Marzo 30, 2004

Investigación Encerados Electrónicos

Desde o Cesga estamos coordinando unha investigación entre as tres Universidades Galegas, que se está a levar a cabo a nivel nacional desde a "Universidad Autónoma de Barcelona", polo profesor Pere Marquès.
Dita investigación consiste en identificar, nunha primeira fase, aqueles docentes das Universidades Galegas que utilizan para impartir as súas clases algún sistema de proxección que recolla o sinal do pc, é dicir, que reflexe nunha pantalla de proxección o escritorio do ordenador do profesor.
Se vostede é profesor dalgunha universidade Galega e desexa participar nesta investigación, póñase en contacto con nós enviando un e-mail a teleensino@cesga.es.
Para máis información sobre esta investigación, consulte o seguinte enderezo web: http://dewey.uab.es/pmarques/pizarra.htm

Escrito por gromaz a las Marzo 30, 2004 04:51 PM | TrackBack
Comentarios
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?