa deste ano, isto é informar. ¡Qué modernos! ¿Cómo é posible? ¿Que organización é ésta? Deus proveerá, que lapsus, Alfonso proveerá. Parece ser que non teñen nada contratado a estas alturas, que máis dá, policía ha de haber ben dela con outra gran actuación, e o resto dos artistas vale calquer cousa, o importante está nas persoas non nos grupos nin gaitas, nin agromos...
Santamariña, un bon amigo de alá, mándame este correo:
"Ai che vai unha foto, aínda quentiña, do aspecto que ofrecía hoxe (4/6/06) ás nove da tarde o Campo da Feira, xa na fase decadente da Festa da orella e da torta de millo. Este ano parece que houbo pouca xente, a pesar de que o tempo axudou ben."





Pario parir, producir.
estar conectado á internet é expoñer -en certa medida- o teu ego sobre o medio, ben sexa con accións concretas, ben como marcas deixadas nun ronsel.
Capio tomar, apoderarse de.
navegar tamén é apropiarse do que encontras na travesía. facer propio en exclusividade.
Cupio desexar, interesarse por.
navegar é desexar, procurar un medio para alcanzar algo até o extremo de querer coñecer os mínimos detalles.
Specio mirar.
descubrir internet é unha experiencia baseada no visto e no oído.
Estas reflexións previas pertencen a Lantania, -en Definio, cuestións básicas-, nunha das páxinas do seu blog e parécenme moi acertadas.
Está de actualidade este blog,- xa existe a páxina desde o 2000-, pelo mapa de blogs galegos que esta facendo e da que saiu xa a fase Beta. En suma, algo máis que un blog, moi interesante o seu traballo Pario.
O PP ante o conflicto trata de atordoar ao contrario, trata de embestir, as palabras non lle serven a non ser que sexan de pedra, so respostan de maneira infantil:« ...Y tu más ». No noso país están tan pouco acostumados a ser oposición que confunden os termos e se manifestan no Parlamento en vez de discutir as propostas. Moito, pero que moito diñeiro debe haber nesas 200 obras aprobadas polo goberno de Manuel Fraga e anuladas polo actual. Hai moitos anos un alcalde de CG-Coalición Galega- dun pequeno concello do interior explicoume como era iso das obras. Ao seu concello non lle aprobaban obras e cando reclamab pola necesidade de tales operacións a resposta que lle daban era: muda de partido e ven connosco verás como che aproban as obras.
Xa sei que non estou decindo nada novo pero podédesme crer que foi así. Por certo; o home acabou por mudar para o PP.

100 dias de goberno socialista-nacionalista (sen abreviaturas para que non haxa confusións), 100 dias sen substancia como si no se derán sacado de riba os 20 anos (ou os que sexan por que para min foron unha eternidade) de desgoberno pepeiro, de populismo a esgalla e a poder ser con empanada "y que hay de lo mio". Estes non se menean e tal como me parecía non teñen grandes ideas ou grandes capacidades. 100 dias sosos, como son Touriño e Quintana, 100 dias de ollar de esguello o que fan os outros ou ollar aos outros para ver se non están ollando. Paciencia a ver se chegamos aos 200, ou millor aínda, fora estes e mais os outros e veña unha verdadeira república galega federada, confederada ou como a queirades cociñar, pero con substancia e proveito para o noso país, que me dá igual que sexa nación ou realidade nacional ou comunidade histórica culturalmente diferenciada.





