25 de Agosto 2005

Certezas

Certo é
que cando lonxe
un murmura entre dentes
as antigas verbas tan propias
deste rincón
tal vez para sentirse na casa
a pesares da distancia.

Certo é
que nun recuncho do corazón
ou do estómago
un garda a certeza
de que algúns amores e sentimentos
tan propios
saen no galego aprendido cando neno.

Escrito por J. Trallero a las 25 de Agosto 2005 a las 11:46 AM
Comentarios
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?