Main | Julio 2004 »

Abril 25, 2004

¿Por que cambiar?

Si me veño pra Zonalibre... dame a impresión de que dentro de dous días me vou a mudar pra outro servidor... Fai duas semanas estaba desesperado por por un servidor que me dera espacio pra aloxar ao meu weblog e agora teño tres sitios.

Ventaxas de mudarse pra Zonalibre:
1 - Os usuarios do foro de Teleco, coñecen o meu nome (Watcher) e saben que Centoloman e Manuls (que son outros usuarios do foro) teñen os seus weblogs en Bloxus, e que as direccións deses weblogs son: centoloman.bloxus.com e manuls.bloxus.com; así que non lles costará moito deducir que o meu weblog actual é watcher.bloxus.com. E iso non me gusta nada, porque inda que sei que todo o que publique no weblog podeo leer calquera persoa do mundo, escribo mais cómodo si sei que a xente de teleco non ten tantas facilidades pra topar as miñas.... "intimidades".
2 - Outra ventaxa é a interfaz que ten Zonalibre que emprega o sistema de publicación de contidos Mobable Type que é moi moi moi bo; e deixa que configure moitas mais cousas que en Bloxus.

Desventaxas de cambiarse a Zonalibre:
En realidade a única desventaxa é a sensación de que vou a estar mudándome toda a vida.

Supoño que ao final mudareime, pasarei un tempo aprendendo cousas de este sistema e ao final mudareime. Porque non me gusta poñer cousas demasiado persoais no meu weblog de Bloxus.

Posted by Watcher at 11:04 PM | Comments (0)