Non teño información da festa de Pardiñas, o Jmeijon no me di nada e na rede pouco se atopa. E para rematar a páxina de Xermolos está chea de " info en elaboración ". A falta de menos de un mes, ¿aínda non teñen o programa feito? ¿non teñen tempo para actualizar a páxina? Non sei, supoño que será fiable a información que aparece no cartel deste ano. Por outra parte, na galería deberían por o nome dos autores dos carteis, parece-me de xustiza e creo que ou poñen fotos decentes ou que quiten aquilo que puxeron alí co nome de fotos do festival, é penoso. Sexa todo para maior gloria de D. Alfonso e o seu patrocinio cerveceiro.
Desde onte comenza un novo ciclo político en Galicia coa saída da dereita cerril do goberno, os que entran non o teñen nada fácil porque o PP deixou ben amarrados moitos postos no poder e será tan difícil bota-los como sacar o piche das praias. Van a usar toda a marrullería e xogo suxo que tan ben saben facer e tamén se van dar de cornos moitas veces porque non saben o que é estar na oposición. Esperemos que as cousas milloren, aínda que só sexa porque ir a peor non é posible si eles non están, pero non confío no máis mínimo en PSOE e BNG.
Os demócratas do PP tan afeitos a facer a sua libre vontade dan-nos mostra da sua educación política:
Baltar con el trombón: "Si no eres del PP, jódete"
Máis Baltar
El líder del PP de Ourense emplaza a sus alcaldes a que "roben los votos a quien sea".
Decenas de miles de personas marchan en Madrid contra la negociación con ETA.240.000 asistentes según el Gobierno, 500.000 para los organizadores.El presidente de la Xunta se ha felicitado por “el millón de personas” que se han manifestado contra el diálogo con ETA.
Estos demócratas que piden o voto para o seu partido insultando aos outros, ou os mesmos que din "eu ou o caos" ou víctimas da estupidez humana como os que din que si os galegos se deciden por un goberno diferente ao deles "dentro de poco tendremos aquí a ETA". Todos eles, os mesmos que amenazan, amedrentan, confunden, repiten.... non merecen o má:is mínimo respeto dos seus conciudadanos. Galicia penosa.



Dice Microsiervos hoxe: Un inxenieiro galego inventou un buscador para competir con Google. A eles parécelles un 'bluff'. Será?
Simpático, por non decir outra cousa, é o artigo de Libro de notas ,"Como para ponerse a pensar ¿No?".
Os dialectos do português europeo
A faixa occidental da Península Ibérica ocupada pelo galego-português apresenta-nos um conjunto de DIALECTOS que, de acordo com certas características diferenciais de tipo fonético, podem ser clasificados em três grandes grupos:
a) DIALECTOS GALEGOS;
b) DIALECTOS PORTUGUESES SETENTRIONAIS;
c) DIALECTOS PORTUGUESES CENTRO-MERIDIONAIS
Esta classificação parece ser apoiada pelo sentimento dos falantes comuns do português padrão europeu, isto é, dos que seguem a NORMA ou conjunto dos usos linguísticos das classes cultas da região Lisboa-Coimbra, e que distinguirão pela fala um natural da Galiza, um homem do Norte e um homem do Sul.
Literal do libro BREVE GRAMÁTICA DO PORTUGUÊS CONTEMPORÂNEO
Celso Cunha e Lindley Cintra
13.ª edição, 2000
Ediçôes João Sá da Costa
Lisboa
Aquí ven isto, que moitos chaman un novo ano, do que se espera o millor e que será como os outros, bon para uns e non tanto para outros.
Para todos, o mundo en xeral, un pouco de paz e menos violencia, a ver se nos ilumina a luz da intelixencia. Para os galegos, que remate por fin esta segunda longa noite de pedra, e as pedradas ao sentido común por parte dos que din que nos gobernan.


La Refundación galleguista
Via La Voz de Galicia entérome de que Manuel Soto, ex-alcalde de Vigo, ex-socialista e ex tantas cousas pode ser o novo secretario xeral do refundado PG que se reune o 13/11/2004 en Pontevedra. Non é de fiar alguen tan personalista e populista como o Compañeiro, desubicado desde ha tanto tempo, e con un culto narcisista que non se pode esperar nada bon del. O único que pode estar interesado na xugada é o PP, en situación delicada, porque pode esperar que votantes nacionalistas e socialistas se decanten polos 'galeguistas'. En definitiva, non espero que fagan esto con idea de servir a Galicia senon os propios intereses personais, nada novo. É decir, outra vaca no maínzo.




No confín da Terra Cha, na parroquia de Lagostelle, o río Escádebas(logoForxá) ten sete muiños,ou o que queda deles, en un curto tramo. O concello de Guitiriz fixo hai anos unha piscina no que antes era a Poza Grande entre os muiños de Landoeira, e a última corporación do PP tentou facer unha área de lecer no entorno con pouco sentido estético. Por último unha nova piscina artificial no alto , perto da outra do río, á que non sei se lle sacarán proveito. Con todo aconsello o paseo polo río. Esta represa que vedes na foto é a Poza Pequena con un dos muiños.
A través de Martin Pawley(13/10/2004) leo o artigo de Santiago Rey, Presidente de La Voz de Galicia, que fala de que sigue vivo o compromiso do seu xornal con Galicia, a democracia e o desenrolo desta terra.
O primeiro, e que Galicia débese defender desde a raíz, o idioma; o segundo, que xa teño lido artigos no seu xornal 'defendendo o país' en situacións puntuais e apoiando despois aos enemigos do desenvolvimento da nosa terra; o terceiro é como teñen silenciado ou adozado certas noticias contrarias aos intereses do PP; e por último, por non cansar porque se pode seguir un día enteiro, penso que La Voz é un dos medios de comunicación subvencionados pola Xunta.
Non me creo nada. Só quero feitos, un xornal galego en galego e unha clara defensa cotiá dos intereses de Galicia, o resto é conversa que din os portugueses.
Por certo non estaría de máis darse unha volta polos comentarios da enquisa da Voz sobre si Fraga se debe presentar de novo.
Hoxe foi o Domingo das Mozas en Lugo, a festa máis pailana de todas cantas vin, na aldea máis grande do mundo. Veña polbo e veña barracas e, para min, pouco máis. Pola miña vila pasaban moreas de xente en autobuses e coches, que viñan de A Coruña desde pola mañán cedo, parando a desaiunar e a comprar tortas para levar aos familiares de Lugo. Un dia coma este se non chovía non se podía andar por Lugo.
AJRÚ, que diría a Peón.


Xa pasada a festa podemos reflectir en frio sobre Pardiñas.
É unha festa feita por Xermolos(asoc. cultural) con poucos medios, onde o voluntarismo, unha boa dose de boa fe e improvisación levan adiante unha festival que se está anquilosando e precisa de, cando menos, un bon lavado de cara.Esta festa merece ser recoñecida como o que debe ser, algo grande.
Os problemas comenzan na sua organización , con un controlo absoluto por parte do presidente da asociación, continuan polo sistema de 'sponsorización', na falta de axudas institucionais(para min non farían falta se outras cousas funcionaran) e rematan pola falta de unha verdadeira promoción.
Solucións:
Sangue novo na dirección con capacidade de decisión(millor organización).
Traballar todo o ano na promoción e recolla de cartos(basta de pedir esmola polas casas).
Ideas novas coa vontade de facer algo grande como esta festa merece.
Son moitas as cousas que podería decir sobre ela pero non quero extenderme.
Espero ser criticado, apoiado e o que sexa preciso con tal de que Pardiñas sexa millor cada ano, e non unha repetición insulsa.
PD:A foto é do ano pasado. A banda escocesa Clan an Drumma e The Battlefield


Aínda non fai tantos anos, segundo para quen, en cada vila ou en algunhas aldeas, o ferreiro era unha figura fundamental na vida rural. Tal coma nós, que levabamos o calzado ao zapateiro pra amaña-lo, de cada tanto había que ferrar o macho ou a mula. Poucos, dos poucos que por aquí pasan, se lembrarán de algo así.
Vila de Navia de Suarna por volta de 1980.


Estamos a menos de un mes da Festa de Pardiñas e os fenómenos de Xermolos teñen a sua páxina inactiva, linda axuda. Así que tiven que andar de paseo, longo paseo, para atopar información sobre os grupos participantes no festival. Ver aquí, ou aquí

É en fragas coma esta que os anglosaxóns ven seres diminutos que invaden páxinas e filmes, ¿que vemos os galegos?.



Rio Mandeo pola Fraga das Barbudas, un espacio natural fermoso e bravo no concello de Aranga-A Coruña

Xa falta menos para a millor festa do ano, o Festival de Pardiñas en Guitiríz, que este ano se celebra os días 7 e 8 de Agosto.
Aquí algúns dos máis importantes para min: Txapeldún, Tirilla, Xan, José Antonio, Berete, Nandín, Chus e Maestrico.
É unha festa á que non se pode faltar, non polo conteúdo do festival que me parece rancio e monótono, senon porque é unha festa onde o máis importante son todas e cada unha das persoas que alí van, facendo dela unha verdadeira festa rachada.
Como todolos anos espéranos:TRIPEO,LARQUEO E MENEO.
Que vos aproveite.

Un barco chega a porto, neste caso é unha motora que está a piques de entrar no porto de A Coruña, un bon porto como o que espero que sexa ao que cheguen os meus posts